A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lle corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.
En aplicación do dito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.
O Real decreto 623/1995, do 21 de abril, estableceu o título de técnico en equipos e instalacións electrotécnicas e as súas correspondentes ensinan
zas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.
Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.
Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.
O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese seguindo unha estructura común a tódolos currículos de formación profesional, tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.
As ditas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que debería ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.
A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (F.C.T.) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidos- do centro de traballo. As actividades de referencia
poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.
Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socio-productivo e responderá ás características do alumnado.
O exposto anteriormente permitirá que o centro educativo realice o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.
Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-profesionais e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete,
DISPOÑO:
1. Identificación do título.
Artigo 1º
Este decreto establece o currículum que será de aplicación na Comunidade Autónoma Galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó titulo de técnico en instalacións electrotécnicas regulado polo Real decreto 623 de 1995, polo que se aproban as ensinanzas mínimas e na normativa que o desenvolva ou modifique.
Artigo 2º
A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.
2. Perfil profesional.
Artigo 3º
A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realización e criterios de realización, dominio profesional así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no apartado 2 do anexo deste decreto.
3. Currículum do ciclo formativo.
Artigo 4º
1. O currículo do ciclo formativo é o que se establece no apartado 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.
2. Os centros disporán dun número determinado de horas para poder adapta-lo currículo do ciclo formativo ó seu propio ámbito educativo.
4. Ordenación académica e impartición.
Artigo 5º
1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no apartado 4.1.1 do anexo deste decreto.
2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades definidas no presente ciclo, son as que se expresan no apartado 4.1.2 do anexo deste decreto.
3. As equivalencias de titulación para efectos de docencia, son as que se expresan no apartado 4.1.3 do anexo deste decreto.
Artigo 6º
Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no apartado 4.2 do anexo deste decreto.
Artigo 7º
1. As persoas que acceden mediante proba a este ciclo formativo poderán unha vez que o superen cursa-las modalidades do bacharelato indicadas no apartado 4.3.1 do anexo deste decreto.
2. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos apartados 4.3.2 e 4.3.3 do anexo deste decreto.
3. As validacións coas materias de bacharelato, se fora o caso, establécense no apartado 4.3.4 do anexo deste decreto.
4. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.
Artigo 8º
Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no apartado 4.4 do anexo deste decreto.
Disposición adicional
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas dos ciclos formativos ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas. En particular, regulamentará a forma en que os centros debidamente autorizados poderán ofertar de forma parcial os ciclos formativos.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.
Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
1. Identificación do título.
1.1. Denominación: equipos e instalacións electrotécnicas.
1.2. Nivel: formación profesional de grao medio.
1.3. Duración do ciclo formativo: 2.000 horas.
2. Perfil profesional.
2.1. Competencia xeral.
Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:
Construír, explotar e manter liñas e instalacións de distribución de enerxía eléctrica (EE) en media tensión (MT), baixa tensión (BT) e centros de transformación (CT), instalacións singulares e de automatización de edificios. Realiza-la construcción de equipos electrotécnicos de distribución de EE, así como para a protección e o control de máquinas eléctricas. Manter e ensaiar máquinas eléctricas mediante a aplicación de procedementos establecidos. Realiza-lo mantemento preventivo e correctivo das instalacións do seu ámbito.
2.2. Capacidades profesionais.
* Capacidades técnicas.
-Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases do proceso productivo no que está involucrado.
-Interpretar e comprende-la información e, en xeral, toda a linguaxe simbólica asociada ás operacións de construcción, explotación, mantemento e reparación de equipos, instalacións e máquinas electrotécnicas.
-Realiza-los planos, esquemas, listas de materiais e, en xeral, a documentación técnica das instalacións electrotécnicas no ámbito da súa competencia, tendo en conta as especificacións técnico-económicas da instalación e os programas de necesidades.
-Elaborar orzamentos de execución de instalacións electrotécnicas da súa competencia, realizando as
medicións das diferentes unidades e as operacións necesarias cos prezos unitarios correspondentes.
-Realiza-las operacións de montaxe e desmontaxe de medios auxiliares de seguridade e sinalización na construcción, operación e mantemento das instalacións electrotécnicas.
-Executar un conxunto de accións, de contido politécnico e/ou polifuncional, de forma autónoma no marco das técnicas propias da súa profesión, de acordo cos métodos establecidos.
* Capacidade para acometer continxencias:.
-Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas ou precedentes definidos dentro do ámbito da súa competencia, consultando as devanditas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.
* Capacidade na dirección de tarefas.
-Organiza-los traballos e medios auxiliares utilizados na construcción dos equipos e instalacións electrotécnicas, realizando a súa distribución, control e rexistro dos datos da producción, das incidencias ou anomalías xurdidas.
-Administrar e xestionar unha pequena empresa ou taller de instalacións electrotécnicas, comercializando os productos e servicios, coñecendo e cumprindo as obrigas legais que lle afectan.
-Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e, en especial, en operacións que esixan un elevado grao de coordinación entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e informacións, xerando instruccións claras con rapidez e informando e solicitándolles axuda ós membros que proceda do equipo cando se produzan continxencias na operación.
-Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.
* Capacidade para adaptación ó medio.
-Adaptarse ás novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas relacionadas coa súa profesión.
2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.
A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:
-Disposición e instalación de medios auxiliares normalizados.
-Comprobación e disposición dos medios de seguridade previstos no plan.
-Execución dos traballos programados e segundo a documentación técnica da instalación, equipo e/ou máquina electrotécnica.
-Elaboración de documentación técnica das instalacións da súa competencia.
-Elaboración de partes de traballo.
-Elaboración dos boletíns das instalacións.
-Preparación e mantemento das ferramentas e operacións de fin de xornada.
2.4. Unidades de competencia.
1. Construír e manter equipos e instalacións de distribución e subministrtración de enerxía eléctrica en media e baixa tensión.
2. Construír e manter instalacións singulares no contorno dos edificios.
3. Construír e manter equipos e instalacións electrotécnicas automatizadas.
4. Construír, manter e ensaiar máquinas eléctricas estáticas e rotativas.
5. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.
2.5. Realizacións e dominios profesionais.
Unidade de competencia 1: construír e manter equipos e instalacións de distribución e subministración de enerxía eléctrica en media e baixa tensión.
Realizacións Criterios de realización
-A selección e uso das ferramentas e instrumentos realízase de acordo coa súa dispoñibilidade e idoneidade.
1.1. Construír liñas eléctricas de distribución en MT e BT, aéreas e subterráneas, e centros de transformación (CT) mediante a consulta da documentación do proxecto, nas condicións de seguridade establecidas. -A provisión e distribución de materiais ó longo do trazado da liña realízase cumprindo as especificacións recollidas no proxecto e de acordo co plan de montaxe establecido.
-O izado, achumbado e montaxe dos apoios e elementos da liña de MT, BT e o CT aéreo (crucetas, illadores, transformador, seccionadores, disxuntores, circuítos de protección) e o tendido e tensado dos conductores axústase ó especificado no proxecto, realizándose nas condicións de seguridade establecidas.
-O circuíto de protección (circuítos de terra) dos apoios e CT aéreos cumpre a normativa e regulamentación técnica vixente.
-O tendido da liña subterránea en MT e BT e os conexionados correspondentes realízanse seguindo as distintas fases establecidas para a súa construcción (apertura de canalizacións, tendido de cables, empalmes, recheos, proteccións, sinalizacións) mediante a aplicación dos procedementos normalizados, axustándose ó especificado no proxecto.
Realizacións Criterios de realización
-A provisión de materiais realízase de acordo co plan de montaxe.
-Realízanse os croquis necesarios para a distribución dos elementos nas envolventes e o seu mecanizado correspondente, optimizando o espacio dispoñible.
-A montaxe do CT interior (transformador, circuíto de distribución, celas, proteccións) realízase cumprindo o especificado no proxecto e na normativa e regulamentación vixentes.
-A reformulación, localización e fixación de canalizacións e cadros eléctricos en MT e BT realízase de acordo coas directrices recibidas.
-Os cableados, conexionados e calibrados de elementos realízanse de acordo cos planos.
-As partes de traballo diario recollen suficientemente o labor desenvolvido, as incidencias xurdidas e as solucións adoptadas.
1.2. Operar e manter liñas eléctricas aéreas e subterráneas en MT, BT e CT, realizando as manobras de corte, posta a terra e regulación de transformadores, optimizando e asegurando os traballos que hai que realizar seguindo os procedementos e normas de seguridade establecidos. -As manobras realizadas na operación das liñas de distribución de EE (de explotación, de axuste de liñas, para traballos en liñas, en transformadores, en embarrados) son precedidas polo cumprimento rigoroso dos procedementos normalizados de actuación (avisos previos de intervención, permisos do despacho de zona, medidas estrictas de seguridade e sinalizacións correspondentes).
-A detección de avarías en liñas de distribución de EE en MT e BT realízase utilizando os medios adecuados e procedementos normalizados.
-A reparación das avarías e a reposición ou eliminación do servicio das liñas de distribución de EE realízase no tempo adecuado e en condicións de calidade prescrita, seguindo os procedementos normalizados.
-O mantemento preventivo das liñas de distribución de EE e nos CT realízase de acordo co plan de mantemento preestablecido, realizando as manobras necesarias para a súa aplicación, actuando sobre os elementos necesarios e repoñendo o servicio coa maior brevidade posible.
-O informe sobre as operacións de mantemento e reparación realizadas recolle a información suficiente e normalizada sobre as ditas operacións.
1.3. Construír equipos de distribución e subministración de enerxía eléctrica en BT para edificios (vivendas, oficinas e locais) mediante a consulta da documentación técnica do proxecto, nas condicións de calidade e seguridade requiridas. -A partir da documentación do proxecto, na construcción de equipos de distribución de EE:
-As operacións de mecanizado necesarias realízanse partindo dos croquis e coa calidade prescrita.
-A montaxe dos elementos realízase no tempo previsto.
-Os conexionados realízanse de acordo cos esquemas, asegurando a fiabilidade das conexións nos terminais e utilizando o código de cores de cables normalizado.
-As probas funcionais do equipo realízanse seguindo o protocolo previsto, recolléndose os resultados no informe correspondente, coa precisión requirida e no formato normalizado.
Realizacións Criterios de realización
-A provisión de materiais realízase de acordo co plan de montaxe.
1.4. Construír e manter instalacións de distribución e subministración de enerxía eléctrica en BT para edificios (vivendas, oficinas e locais) mediante a consulta da documentación técnica correspondente, nas condicións de calidade e seguridade requiridas. -A partir da documentación técnica correspondente, na construcción de instalacións de distribución e subministración de EE:
-Realízanse os replanteos e localización das canalizacións, cadros de distribución, equipos de medida e demais elementos (interruptores, puntos de luz, tomas de corrente, receptores fixos), optimizando os recursos e coa calidade prescrita.
-As montaxes dos elementos realízanse no tempo previsto.
-Os conexionados realízanse de acordo cos esquemas, asegurando a fiabilidade das conexións nos terminais, utilizando o código de cores de conductores normalizado.
-As probas funcionais da instalación realízanse seguindo o protocolo previsto, recollendo os resultados no informe correspondente, coa precisión requirida e no formato normalizado.
-Realízanse as operacións de seguridade eléctrica establecidas no plan de seguridade da instalación, de acordo coa regulamentación electrotécnica vixente.
-No mantemento das instalacións:
-O informe periódico correspondente ó programa de mantemento preventivo das instalacións recolle os resultados, modificacións e incidencias detectadas e corrixidas seguindo o protocolo establecido.
-Ante unha avaría detectada na instalación eléctrica, diagnostícase a súa causa e corríxese o problema nun tempo adecuado, deixando a instalación en condicións normais de funcionalidade e seguridade eléctrica.
-O informe sobre a corrección de avarías en instalacións eléctricas recolle a información suficiente e normalizada sobre as ditas operacións.
1.5. Elabora-la documentación técnica e administrativa das instalacións eléctricas de BT no ámbito da súa competencia, seleccionando os dispositivos e materiais cos custos establecidos, no soporte adecuado e cos medios normalizados. -A información necesaria (instancias, permisos, boletíns) do órgano competente da Comunidade Autónoma e/ou compañía subministradora de EE, así como a normativa electrotécnica correspondente para a elaboración da documentación recóllese coa suficiente antelación.
-As características técnicas e económicas da instalación acórdanse co cliente e recóllense no documento correspondente.
-Os croquis da solución adoptada recollen, coa precisión requirida, a información correspondente á instalación que se vai construír.
-O anteproxecto correspondente á instalación de BT requirido polo organismo competente recolle, en contido e forma, a información que define a dita instalación (tipo e uso do edificio, localización e propietario do edificio, datos do instalador autorizado, datos técnicos da instalación -previsión de potencias, C.G.P., liña repartidora, equipos de medida, derivacións individuais, dispositivos privados de mando e protección, circuítos de protección,...-).
-Os dispositivos e materiais seleccionados axústanse ó orzamento acordado.
Realizacións Criterios de realización
-As follas de traballo correspondentes ás distintas actividades que hai que realizar na instalación cóbrense coa antelación suficiente.
-A documentación realizada recolle os cálculos, planos, esquemas, listas de materiais e demais documentos en número adecuado, utilizando a representación normalizada.
-O boletín da instalación de BT está cuberto adecuadamente e preséntase no tempo e na forma que corresponda ante o órgano competente, obtendo os permisos correspondentes.
1.6. Elabora-lo programa de traballo diario dun pequeno grupo de instaladores, asignando as cargas de traballo e optimizando os recursos e medios dispoñibles. -A partir da planificación xeral da montaxe, na construcción de equipos e instalacións electrotécnicas:
-A distribución dos recursos humanos realízase tendo en conta as prioridades da instalación, medios materiais dispoñibles e competencia profesional dos técnicos.
-A distribución de ferramentas e medios materiais realízase en función dos traballos que se deben executar e no tempo adecuado.
-Os medios de seguridade dispóñense e supervísanse de acordo co plan de seguridade.
-Os traballos de montaxe supervísanse, verificando o cumprimento de programado coa calidade prescrita, corrixindo as incidencias xurdidas e tomando as medidas oportunas, optimizando a planificación.
-O informe diario realízase a partir dos partes de traballo e recolle a información suficiente para realiza-lo seguimento da planificación.
Dominio profesional
Medios de producción: ferramentas manuais para traballos eléctricos (pelacables, tenaces de presión para terminais, trazador de cables). Ferramentas manuais para traballos mecánicos (alicates, desaparafusadores, ...). Máquinas para traballos de mecanizado básico (tradeadora, punzonadora, remachadora). Instrumentación eléctrica e mecánica (polímetro, pinza amperimétrica e vatimétrica, teluróhmetro, termómetro, comprobador de interruptores diferenciais, comprobador de sucesión de fases, medidor de illamento, localizador de cortes de cables subterráneos, luxómetro, dinamómetro). Medios de seguridade e protección eléctrica (pértegas, vestimenta, calzado, guantes, cascos). Instrumentos (manuais ou informatizados) para a realización de documentación técnica.
Materiais e productos intermedios: conductores eléctricos (fíos e cables). Aparellos eléctricos para MT (transformadores, autoválvulas, illadores, apoios, ...). Equipos de distribución de E.E., de medidas, celas de medida, centros de transformación prefabricados. "Aparellos eléctricos" para BT (dispositivos de corte e protección, caixa xeral de protección, canalizacións eléctricas, materiais para iluminación, ...). Dispositivos de medida (contadores, vatímetros, voltímetros, amperímetros, fasímetros, frecuencímetros, luxómetro, ...).
Principais resultados do traballo: pequenos proxectos de instalacións eléctricas (no ámbito da competencia administrativa vixente). Construcción e mantemento de instalacións de distribución (EE) en MT. Construcción e mantemento de centros de transformación. Construcción e mantemento de instalacións de distribución de EE en BT (electrificación de vivendas, locais, iluminación, ...). Construcción e mantemento de equipos ou cadros de distribución e medida. Partes de traballo. Boletíns da instalación.
Procesos, métodos e procedementos: procedementos de manobra (corte, posta a terra e regulación de transformadores) en liñas e centros de transformación de EE. Procedementos de canalización en instalacións electrotécnicas. Procedementos de localización de avarías en liñas eléctricas. Procedementos de empalme de cables. Procesos de execución de redes de terra. Procedementos de medida de resistencias de terra. Procedementos de medida de illamento. Procedementos de medida de rixidez dieléctrica.
Información, natureza, tipo e soporte: documentación de proxectos de instalacións e equipos (planos de situación, localización e disposición dos edificios, planos e esquemas eléctricos, esquemas e planos dos equipos electrotécnicos de distribución, ...). Especificacións dos fabricantes de materiais e equipos (catálogos técnico-comerciais). Procedementos escritos e normalizados de manobras en liñas eléctricas. Ordes de traballo.
Normativa e regulamentación específica: regulamento electrotécnico para baixa tensión e instruccións técnicas complementarias. Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión. Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas. Subestacións e centros de transformación. Regulamento de acometidas eléctricas. Regulamentos de verificacións eléctricas. Normas tecnolóxicas da edificación. Normas particulares das compañías eléctricas. Normas particulares de Comunidades Autónomas. Normalización electrotécnica nacional e internacional (UNE, CEI, CENELEC).
Unidade de competencia 2: construír e manter instalacións singulares no contorno dos edificios.
Realizacións Criterios de realización
-A provisión de materiais realízanse de acordo co plan de montaxe.
-A reformulación e localización das canalizacións, mastros e torres, elementos de antena e demais dispositivos (amplificadores, distribuidores, tomas, ...) da instalación realízanse optimizando os recursos, garantindo a seguridade mecánica e eléctrica da montaxe, evitando posibles fontes de interferencias (liñas eléctricas, outras antenas).
2.1. Construír e manter instalacións de antenas de radio e TV en edificios e vivendas, mediante a consulta da documentación técnica do proxecto, realizando as probas e axustes necesarios, optimizando e asegurando a calidade na recepción dos sinais. -A partir da documentación do proxecto, na construcción de instalacións de antenas de radio e TV en edificios:
-A orientación das antenas realízase seguindo procedementos adecuados, optimizando o aproveitamento da intensidade de campo existente na localización xeográfica da antena.
Realizacións Criterios de realización
-A provisión de materiais realízase de acordo co plan de montaxe.
-As adaptacións de impedancia son as adecuadas pechándose as saídas non utilizadas dos equipos coas resistencias terminais precisas.
-A instalación de posta a terra da antena e equipos da instalación cumpre a normativa vixente.
-A localización do equipo de cabeza da instalación de antenas é accesible e cumpre as condicións requiridas de refrixeración.
-Os cableados e conexionados realízanse de acordo cos esquemas, asegurando a fiabilidade das conexións nos terminais.
-As probas funcionais da instalación realízanse seguindo os procedementos oportunos, asegurando os niveis de sinal en tódalas tomas e a calidade na recepción.
-O informe de posta en marcha recolle a información necesaria coa precisión requirida e no formato correspondente.
-No mantemento das instalacións anteriores:
-Ante unha avaría detectada na dita instalación diagnostícase a causa que a produciu (utilizando os procedementos, instrumentos e medios oportunos), corríxese o problema nun tempo adecuado e verifícase que a calidade das recepcións en tódolos puntos é a prevista.
-O informe da intervención na reparación de instalación recolle a información necesaria coa precisión requirida e no formato correspondente.
2.2. Construír e manter instalacións de telefonía e intercomunicación en edificios e vivendas, mediante a consulta da documentación técnica do proxecto, realizando as probas requiridas e asegurando a calidade da comunicación. -A partir da documentación do proxecto, na construcción de instalacións de telefonía e intercomunicación en edificios:
-A reformulación e localización das canalizacións e demais elementos (centraliñas e terminais telefónicos, porteiros e videoporteiros electrónicos, tomas, ...) da instalación realízanse optimizando os recursos.
-Os cableados e conexionados realízanse de acordo cos esquemas, asegurando a fiabilidade das conexións nos terminais.
-As probas funcionais da instalación realízanse seguindo os procedementos oportunos, asegurando a calidade na comunicación.
-O informe de posta en marcha recolle a información necesaria, coa precisión requirida e no formato correspondente, así como a aceptación da instalación por parte do cliente.
-No mantemento das instalacións anteriores:
-Ante unha avaría detectada na dita instalación diagnostícase a causa que a produciu (utilizando os procedementos, instrumentos e medios oportunos), corríxese o problema nun tempo adecuado e verifícase que a calidade da comunicación é a prevista.
-O informe da intervención na reparación de instalación recolle a información necesaria coa precisión requirida e no formato normalizado.
Realizacións Criterios de realización
-A provisión de materiais realízase de acordo co plan de montaxe.
-A provisión de materiais realízase de acordo co plan de montaxe.
2.3. Construír e manter instalacións de megafonía, mediante a consulta da documentación técnica do proxecto, realizando as probas e axustes necesarios para unha audición de calidade. -A partir da documentación do proxecto, na construcción de instalacións de megafonía en edificios:
-A reformulación e localización das canalizacións e demais elementos (micrófonos, amplificadores, mesturadores, ecualizadores, altofalantes) da instalación realízanse optimizando os recursos.
-Os cableados e conexionados realízanse de acordo cos esquemas, asegurando a fiabilidade das conexións nos terminais.
-As probas funcionais da instalación realízanse seguindo os procedementos oportunos, asegurando a calidade na audición.
-O informe de posta en marcha recolle a información necesaria, coa precisión requirida e no formato correspondente, así como a aceptación da instalación por parte do cliente.
-No mantemento das instalacións anteriores:
-Ante unha avaría detectada na dita instalación diagnostícase a causa que a produciu (utilizando os procedementos, instrumentos e medios oportunos), corríxese o problema nun tempo adecuado e verifícase que a calidade da audición é a prevista.
-O informe da intervención na reparación de instalación recolle a información necesaria coa precisión requirida e no formato correspondente.
2.4. Construír e manter instalacións de enerxía solar fotovoltaica, mediante a consulta da documentación técnica do proxecto, asegurando a súa funcionalidade e óptimo rendemento. -A partir da documentación do proxecto, na construcción de instalacións de enerxía solar fotovoltaica:
-A reformulación e localización das canalizacións, paneis, soportes e demais elementos (reguladores, acumuladores, convertedores, receptores) da instalación realízanse optimizando os recursos e garantindo a seguridade mecánica e eléctrica.
-Os axustes mecánicos e a orientación dos paneis solares realízanse atendendo á zona de localización, asegurando o máximo aproveitamento da enerxía recibida.
-Os cableados e conexionados realízanse de acordo cos esquemas, asegurando a fiabilidade das conexións nos terminais.
-As probas funcionais da instalación realízanse seguindo os procedementos oportunos, asegurando o rendemento previsto.
-O informe de posta en marcha recolle a información necesaria, coa precisión requirida e no formato correspondente, así como a aceptación da instalación por parte do cliente.
-No mantemento das instalacións anteriores:
-Ante unha avaría detectada na dita instalación diagnostícase a causa que a produciu (utilizando os procedementos, instrumentos e medios oportunos), corríxese o problema nun tempo adecuado e verifícase que a funcionalidade e rendemento da dita instalación é a prevista.
Realizacións Criterios de realización
-A provisión de materiais realízase de acordo co plan de montaxe.
-A reformulación e localización das canalizacións e demais elementos (detectores, sensores, centraliñas de alarma, dispositivos de aviso) da instalación realízanse optimizando os recursos e garantindo a seguridade eléctrica da montaxe.
-A información necesaria (localización e distribución do edificio, características técnicas dos equipos e elementos) para a elaboración da documentación recóllese coa suficiente antelación.
-O informe da intervención na reparación de instalación recolle a información necesaria coa precisión requirida e no formato correspondente.
2.5. Construír e manter instalacións de seguridade no contorno dos edificios e vivendas, mediante a consulta da documentación técnica do proxecto, realizando as probas e axustes necesarios, asegurando a fiabilidade no funcionamento da instalación. -A partir da documentación do proxecto, na construcción de instalacións de seguridade:
-Os cableados e conexionados realízanse de acordo cos esquemas, asegurando a fiabilidade das conexións nos terminais.
-As probas funcionais da instalación realízanse seguindo os procedementos oportunos, asegurando a fiabilidade prescrita.
-O informe de posta en marcha recollendo a información necesaria, coa precisión requirida e no formato correspondente, así como a aceptación da instalación por parte do cliente.
-No mantemento das instalacións anteriores:
-Ante unha avaría detectada na dita instalación diagnostícase a causa que a produciu (utilizando os procedementos, instrumentos e medios oportunos), corríxese o problema nun tempo adecuado e verifícase que a funcionalidade e rendemento da dita instalación é a prevista.
-O informe da intervención na reparación de instalación recolle a información necesaria coa precisión requirida e no formato correspondente.
2.6. Elabora-la documentación técnica de pequenas instalacións singulares para edificios e vivendas de acordo coas especificacións acordadas co cliente, seleccionando os dispositivos e materiais cos custos establecidos, no soporte adecuado e cos medios normalizados. -As características técnicas e económicas da instalación acórdanse co cliente e recóllense con precisión no documento correspondente ó respecto.
-A configuración técnica adoptada para a instalación responde ós requirimentos funcionais e económicos acordados.
-Os croquis da solución adoptada recollen, coa precisión requirida, a información correspondente á instalación que se vai construír.
-Os dispositivos e materiais selecciónanse de acordo coa solución técnica adoptada axustándose ó orzamento acordado.
-A documentación recolle os cálculos, planos, esquemas, listas de materiais e demais documentos en número e forma adecuados.
Dominio profesional
Medios de producción ou tratamento da información: ferramentas manuais para traballos eléctricos (pelacables, tenaces de presión para terminais, ...). Ferramentas manuais para traballos mecánicos (alicates,
desaparafusadores, ...). Máquinas para traballos de mecanizado básico (tradeadora, punzonadora, remachadora, ...). Ferramentas para soldadura e desoldadura branda. Instrumentos de medida (amperímetro, voltímetro, vatímetro, polímetro, osciloscopio, medidor de campo, analizador de liña). Instrumentos (manuais ou informatizados) para a realización de documentación técnica.
Materiais e productos intermedios: conductores eléctricos (fíos e cables). Canalizacións. Elementos e dispositivos para instalacións de antenas individuais e colectivas, terrestres e vía satélite (elementos de antena, discos parabólicos, mastros e torres, accesorios mecánicos, preamplificadores, amplificadores, distribuidores, tomas). Elementos e dispositivos para instalacións de telefonía e intercomunicación (terminais telefónicos, centraliñas telefónicas, porteiros electrónicos, videoporteiros, elementos de conexión). Dispositivos e equipos para instalacións de megafonía (micrófonos, mesturadores, ecualizadores, amplificadores, altofalantes, elementos de conexión). Dispositivos e equipos para instalacións de enerxía solar fotovoltaica (células e paneis solares, reguladores, acumuladores, convertedores). Dispositivos e equipos para instalacións de seguridade (detectores, sensores, centraliñas de alarma, dispositivos de aviso).
Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: documentación técnica de pequenos proxectos de instalacións singulares. Construcción e mantemento das instalacións singulares:
.Antenas: Individuais e colectivas, terrestres e vía satélite.
.Telefonía interior e intercomunicación.
.Megafonía.
.Enerxía solar fotovoltaica.
.Seguridade nos edificios: Anti-intrusismo, contra-incendios, anti-agresión, alarmas técnicas (ascensores, montacargas, saídas de emerxencias, ...).
Partes de traballo.
Procesos, métodos e procedementos: procedementos de cálculo e elaboración de documentación de pequenas instalacións mediante a utilización de ferramentas informáticas (C.A.D.). Procedementos de canalización en instalacións electrotécnicas. Procedementos de conexionado, empalme e soldadura de cables utilizados en instalacións singulares (cables de pares, coaxiais, fibra óptica). Procedementos de medida de sinais débiles en instalacións singulares. Procedementos de axuste e verificación das instalacións singulares. Procedementos de localización de avarías nas instalacións singulares.
Información: natureza, tipo e soportes: documentación de proxectos de instalacións (planos de situación, localización e disposición dos edificios, planos e esquemas eléctricos). Catálogos técnico-comerciais dos productos utilizados nas instalacións singulares. Documentación sobre procedementos de axuste e mantemento das instalacións. Ordes de traballo.
Normativa e regulamentación específica: regulamento electrotécnico de baixa tensión e instruccións técnicas complementarias. Normativa de Telefónica. Normativa sobre antenas colectivas e vía satélite. Normativa sobre instalacións de seguridade. Normas tecnolóxicas da edificación. Normativa nacional e internacional de telecomunicacións.
Unidade de competencia 3: construír e manter equipos e instalacións electrotécnicas automatizadas.
Realizacións Criterios de realización
-A provisión de materiais realízase de acordo co plan de montaxe.
-A provisión de materiais realízase de acordo co plan de montaxe.
3.1. Construír equipos electrotécnicos para manobra, protección e regulación de máquinas eléctricas, mediante a consulta da documentación técnica precisa, realizando as probas de seguridade eléctrica e de funcionalidade requiridas. -A partir da documentación do proxecto, na construcción de equipos de control automático para manobra de máquinas eléctricas:
-Os croquis necesarios para a distribución dos elementos (contactores, relés térmicos, interruptores automáticos, arrincadores electrónicos de máquinas eléctricas, ...) nas envolventes e o seu mecanizado correspondente realízanse optimizando o espacio dispoñible.
-As operacións de mecanizado necesarias realízanse utilizando as ferramentas e medios precisos, seguindo os croquis realizados e coa calidade prescrita.
-As montaxes dos elementos realízanse no tempo previsto.
-Os conexionados realízanse de acordo cos esquemas, utilizando a codificación de conductores normalizada e asegurando a fiabilidade das conexións nos terminais.
-As probas funcionais do equipo efectúanse seguindo o protocolo previsto, recollendo os resultados no informe correspondente coa precisión requirida e no formato adecuado.
3.2. Construír equipos de control para instalacións automáticas e de xestión técnica en vivendas e edificios, mediante a consulta da documentación técnica precisa, asegurando a calidade e fiabilidade dos ditos equipos. -A partir da documentación do proxecto, na construcción de equipos de control automático para instalacións en edificios e vivendas:
-Os croquis necesarios para a distribución dos elementos (contactores, relés térmicos, interruptores automáticos, dispositivos para climatización, dispositivos "domóticos") nas envolventes e o seu mecanizado correspondente realízanse optimizando o espacio dispoñible.
-As operacións de mecanizado necesarias realízanse utilizando as ferramentas e medios precisos, seguindo os croquis realizados e coa calidade prescrita.
-As montaxes dos elementos realízanse no tempo previsto.
-Os conexionados realízanse de acordo cos esquemas, utilizando a codificación de conductores normalizada e asegurando a fiabilidade das conexións nos terminais.
-As probas funcionais do equipo realízanse seguindo o protocolo previsto, recollendo os resultados no informe correspondente coa precisión requirida e no formato adecuado.
Realizacións Criterios de realización
-A provisión de materiais realízase de acordo co plan de montaxe.
-A reformulación e localización das canalizacións, cadros de control, equipos de medida e demais dispositivos (de accionamento automático, sinalización, telemando, ...) realízanse optimizando os recursos e coa calidade prescrita.
-A información necesaria (localización e distribución do edificio, características técnicas dos equipos e elementos) para a elaboración da documentación recóllese coa suficiente antelación.
3.3. Construír e manter instalacións automáticas en vivendas e edificios, mediante a consulta da documentación técnica do proxecto, realizando as probas funcionais requiridas, optimizando os recursos dispoñibles na instalación. -A partir da documentación do proxecto, na construcción de instalacións automáticas en vivendas e edificios:
-As montaxes dos elementos realízanse no tempo previsto.
-As operacións de montaxe efectúanse utilizando as ferramentas e medios precisos, aplicando os procedementos correspondentes.
-Os conexionados realízanse de acordo cos esquemas, asegurando a fiabilidade das conexións nos terminais e utilizando o código de cores de conductores normalizado.
-As probas funcionais da instalación realízanse seguindo o protocolo previsto, recollendo os resultados no informe correspondente, coa precisión requirida e no formato adecuado.
-As condicións de seguridade eléctrica da instalación axústanse á regulamentación electrotécnica vixente.
-No mantemento das instalacións:
-O informe periódico correspondente ó programa de mantemento preventivo das instalacións recolle os resultados, modificacións e incidencias detectadas e corrixidas seguindo o protocolo establecido.
-Ante unha avaría detectada na instalación eléctrica, diagnostícase a súa causa e corríxese o problema nun tempo adecuado, deixando a instalación en condicións normais de funcionalidade e seguridade eléctrica.
-O informe sobre a corrección de avarías en instalacións electrotécnicas automatizadas recolle a información suficiente e normalizada sobre as ditas operacións, avaliando o alcance da dita avaría e servindo de base para a actualización do histórico dela.
3.4. Elabora-la documentación técnica de pequenos equipos de control e instalacións automáticas no soporte e cos medios adecuados, seleccionando os dispositivos e materiais normalizados cos custos establecidos. -As características técnicas e económicas do equipo e/ou instalación acórdanse co cliente e recóllense con precisión no documento correspondente.
-A configuración técnica adoptada para o equipo e/ou instalación responde ós requirimentos funcionais e económicos acordados.
-Os croquis da solución adoptada recollen, coa precisión requirida, a información correspondente á instalación que hai que construír.
-Os dispositivos e materiais selecciónanse de acordo coa solución técnica adoptada, axustándose ó orzamento acordado.
-A documentación realizada recolle os cálculos, planos, esquemas, listas de materiais e demais documentos en número e forma adecuados.
Dominio profesional
Medios de producción ou tratamento da información: ferramentas manuais para traballos eléctricos (pelacables, tenaces de presión para terminais, trazador de cables). Ferramentas manuais para traballos mecánicos (alicates, desaparafusadores, ...). Máquinas para traballos de mecanizado básico (tradeadora, punzonadora, remachadora, ...). Instrumentación para medidas eléctricas (amperímetro, voltímetro, polímetro, pinza amperimétrica e vatimétrica, teluróhmetro, termómetro, comprobador de interruptores diferenciais, comprobador de sucesión de fases, medidor de illamento, fasímetro). Instrumentos (manuais ou informatizados) para a realización de documentación técnica. Equipos de programación automática (autómatas e centraliñas de control automático).
Materiais e productos intermedios: aparellos eléctricos para BT (dispositivos de corte, protección e manobra, canalizacións eléctricas, envolventes, ...). Conductores eléctricos (fíos e cables). Dispositivos para automatización (autómatas, sensores e transductores, contadores, temporizadores, ...). Cadros eléctricos. Instrumentos de medida (contadores, vatímetros, voltímetros, amperímetros, fasímetros, frecuencímetros, termómetros).
Principais resultados do traballo: Productos e/ou servicios: pequenos proxectos de instalacións eléctricas automatizadas. Construcción e mantemento de instalacións automáticas en vivendas e edificios: control de accesos, xestión de enerxía, iluminación automatizada, rego automatizado, instalacións automáticas na industria. Construcción e mantemento de equipos de control e regulación automáticos na industria. Partes de traballo.
Procesos, métodos e procedementos: procedementos de canalización en instalacións electrotécnicas. Procedementos de cableado e conexionado de equipos e cadros eléctricos. Procedementos de localización de avarías en equipos e instalacións automáticos. Técnicas de programación de equipos de control automático (linguaxes de programación para autómatas).
Información: natureza, tipo e soportes: documentación de proxectos de instalacións e equipos (planos de situación, localización e disposición dos edificios, planos e esquemas eléctricos, esquemas e planos dos equipos electrotécnicos de control). Catálogos técnico-comerciais dos productos utilizados nas instalacións. Ordes de traballo.
Normativa e regulamentación específica: Regulamento electrotécnico para baixa tensión e instruccións técnicas complementarias. Regulamentos de verificacións eléctricas. Normas tecnolóxicas de edificación. Normas particulares das compañías eléctricas. Normas particulares de comunidades autónomas. Normas de simboloxía e representación eletrotécnica (UNE, CEI, CENELEC). Normas tecnolóxicas da edificación (NTE).
Unidad de competencia 4: construír, manter e ensaiar máquinas eléctricas estáticas e rotativas.
Realizacións Criterios de realización
4.1. Construír transformadores eléctricos de pequena potencia mediante o uso dos planos constructivos, documentación técnica e medios apropiados, realizando os ensaios e probas establecidos nos protocolos normalizados. -A documentación técnica recolle a información necesaria (dimensións, chapa magnética, espiras, diámetro dos conductores) para a construcción do transformador, partindo das características prescritas (tensións en primario e secundario, potencia, dimensións máximas).
-A partir da documentación técnica, na construcción de transformadores eléctricos de pequena e mediana potencia:
-A preparación das máquinas, ferramentas e útiles adecuados realízase de acordo co tipo de transformador que se vai construír.
-A provisión de materiais realízase de acordo co plan de montaxe.
-A construcción das bobinas realízase utilizando os conductores de tipo e diámetro indicados, illando as capas convenientemente e indicando claramente as saídas.
-A ensamblaxe, conexionado e acabado do transformador realízase de acordo cos planos e/ou croquis constructivos.
-Os ensaios (en baleiro, en curtocircuíto, illamento, rixidez dieléctrica, ...) realízanse seguindo os protocolos establecidos, recollendo os resultados (tensións de primario e secundario, perdas no cobre e no ferro, ...) no informe correspondente, coa precisión requirida e no formato adecuado.
4.2. Manter transformadores eléctricos de media potencia, seguindo os programas de mantemento periódicos establecidos, localizando as causas de avaría, corrixindo os defectos encontrados e realizando os ensaios normalizados para o restablecemento fiable do servicio. -O informe periódico correspondente ó programa de mantemento preventivo do transformador recolle os resultados, modificacións e incidencias detectadas e corrixidas seguindo o protocolo establecido (atendendo ás características eléctricas -tensións, intensidades, equilibrado de fases- e físicas -temperatura, fixacións, conexións, vibracións, refrixeración, pintura-).
-A causa de avaría no transformador diagnostícase nun tempo adecuado.
-As características constructivas do transformador avariado (esquemas de conexións, número de espiras, diámetro do fío, forma constructiva do transformador e tipo de illamento) obtéñense con detalle no proceso de desmonte e recóllense no documento correspondente.
-As operacións necesarias para a reparación do transformador (provisión de materiais, preparación de máquinas e ferramentas, elaboración das bobinas, illamentos e vernizados, montaxe, conexións e acabados) realízanse no tempo e coa calidade adecuadas.
-Os resultados obtidos nas probas e ensaios normalizados, tanto en baleiro como en carga, correspóndense cos parámetros indicados na placa de características do transformador, asegurando a fiabilidade e seguridade no seu funcionamento.
-O informe sobre a corrección de avarías, probas e ensaios realizados no transformador recolle a información suficiente e precisa sobre as ditas operacións, avaliando o alcance da avaría, servindo de base para a actualización do "Histórico" del.
Realizacións Criterios de realización
4.3. Manter e ensaiar máquinas eléctricas de corrente continua, seguindo os programas periódicos de mantemento establecidos, localizando e corrixindo as causas de avaría, realizando os ensaios normalizados, asegurando o rendemento e seguridade no seu réxime nominal de funcionamento. -O informe periódico correspondente ó programa de mantemento preventivo da máquina eléctrica de corrente continua (CC) recolle os resultados, modificacións e incidencias detectadas e corrixidas seguindo o protocolo establecido (atendendo ás características eléctricas -resistencia de devanados, tensións e intensidades no inducido e inductor, potencia, illamentos, rixidez dieléctrica- e físicas -estado do colector e vasoiriñas, chumaceiras, temperatura, fixacións, conexións, vibracións, refrixeración, pintura-).
-Ante unha avaría na máquina eléctrica de CC diagnostícase a súa causa mediante a aplicación dun procedemento sistemático previamente establecido e utilizando as ferramentas e instrumentos oportunos.
-As características constructivas da máquina eléctrica de CC avariada (esquemas de conexións, tipo e características do bobinado, diámetro do fío, despezamento mecánico) obtéñense con detalle no proceso de desmonte e recóllense no documento adecuado.
-As operacións necesarias para a reparación da máquina de CC (provisión de materiais, preparación de máquinas e ferramentas, elaboración das bobinas, illamentos e vernizados, montaxe, conexións e acabados) realízanse no tempo e coa calidade adecuadas.
-Os resultados obtidos nas probas e ensaios normalizados, tanto en baleiro como en carga, correspóndense cos parámetros indicados na placa de características da máquina eléctrica de CC, asegurando a fiabilidade e seguridade no seu funcionamento.
-O informe sobre a corrección de avarías, probas e ensaios realizados na máquina eléctrica de CC recolle a información suficiente e precisa sobre as ditas operacións, avaliando o alcance da avaría, servindo de base para a actualización do histórico dela.
4.4. Manter e ensaiar máquinas eléctricas rotativas de corrente alterna, seguindo os programas periódicos de mantemento establecidos, localizando e corrixindo as causas de avaría, realizando os ensaios normalizados, asegurando o rendemento e seguridade no seu réxime nominal de funcionamento. -O informe periódico correspondente ó programa de mantemento preventivo da máquina eléctrica de corrente alterna (CA) recolle os resultados, modificacións e incidencias detectadas e corrixidas, seguindo o protocolo establecido (atendendo ás características eléctricas -tensións, intensidades, potencia, r.p.m., illamentos, rixidez dieléctrica- e físicas -estado do colector e vasoiriñas, se é o caso, chumaceiras, temperatura, fixacións, conexións, vibracións, refrixeración, pintura-).
-Ante unha avaría na máquina eléctrica de CA diagnostícase a súa causa, mediante a aplicación dun procedemento sistemático previamente establecido e utilizando as ferramentas e instrumentos oportunos.
-As características constructivas da máquina eléctrica de CA avariada (esquemas de conexións, tipo e características do bobinado, diámetro do fío, despezamento mecánico) obtéñense con detalle no proceso de desmonte e recóllense no documento adecuado ó respecto.
-As operacións necesarias para a reparación da máquina eléctrica de CA (provisión de materiais, preparación de máquinas e ferramentas, elaboración das bobinas, illamentos e vernizados, montaxe, conexións e acabados) realízanse no tempo e coa calidade adecuadas.
Realizacións Criterios de realización
-Os resultados obtidos nas probas e ensaios normalizados, tanto en baleiro como en carga, correspóndense cos parámetros indicados na placa de características da máquina eléctrica de CA, asegurando a fiabilidade e seguridade no seu funcionamento.
-O informe sobre a corrección de avarías, probas e ensaios realizados na máquina eléctrica de CA recolle a información suficiente e precisa sobre as ditas operacións, avaliando o alcance da avaría, servindo de base para a actualización do histórico dela.
Dominio profesional
Medios de producción ou tratamento da información: ferramentas manuais para traballos eléctricos (pelacables, tenaces de presión, ...). Ferramentas manuais para traballos mecánicos (alicates, desaparafusadores, chaves inglesa, fixas, gatos mecánicos, martelos, ...). Instrumentos de medida e proba (óhmetro, voltímetro, amperímetro, vatímetro, polímetro, pinzas amperimétrica e vatimétrica, fasímetro, medidor de illamento, teluróhmetro, compás, lámpadas de proba serie e paralelo, "zumbador", ...). Instrumentos de medida mecánicos (calibre, parafuso micrométrico, ...). Máquinas para bobinado de máquinas eléctricas e accesorios. Bancos de ensaio de máquinas eléctricas. Instrumentos (manuais ou informáticos) para o deseño de pequenos e medios transformadores eléctricos.
Materiais e productos intermedios: fíos e platinas. Verniz. Materiais illantes. Materiais ferromagnéticos. Elementos de conexionado. Refrixerantes líquidos.
Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: construcción de máquinas eléctricas estáticas. Reparación e mantemento de máquinas eléctricas estáticas e rotativas de CC e CA. Ensaios de máquinas eléctricas estáticas e rotativas de CC e CA. Partes de traballo.
Procesos, métodos e procedementos: procesos de localización de avarías nas máquinas eléctricas. Procedementos de ensaio de máquinas eléctricas. Procedementos de mantemento de máquinas eléctricas. Procedementos de bobinados varios en CC e CA para a reparación de máquinas.
Información: natureza, tipo e soportes: esquemas de bobinados de máquinas eléctricas. Planos mecánicos de despezamento de máquinas eléctricas. Procedementos normalizados para ensaios de máquinas eléctricas. Documentos normalizados de mantemento preventivo de máquinas eléctricas.
Normativa e regulamentación específica: regulamento electrotécnico para baixa tensión e instruccións complementarias. Normas e prescricións técnicas (Ex.: IEC 34, 72, 79, 85) de ámbito internacional.
Unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.
Realizacións Criterios de realización
-Seleccionáronse as formas de contrato óptimas para resolve-las necesidades da empresa.
-Os documentos xerados: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos, foron elaborados no formato establecido pola empresa cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.
.Prezos do mercado.
.Prazos de entrega.
5.1. Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos. -Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.
-Realízase o estudio de viabilidade, no que se recolleu:
.A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.
.Localización física e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva).
.Demanda potencial e previsión de ingresos.
.Necesidades de financiamento e forma máis rendible.
.Rendibilidade do proxecto.
.Posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
-Determinouse a composición dos recursos humanos necesarios, atendendo a formación, experiencia e condicións actitudinais se proceden.
5.2. Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa. -Identificáronse as formas de contratación vixentes.
5.3. Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica. -Definiuse unha organización da documentación para que en todo momento se poida ter información sobre a situación económico-financeira da empresa.
5.4. Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida. -No plan de promoción tívose en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela adecuado ós productos e servicios dela.
-Seleccionouse o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.
-A participación en feiras e exposicións permitiu establece-las canles de distribución dos diversos productos ou servicios.
5.5. Negociar con provedores, clientes e organismos, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais. -Tivéronse en conta, na negociación cos provedores:
.Calidades.
.Transportes, se procede.
.Descontos.
.Volume de pedido.
.Liquidez actual da empresa.
-Nas condicións de venda propostas ós clientes tivéronse en conta:
.Marxes de beneficios.
.Prezo de custo.
.Tipos de clientes.
.Volume de venda.
Realizacións Criterios de realización
-Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés, e na marxe de tempo previsto.
-Identificouse o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.
.Nóminas.
.Seguros sociais. .Condicións de pagamento.
.Prazos de entrega.
.Transporte se procede.
.Garantía.
.Atención posvenda.
5.6. Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais. -Transmitiuse en todo momento a imaxe desexada da empresa.
-Respondeuse satisfactoriamente á súa demanda, promovendo as futuras relacións.
-Comunicóuselles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa que puidese interesarlles.
5.7. Identificar no tempo e na forma que procedan as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa. -Identificáronse os rexistros esixidos pola normativa vixente.
-Identificouse no tempo e na forma adecuadas as obrigas legais laborais.
.Altas e baixas laborais.
Dominio profesional
Información que manexa: Documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques.
Documentación cos distintos organismos oficiais: Permisos de apertura do local, permiso de obras,... Nóminas TC1, TC2, Alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.
Tratamento da información: terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas.
O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.
Persoas coas que se relaciona: Provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes que realicen pedidos ou servicios que darían lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.
2.6. Evolución da competencia profesional.
2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.
Presentamos de seguido unha serie de cambios previsibles que caracterizan un sector como é o dos equipos e instalacións electrotécnicas e que, con toda seguridade, influirán na competencia da figura que estamos tratando:
Os cambios tecnolóxicos que se prevén nas instalacións electrotécnicas e os seus equipos asociados están relacionados coa introducción das novas tec
noloxías, tanto nos equipos como nos soportes utilizados na transmisión (utilización, cada vez máis frecuente da fibra óptica, especialmente en instalacións de telecomunicacións -voz, datos e imaxe-).
A tendencia, cada vez maior, de incorporar dispositivos electrónicos nos equipos que configuran as instalacións permite dotalas de certa intelixencia, aumentando as súas posibilidades de automatización.
Destaca unha tendencia cara ó control dos procesos a distancia (telemedida, telecontrol, telealarmas, ...) nas instalacións de distribución de enerxía eléctrica.
Nas instalacións electrotécnicas nos edificios a tendencia é cara á converxencia da xestión dos distintos servicios técnicos (xestión da enerxía, confortabilidade, telecomunicacións, seguridade) mediante a utilización de instalacións automatizadas que empezan a coñecerse como domóticas.
As empresas do sector das instalacións que, tradicionalmente, se configuraban en pequenas e medianas empresas (a maioría de menos de 40 traballadores), tenden a manter estas estructuras, ampliando os servicios de instalación cunha oferta máis ampla na tipoloxía de instalacións electrotécnicas. Ó mesmo tempo increméntase a oferta dos servicios de mantemento das ditas instalacións.
2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.
Os procedementos de operación manual non só se manterán, senón que se incrementarán en complexidade ó utilizar materiais e dispositivos baseados en novas tecnoloxías e medios de producción máis especializados (utilización da fibra óptica, centraliñas electrónicas de xestión domótica, ...).
Aumenta a relevancia dos servicios de mantemento das instalacións, derivando neste caso as actividades que debe desenvolver este técnico cara ó mantemento preventivo e correctivo das ditas instalacións, aumentando a complexidade das intervencións pola diversidade de instalacións e tecnoloxías que interveñen nelas.
Incorpóranse asemade novas técnicas de diagnóstico de avarías baseadas na utilización de ferramentas software, que producirán cambios específicos nos procedementos que se van utilizar na actividade deste profesional.
O feito de centra-la súa actividade en instalacións electrotécnicas de diversa índole, e especialmente nos servicios prestados no seu mantemento, requirirá, cada vez máis, garantías da fiabilidade e calidade nas intervencións e un tempo de actuación curto que aseguren a satisfacción dos clientes.
Destacar como feito importante a situación de regulación administrativa das actividades correspondentes ás instalacións electrotécnicas, á que o técnico terá que axustarse no desenvolvemento do seu labor.
2.6.3. Cambios na formación.
A introducción das novas tecnoloxías e productos electrotécnicos cunha forte compoñente electrónica
nos distintos tipos de instalacións demandan dos técnicos unha formación inicial ampla que lles permite unha adaptación continua a estes novos productos e tecnoloxías.
A utilización crecente da fibra óptica en instalacións de telecomunicacións demanda unha formación específica nos procedementos de empalme delas e as súas técnicas asociadas.
O previsible incremento das instalacións automatizadas nos edificios requirirá dos técnicos un maior coñecemento dos novos productos e as súas técnicas asociadas, demandando unha maior visión integral das instalacións electrotécnicas que aparecerán nos edificios, especialmente os dedicados a oficinas, onde o aforro enerxético, a seguridade, as comunicacións e a confortabilidade adquiren, día a día, maior relevancia.
Unha formación en calidade e fiabilidade das intervencións debe enfocarse a conseguir unha concepción global dela e da súa importancia neste tipo de actividade, tan próxima ó cliente.
Deberá coñecer e aplica-la normativa de seguridade persoal e de equipos e materiais para as súas actuacións, así como da normativa e documentación específica que regula a súa actividade.
2.7. Posición no proceso productivo.
2.7.1. Contorno profesional e de traballo.
Esta figura profesional sitúase nos subsectores das instalacións electrotécnicas e fundamentalmente en empresas das que as actividades son:
-Centros de producción de enerxía eléctrica.
-Instalacións eléctricas de distribución en MT e BT.
-Instalacións eléctricas de electrificación de edificios.
-Instalacións singulares nos edificios (intercomunicación, telefonía, antenas, seguridade).
-Instalacións automatizadas nos edificios.
-Instalacións de enerxía solar fotovoltaica.
-Construcción de cadros e equipos electrotécnicos.
-Reparación de máquinas eléctricas.
-Mantemento de electrodomésticos.
A estructura empresarial destes subsectores configúrase principalmente en pequenas e medianas empresas. No caso dos electrodomésticos actúan baixo a forma de servicios técnicos oficiais.
2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.
En función do tipo de empresa onde se sitúe, esta figura realizará funcións de execución e mantemento de liñas eléctricas de distribución en MT e BT, instalacións de electrificación, singulares e de automatización en edificios, podendo chegar a realizar pequenos proxectos no ámbito da súa competencia. Poderá realiza-lo mantemento de máquinas eléctri
cas, tanto estáticas como rotativas, así como a construcción de cadros e equipos electrotécnicos, exercendo a súa actividade ben como técnico de campo, ben como técnico de taller, traballando por conta allea ou ben administrando e xestionando unha pequena empresa ou taller.
As técnicas e tecnoloxías presentes no desenvolvemento da actividade deste profesional son as propias das instalacións eléctricas de MT e BT, as singulares en edificios, principalmente as correspondentes ás instalacións de son, telefonía, antenas de TV terrestres e vía satélite, as de seguridade, as automatizadas en edificios, as fotovoltaicas, os cadros de distribución e control asociados e as máquinas eléctricas.
2.7.3. Ocupacións e postos de traballo tipo máis relevantes.
Con fins de orientación profesional e como de exemplo, enuméranse de seguido un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poden ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:
-Instalador de liñas eléctricas.
-Montador de centros de producción.
-Electricista xeral.
-Instalador electricista de edificios.
-Electricista industrial.
-Montador de cadros eléctricos.
-Bobinador.
-Instalador electrónico de edificios.
-Instalador de antenas.
-Instalador de equipos telefónicos.
-Reparador de electrodomésticos.
3. Currículum.
3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.
Este ciclo formativo debe garanti-las seguintes capacidades:
* Executa e mante-las instalacións de distribución de enerxía eléctrica en MT e BT, operando coas ferramentas, materiais e instrumentos necesarios, actuando coa calidade e seguridade requiridas e aplicando as normas e procedementos regulamentados.
* Executar e mante-las instalacións singulares e automatizadas nos edificios (megafonía, telefonía interior, antenas, intercomunicación, seguridade, enerxía solar fotovoltaica, domótica), operando coas ferramentas, materiais e instrumentos necesarios e actuando coa calidade e a seguridade requiridas polo bo facer profesional.
* Construír cadros eléctricos de distribución e control, operando coas ferramentas, materiais e instrumentos necesarios e actuando coa calidade e seguridade requiridas polo bo facer profesional.
* Montar e manter máquinas eléctricas estáticas e rotativas, realizando os bobinados e ensaios prescritos, operando coas ferramentas, materiais e instrumentación necesarios, actuando coa calidade e seguridade requiridas e aplicando as normas e procedementos regulamentados.
* Interpretar e comprende-la información -e en xeral toda a linguaxe simbólica asociada- das operacións e control dos traballos executados na área de construcción e mantemento de equipos e instalacións electrotécnicas e no mantemento de máquinas eléctricas.
* Utiliza-los medios e instrumentos apropiados para a elaboración da documentación técnica e administrativa necesaria para o desenvolvemento de pequenos proxectos de instalacións electrotécnicas no ámbito da súa competencia, aplicando os procedementos e normas establecidos na regulamentación electrotécnica vixente.
* Analiza-los procesos de construcción e mantemento de equipos e instalacións electrotécnicas e de mantemento de máquinas eléctricas, comprendendo a interrelación e secuencia lóxica das fases dos traballos e observando a correspondencia entre as ditas fases e os materiais, os equipos e medios auxiliares e técnicas específicas que interveñen en cada un deles, respectando as condicións e normas de calidade e seguridade establecidas.
* Comprender e valora-los efectos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal e medioambiental, co fin de mellora-las condicións de realización do traballo, aplicando as medidas correctivas e proteccións necesarias.
* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais, procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que poden presentarse neles.
* Buscar e utilizar canles de información e formación relacionadas co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector da construcción e mantemento de equipos e instalacións electrotécnicas e no mantemento de máquinas eléctricas, e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.
3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.
Módulo profesional 1: instalacións eléctricas de enlace e centros de transformación.
Asociado á unidade de competencia 1: construír e manter equipos e instalacións de distribución e subministración de enerxía eléctrica en media e baixa tensión.
Capacidades terminais elementais
1.0. Identificar no mapa nacional eléctrico actual na Comunidade Galega a situación xeográfica da rede eléctrica, para localiza-las liñas de distribución de MT, utilizando a simboloxía e os medios de representación axeitados.
1.1. Identificar en información técnica as partes características das redes de distribución de MT aéreas e subterráneas para a súa análise, utilizando planos, esquemas e instalacións reais.
1.2. Identificar en información técnica as partes características das redes de distribución eléctrica en BT aéreas e subterráneas para a súa análise, utilizando planos, esquemas e instalacións reais.
1.3. Identificar, en información técnica, as partes características das instalacións de enlace, para a análise da subministración de enerxía eléctrica a edificios, comercios e industrias, utilizando planos, esquemas e instalacións reais.
1.4. Analizar na regulamentación técnica os diferentes tipos de tarifas eléctricas en MT e BT vixentes na Comunidade Galega, para a súa correcta utilización, empregando a información técnica axeitada.
1.5. Analizar en información técnica os diferentes tipos de CT e as súas partes características, para a súa posterior identificación, a partir de esquemas e planos axeitados.
1.6. Describir en formato axeitado as fases e precaucións que se han de seguir nas diferentes manobras de conexión, desconexión e regulación de tensión dun CT, para a aplicación destas manobras en instalacións reais (FCT) coa simboloxía e o vocabulario axeitados.
1.7. Describir en formato axeitado as características das tomas de terra nun CT para a súa análise e verificación en instalacións reais (FCT) coa simboloxía e vocabulario idóneos.
1.8. Selecciona-los dispositivos, compoñentes e materiais necesarios para a montaxe e mantemento das liñas de distribución eléctrica, instalacións de enlace e CT a partir de catálogos técnicos e bases de datos informáticos.
1.9. Selecciona-las ferramentas e dispositivos necesarios para a montaxe e mantemento de liñas de distribución eléctrica, instalacións de enlace e CT a partir de catálogos técnicos comerciais e bases de datos informáticos.
1.10. Realizar no taller de instalacións as operacións para a montaxe e mantemento de liñas de distribución eléctrica necesarias para o seu posterior tendido, utilizando técnicas e procedementos axeitados.
1.11. Describir en formato axeitado as operacións necesarias no tendido de liñas de distribución aéreas e/ou subterráneas para a aplicación destas nas instalacións reais (FCT) de acordo co plano de montaxe establecido e utilizando a simboloxía e o vocabulario axeitados.
1.12. Realizar no taller de instalacións as operacións necesarias para a montaxe e mantemento de instalacións de enlace, comprobando o seu correcto funcionamento e utilizando técnicas e procedementos axeitados.
1.13. Describir en formatos axeitados as operacións necesarias para a montaxe e mantemento dun CT, para a aplicación destas operacións en instalacións reais (FCT) coa simboloxía e vocabulario axeitados.
1.14. Medir en instalacións de distribución e enlace os parámetros e características eléctricas máis relevantes, interpretando os resultados obtidos e utilizando os instrumentos necesarios.
1.15. Describir en formato axeitado as medidas necesarias que hai que realizar nun CT, para a aplicación delas nun CT real (FCT) coa simboloxía e o vocabulario idóneos.
1.16. Localizar e diagnosticar avarías en instalacións de distribución e enlace de enerxía eléctrica, para a súa posterior reparación, utilizando ferramentas e instrumentos axeitados e elaborando os informes necesarios.
1.17. Describir en formato axeitado os distintos tipos de avarías para a súa localización e diagnóstico nun CT real (FCT) coa simboloxía e vocabulario idóneo.
1.18. Elaborar en formatos normalizados a documentación técnica e administrativa necesaria para a construcción e modificación de pequenas instalacións eléctricas de edificios, utilizando catálogos técnicos comerciais e bases de datos informáticos e realizando planos, esquemas, cálculos e orzamentos necesarios.
1.19. Aplicar en instalacións de distribución e enlace as normas e recomendacións vixentes na Comunidade Galega, para a súa correcta utilización, empregando a regulamentación e instruccións axeitadas.
1.20. Describir en formato axeitado as normas e recomendacións vixentes na Comunidade Galega en CT, para a súa aplicación nun CT real (FCT) coa simboloxía e vocabulario idóneos.
Contidos básicos (duración 140 horas).
Procedementais.
* Redes eléctricas de distribución.
.Identificación dos diferentes tipos e características de redes de distribución de enerxía eléctrica. Redes telemandadas.
.Análise dos elementos e partes características das liñas de distribución aéreas e subterráneas de MT e BT.
.Interpretación de esquemas e planos das instalacións.
.Identificación das operacións de montaxe.
.Selección de materiais e ferramentas para a montaxe.
.Técnicas de construcción de redes de distribución de MT e BT.
.Análise dos sistemas de protección e sinalización.
.Técnicas e procesos de realización de empalmes e conexións (empalme de conductores para liñas subterráneas e botella de derivación nunha liña subterránea).
* Centros de transformación.
.Análise dos diferentes tipos e elementos constructivos dun CT.
.Elaboración de planos de intervención.
.Técnicas e procesos de conexión, desconexión e regulación de tensión.
.Interpretación da documentación dun CT.
.Análise dos procesos de montaxe dun CT.
.Técnicas e procesos de montaxe de equipos de medida, elementos de protección, embarrados e posta a terra dun CT.
* Instalacións de enlace.
.Análise funcional das distintas partes, equipos e elementos das instalacións de enlace.
.Interpretación da documentación técnica.
.Análise e aplicación de tarifas eléctricas.
.Técnicas e procesos de montaxe de instalacións de enlace: caixa xeral de protección, centralización de contadores, derivacións individuais.
.Conexionado de aparellos de medida e comprobación utilizados na instalación.
.Análise e interpretación das medidas realizadas.
.Elaboración de informes de medida.
* Técnicas de mantemento.
.Interpretación da documentación técnica para o mantemento e conservación das instalacións de distribución, CT e enlace.
.Especificación das fases e precaucións que se deben seguir no mantemento preventivo dun CT.
.Diagnóstico de avarías en instalacións de enlace e nun CT, recollendo:
.Deducción da causa da avaría.
.Elaboración do plan de intervención.
.Especificación dos conexionados e probas que se deben realizar.
.Identificación do bloque ou compoñente responsable da avaría.
.Reparación e posta en funcionamento das instalacións.
.Elaboración de informes de mantemento, diagnóstico e reparación de avarías.
* Elaboración da documentación técnico-administrativa en instalacións de electrificación de edificios.
.Interpretación das especificacións do cliente.
.Interpretación da documentación técnica.
.Selección da regulamentación electrotécnica e das prescricións administrativas necesarias.
.Determinación do documento axeitado para a súa autorización, segundo o tipo e características da instalación.
.Análise dos criterios técnicos que rexen nas distintas delegacións de Industria da Comunidade Galega para o deseño e execución das instalacións de electrificación de edificios .
.Realización de esquemas e planos eléctricos de forma manual e/ou informática.
.Técnicas de cálculo e selección de compoñentes e dispositivos das instalacións de electrificación de edificios.
.Realización de orzamentos de forma manual e/ou informática.
.Elaboración de documentos técnico-administrativos vixentes na Comunidade Galega (boletíns, carpetas, proxectos, tramitacións...).
Conceptuais.
* Redes eléctricas de distribución.
.Tipos e estructura das redes de distribución de enerxía eléctrica. Telemando.
.Elementos característicos de redes aéreas e subterráneas (apoios, conductores, illadores, foxos, empalmes...). Elementos de sinalización e protección.
.Sistemas de mecanizado e conexionado para a montaxe de redes.
.Ferramentas e equipos básicos de montaxe e mantemento de redes. Tipos e funcións.
* Centros de transformación.
.Centros de transformación: clasificación, constitución, localización, ámbito de aplicación.
.Características funcionais e constructivas dos transformadores dos CT. Placa de características dun transformador.
.Características de montaxe e conexionado dun CT.
.Elementos constituíntes dun CT: liñas de entrada e saída, seccionadores, proteccións, elementos de medida, transformador, cadros de baixa e postas a terra.
.Ferramentas utilizadas na montaxe e mantemento dun CT. Tipos, función e características.
* Instalacións de enlace.
.Instalacións de enlace. Descrición e funcións destas:
.Liña de acometida.
.Caixa xeral de protección.
.Liña repartidora.
.Centralización de contadores.
.Derivacións individuais.
.Cadro de mando e protección.
.Características específicas de:
.Conductores.
.Canalizacións.
.Elementos de mando e protección.
.Envolventes.
.Simboloxía das instalacións de enlace.
.Sistemas de tarifas vixentes. Cálculo de potencia que se vai facturar.
.Mecanizado e conexionado na montaxe e mantemento de instalacións de enlace. Ferramentas e útiles. Tipos. Características e aplicacións.
.Aparellos de medida. Placas de características. Conexións. Tipos (contadores, polímetro, telurómetro...).
* Técnicas de mantemento.
.Tipos e programas de mantemento.
.Operacións de mantemento en instalacións de distribución, CT e enlace. Mecanizado e conexionado. Ferramentas e equipos utilizados.
.Avarías típicas de instalacións de distribución, CT e enlace.
.Técnicas de diagnóstico e localización de avarías. Informes tipo.
* Elaboración da documentación técnico-administrativa en instalacións de electrificación de edificios.
.Tipos de instalacións en locais comerciais.
.Demanda de carga nos edificios.
.Niveis de electrificación.
.Normas e recomendacións:
.REBT.
.Normas particulares para as instalacións de enlace na subministración de enerxía eléctrica en baixa tensión (revisión de 1995).
.UNE (UNE 20 - 460).
.UNESA.
.NTE.
. ...
.Apartados característicos dos documentos técnico-administrativos vixentes na Comunidade Galega.
.Ferramentas manuais e/ou informáticas para a realización de documentos técnico-administrativos.
Actitudinais.
* Instalacións eléctricas de enlace e centros de transformación.
.Orde e limpeza no manexo da documentación.
.Rigor na interpretación da documentación.
.Autoorganización das secuencias das operacións que se han de realizar na montaxe e mecanizado.
.Orde e método no traballo.
.Respecto polas normas de utilización e conservación dos útiles e ferramentas de traballo.
.Atención á conexión de materiais e equipos.
.Execución das operacións con autosuficiencia e seguridade.
.Autoavaliación sistemática das operacións realizadas.
.Valoración de acada-la calidade prevista nos traballos realizados.
.Respecto pola saúde e o medio ambiente.
.Rigor na aplicación das medidas de seguridade, tanto persoal como da instalación.
.Rigor na correcta interpretación das normas e recomendacións sobre as instalacións de electrificación de edificios.
.Orde e limpeza ó cubrir e ó presenta-la documentación.
.Respostas ás posibles suxestións do equipo técnico.
.Valora-la importancia dos sistemas de protección.
.Interese pola constante actualización da documentación, así como polo seu correcto manexo e arquivado.
Módulo profesional 2: instalacións singulares en vivendas e edificios.
Asociado á unidade de competencia 2: construír e manter instalacións singulares no contorno dos edificios.
Capacidades terminais elementais
2.1. Analizar en instalacións singulares, tanto simuladas como reais, os elementos que as constitúen, identificando os parámetros e características máis relevantes, e utilizando a documentación técnica axeitada (planos, esquemas e listados de material).
2.2. Seleccionar en información técnica os dispositivos, compoñentes e materiais necesarios para a montaxe e desmontaxe de instalacións singulares, utilizando catálogos técnicos, comerciais e bases de datos informáticas.
2.3. Seleccionar en catálogos técnico-comerciais as ferramentas e instrumentos necesarios para a montaxe e desmontaxe de instalacións singulares, utilizando planos de montaxe de proxectos reais e bases de datos informáticas.
2.4. Deseñar en formatos axeitados pequenas instalacións singulares para a súa posterior montaxe, baseándose en catálogos técnico-comerciais e rea
lizando os cálculos necesarios co soporte informático.
2.5. Realizar en instalacións simuladas e reais a montaxe e desmontaxe de instalacións singulares, confirmando o correcto funcionamento e utilizando as técnicas e procedementos axeitados de axuste e posta a punto.
2.6. Medir en instalacións singulares, simuladas ou reais, os parámetros e características máis relevantes, interpretando os resultados obtidos e utilizando os instrumentos axeitados.
2.7. Aplicar nas instalación singulares as normas e recomendacións vixentes na Comunidade Galega, para a súa correcta utilización, empregando regulamentos e instruccións axeitadas.
2.8. Localizar e diagnosticar en instalacións singulares simuladas ou reais as avarías para a súa posterior reparación, utilizando as ferramentas e instrumentos axeitados e elabora-los informes necesarios.
2.9. Realizar en instalacións singulares, simuladas ou reais, as operacións necesarias para o seu mantemento, confirmando o estado da instalación e utilizando procedementos normalizados de actuación.
Contidos básicos (duración 165 horas).
Procedementais.
* Documentación técnica.
.Interpretación de esquemas e planos de instalacións singulares en vivendas e edificios.
.Segmentación da instalación. Bloques funcionais.
.Caracterización dos puntos de proba e medida nos esquemas e planos de equipos e elementos da instalación.
.Interpretación de conxuntos e elementos electrotécnicos.
.Identificación de compoñentes (Simboloxía. Notas. Aclaracións).
.Interpretación do prego de condicións da instalación.
* Técnicas de análise e configuración.
.Identificación das instalacións en función do tipo de servicio que prestan nos diferentes campos e áreas de aplicación.
.Identificación dos elementos que compoñen as instalacións singulares, describindo a súa función, tipoloxía e características xerais.
.Especificación dos parámetros máis relevantes que caracterizan cada unha das seccións.
.Comprobacións necesarias para verificar que os materiais e equipos que conforman a instalación cumpren os requirimentos establecidos na documentación.
.Interpretación con precisión das especificacións técnicas das instalacións.
.Proposición de configuracións que cumpran as especificacións técnicas das instalacións.
.Elección da configuración máis axeitada de entre as propostas. Ve-la súa viabilidade sobre o plano do edificio.
.Selección de catálogos técnico-comerciais, de equipos e materiais que cumpren as especificacións técnicas e económicas establecidas.
.Cálculos necesarios para a configuración dunha instalación.
* Técnicas de realización e montaxe.
.Selección das ferramentas necesarias para a realización da montaxe.
.Preparación dos elementos e materiais que se van utilizar seguindo procedementos normalizados.
.Montaxe de canalizacións e conexión de cables e equipos, utilizando os medios axeitados e aplicando os procedementos requiridos. Atención á normativa do REBT.
.Probas e axustes necesarios segundo o especificado na documentación.
.Medida dos diferentes parámetros da instalación, verificando que se corresponde coas especificacións da documentación.
.Entrega da instalación ó cliente. Referenciado informativo. Revisión do Ministerio de Industria, se procede. Tramitación do boletín da instalación, se é o caso.
* Técnicas de diagnóstico e reparación de avarías.
.Identificación da avaría polos síntomas que presenta e os efectos que produce na instalación.
.Selección das ferramentas empregadas no diagnóstico e reparación das instalacións.
.Diagnóstico de avarías en equipos reais.
.Plano de intervención para a detección da causa ou causas da avaría.
.Medición e interpretación dos parámetros da instalación e realización de axustes utilizando o instrumental axeitado e aplicando os procedementos requiridos.
.Localización do bloque funcional e do equipo ou compoñentes responsables da avaría: modificacións e/ou substitucións dos ditos elementos.
Conceptuais.
* Documentación técnica.
.Instalacións singulares. Tipos e aplicacións.
.Elementos que compoñen as instalacións. Análise de funcionamento. Tipoloxías.
.Características xerais: clasificación e composición.
.Bloques funcionais de instalacións: parámetros máis relevantes.
.Bloques fundamentais en instalacións singulares en vivendas e edificios (alimentación, entradas, saídas...)
* Técnicas de análise e configuración.
.Tipos de instalacións singulares e a súa definición.
.Megafonía: localización, finalidade e tipo de distribución do sinal.
.Telefonía interior e intercomunicación: sistema de control e tipo de distribución do sinal.
.Intercomunicación: sistema de comunicación e tipo de distribución do sinal.
.Instalacións de antenas de TV terrestre e vía satélite.
.Instalacións de seguridade: fiabilidade, tipos de detector e de sistemas de aviso e/ou sinalización.
.Instalacións de enerxía solar fotovoltaica.
.Clasificación e composición dos elementos que compoñen as instalacións. Funcionamento, tipoloxías e características xerais.
.Seccións e parámetros máis relevantes que compoñen as instalacións singulares.
.Especificacións técnicas e funcionais das instalacións.
.Relación custo-calidade dunha instalación.
.Configuración máis axeitada entre as presentadas nun caso práctico.
.Métodos de cálculo utilizados para a configuración dunha instalación.
* Técnicas de realización e montaxe.
.Elementos que compoñen a instalación.
.Técnicas de recepcionado e comprobación da validez dos elementos e o seu bo funcionamento, antes da súa inclusión na instalación.
.Técnicas de manexo de ferramentas específicas para a montaxe.
.Procesos normalizados para a preparación de elementos e materiais.
.Proceso operativo para utilizar ferramentas e instrumentos e lograr un acabado de calidade e respectando a normativa de seguridade persoal e dos prazos de tempo axeitados segundo o orzamento.
* Técnicas de diagnóstico e reparación de avarías.
.Avarías típicas nas instalacións singulares: tipoloxía e características xerais.
.Técnicas de localización de avarías: sintomatoloxía, diagnóstico.
.Ferramentas específicas da reparación, axuste e mantemento.
.Técnicas de montaxe e desmontaxe de equipos. Reparación e substitución de elementos avariados.
.Axuste e posta a punto de equipos e elementos: instrumentación que hai que utilizar.
Actitudinais.
* Instalacións singulares en vivendas e edificios.
.Orde e limpeza no manexo da documentación.
.Rigor e respecto na interpretación do Regulamento electrotécnico de BT.
.Orde e método no traballo.
.Valoración de dispoñer da correcta documentación.
.Valoración da necesidade do traballo en equipo, tanto á hora de interpreta-los documentos e confeccionalos, como no desenvolvemento dos procesos de montaxe.
.Atención á concreción nas especificacións técnicas e funcionais, así como á actualización de tarefas de equipos e elementos.
.Adecuación dos proxectos (no deseño e no cálculo) á normativa vixente en todo o Estado, así como á específica de cada Comunidade Autónoma.
.Autocontrol da calidade na análise e nas configuracións das instalacións proxectadas.
.Rigor na interpretación da documentación.
.Atención á importancia da orde das operacións nos procesos de montaxe (permitindo realiza-las intervencións nos tempos e calidade predeterminados, optimizándoas).
.Valoración da importancia que ten a realización das memorias, historiais e planos de montaxe e posta en marcha.
. Autocontrol da calidade nas realizacións efectuadas.
.Respecto polas normas de utilización e conservación dos útiles e ferramentas de traballo.
.Rigor na aplicación das medidas de seguridade, tanto persoal como da instalación e dos materiais.
.Respecto pola saúde e o medio ambiente.
Módulo profesional 3: instalacións automatizadas en vivendas e edificios.
Asociado á unidade de competencia 3: construír e manter equipos e instalacións electrotécnicas automatizadas.
Capacidades terminais elementais
3.1. Analizar en instalacións automatizadas de vivendas e edificios, tanto simuladas como reais, os elementos que as constitúen, identificando os parámetros e as características máis relevantes e utilizando a documentación técnica (planos, esquemas e listados de material) axeitada.
3.2. Seleccionar en catálogos técnico-comerciais os dispositivos, compoñentes e materiais necesarios para a montaxe e desmontaxe de instalacións auto
matizadas de vivendas e edificios, utilizando información técnica e bases de datos informáticos.
3.3. Seleccionar en catálogos técnico-comerciais as ferramentas e instrumentos necesarios para a montaxe e desmontaxe de instalacións automatizadas de vivendas e edificios, utilizando información técnica e bases de datos informáticos.
3.4. Deseñar en formatos axeitados pequenas instalacións automatizadas de vivendas e edificios para a súa posterior montaxe, realizando os cálculos necesarios, utilizando información técnica e soporte informático.
3.5. Realizar en instalacións simuladas ou reais de vivendas e edificios a montaxe e desmontaxe de instalacións automatizadas, comprobando o correcto funcionamento e utilizando técnicas e procedementos axeitados de axuste e posta a punto.
3.6. Medir en instalacións automatizadas de vivendas e edificios, ben simuladas ou reais, os parámetros e características máis relevantes, interpretando os resultados obtidos e utilizando os instrumentos axeitados.
3.7. Aplicar en instalacións automatizadas de vivendas e edificios normas e recomendacións vixentes na Comunidade Galega, para a súa correcta utilización, empregando os regulamentos e instruccións axeitados.
3.8. Diagnosticar e localizar avarías en instalacións automatizadas de vivendas e edificios, simuladas ou reais, para a súa posterior reparación, utilizando ferramentas e instrumentos axeitados e elaborando os informes necesarios.
3.9. Realizar en instalacións automatizadas de vivendas e edificios, ben simuladas ou reais, as operacións necesarias para o mantemento, comprobando o estado da instalación e utilizando procedementos normalizados de actuación.
Contidos básicos (duración 140 horas).
Procedementais.
* Recompilación e interpretación da documentación técnica.
.Interpretación de planos e esquemas referentes a instalacións en vivendas e edificios.
.Representación da instalación segmentada en bloques funcionais.
.Localización e interpretación dos puntos de control, medida e verificación.
.Identificación dos compoñentes. Normas e símbolos.
.Interpretación do proxecto e análise co orzamento e a relación custo-calidade dunha pequena instalación automatizada.
* Configuración das instalacións automatizadas en vivendas e edificios. Tipos e sistemas.
.Análise das instalacións en función das súas prestacións nas diferentes variedades de aplicación.
.Selección dos elementos modulares que compoñen as instalacións tendo en conta as súas funcións e características.
.Enumeración e análise dos parámetros que se van manexar, característicos de cada bloque funcional.
.Comprobación e verificación de que os materiais e equipos que configuran a instalación cumpren os requisitos establecidos na documentación do proxecto.
.Elección axeitada da configuración da instalación, tendo en conta as posibilidades modulares para o control de: iluminación, seguridade activa, alarmas, electrodomésticos, climatización, persianas e toldos, presencia e acceso, sistemas de rego, aforro enerxético, simulación de presencia, funcións especiais e control a distancia (vía teléfono).
.Cálculos necesarios para a configuración dunha modesta instalación automatizada.
* Realización de montaxe e posta en servicio de pequenas instalacións.
.Selección das ferramentas necesarias para a realización da montaxe.
.Identificación dos elementos e materiais que se van empregar segundo as necesidades do proxecto.
.Montaxe das canalizacións, tendido de cables e conexión dos equipos segundo os planos e esquemas.
.Inclusión de programas e a súa parametrización segundo a configuración da instalación.
.Execución de controis e axustes dos equipos e instalación seguindo rigorosamente as especificacións da documentación.
.Verificación das medidas e controis realizados, e cumprimento das especificacións indicadas na documentación.
* Mantemento, diagnóstico e reparación de avarías.
.Selección das ferramentas e aparellos empregados no diagnóstico e reparación de avarías.
.Diagnóstico das avarías simuladas sobre equipos reais da instalación.
.Identificación da avaría polos síntomas e os efectos que produce.
.Plan de intervención para detecta-la causa ou causas da avaría.
.Localización do bloque funcional ou do equipo que alberga a avaría e proceder á súa reparación ou substitución, segundo sexa o caso.
.Medición dos parámetros da instalación e realización dos axustes necesarios co instrumental e procedementos axeitados.
Conceptuais.
* Recompilación e interpretación da documentación técnica.
.Evolución e clasificación das instalacións automatizadas.
.Análise da seguridade, do confort, a comunicación...
.Tipos e características dos elementos que compoñen as instalacións.
.Técnicas básicas e medios utilizados nas transmisións de datos (información) nas instalacións automatizadas.
.Diferentes bloques que interveñen na instalación (alimentación, entradas, saídas, comunicación...).
* Configuración das instalacións automatizadas en vivendas e edificios. Tipos e sistemas.
.Tipos de instalacións automatizadas. Tipos de servicios. Campos de aplicación. Áreas potenciais.
.Elementos que compoñen as instalacións: funcionamento, tipoloxía, características xerais.
.Análise das seccións, cos seus parámetros máis relevantes que compoñen as instalacións automatizadas.
.Especificacións técnicas das instalacións.
.Especificacións funcionais das instalacións.
.Estudio da relación custo-calidade dunha instalación.
.Análise das diferentes configuracións posibles para un caso práctico.
.Criterios de selección da configuración máis axeitada.
.Cálculos utilizados para a configuración dunha instalación.
* Realización de montaxe e posta en servicio de pequenas instalacións.
.Elementos que configuran a instalación automatizada: clasificación e composición.
.Técnicas de manexo das ferramentas específicas para a montaxe.
.Procesos normalizados para a preparación de elementos e materiais .
.Deseño dun proceso operativo para utilizar ferramentas e instrumentos e lograr un acabado de calidade.
.Ferramentas informáticas e de parametrización e axuste utilizadas na posta en marcha de instalacións automatizadas.
* Mantemento, diagnóstico e reparación de avarías.
.Avarías típicas nas instalacións automatizadas: tipoloxía e características xerais.
.Técnicas de localización de avarías. Síntomas e diagnóstico.
.Ferramentas específicas da reparación, axuste e mantemento.
.Técnicas de montaxe e desmontaxe de equipos. Reparación e substitución dos compoñentes avariados.
.Axuste e posta a punto dos equipos e elementos. Instrumentación utilizada.
.Programas informáticos para o diagnóstico e monitorización das instalacións automatizadas para vivendas e edificios.
Actitudinais.
* Instalacións automatizadas en vivendas e edificios.
.Orde e limpeza no manexo da documentación.
.Rigor e respecto na interpretación do Regulamento electrotécnico de BT.
.Orde e método no traballo.
.Valoración de dispoñer da correcta documentación.
.Observación da necesidade do traballo en equipo, tanto á hora de interpreta-los documentos e ó confeccionalos, como no desenvolvemento dos procesos de montaxe.
.Rigor na interpretación da documentación.
.Atención á importancia da orde das operacións nos procesos de montaxe, permitindo realiza-las intervencións nos tempos e calidade predeterminados, optimizándoas.
.Valoración da importancia que ten a realización de memorias, historiais e planos de montaxe e posta en marcha.
.Autocontrol da calidade nas realizacións efectuadas.
.Respecto polas normas de utilización e conservación dos útiles e ferramentas de traballo.
.Rigor na aplicación das medidas de seguridade, tanto persoal como da instalación.
.Respecto pola saúde e o medio ambiente.
.Rigoroso respecto por mante-los valores e parámetros dos axustes dos equipos.
Módulo profesional 4: mantemento de máquinas eléctricas.
Asociado á unidade de competencia 4: construír, manter e ensaiar máquinas eléctricas estáticas e rotativas.
Capacidades terminais elementais
4.1. Seleccionar en catálogos técnico-comerciais os materiais necesarios para a construcción de pequenos transformadores monofásicos e trifásicos, utilizando a documentación técnica do proxecto.
4.2. Seleccionar en catálogos técnico-comerciais as ferramentas e instrumentos necesarios para a
construcción manual de pequenos transformadores monofásicos e trifásicos de pequena potencia, utilizando a documentación técnica do proxecto.
4.3. Deseñar e calcular no formato axeitado transformadores de pequena potencia para a súa posterior construcción, utilizando medios informáticos e/ou manuais.
4.4. Construír no taller de equipos transformadores monofásicos e trifásicos de pequena potencia para a súa aplicación en instalacións eléctricas, utilizando os procedementos normalizados de construcción.
4.5. Realizar en transformadores monofásicos e trifásicos de pequena potencia os ensaios necesarios normalizados para realiza-las probas e verificacións neles, utilizando os instrumentos e medios axeitados.
4.6. Aplicar en transformadores de pequena potencia as normas e recomendacións vixentes na Comunidade Galega para a construcción e verificación deles, utilizando os regulamentos e instruccións axeitadas.
4.7. Seleccionar en catálogos técnico-comerciais os materiais, ferramentas e instrumentos necesarios para o diagnóstico de avarías e mantemento de máquinas de CC e CA de pequena potencia, baseándose na súa documentación técnica.
4.8. Montar e desmontar no taller de equipos máquinas rotativas de CC e CA de pequena potencia, para analiza-las operacións necesarias de mantemento e diagnose de avarías, actuando baixo as normas de seguridade persoal, dos materiais e das ferramentas utilizadas.
4.9. Deseñar e calcular en formato normalizado bobinados de CC e CA para a súa construcción, utilizando programas informáticos e/ou manuais axeitados.
4.10. Construír no taller de equipos bobinados de máquinas rotativas de CC e CA de pequena potencia, analiza-las súas posibles avarías para describi-las operacións de mantemento, utilizando materiais, ferramentas e instrumentos axeitados.
4.11. Realizar en máquinas rotativas de CC e CA de pequena potencia os ensaios necesarios normalizados para realizar probas e verificacións nelas, utilizando os instrumentos e medios axeitados.
4.12. Aplicar en máquinas rotativas de CC e CA de pequena potencia normas e recomendacións vixentes na Comunidade Galega para diagnosticar avarías e realiza-lo mantemento necesario, utilizando regulamentos e instruccións axeitadas.
Contidos básicos (duración 150 horas).
Procedementais.
* Técnicas de construcción de transformadores de pequena potencia.
.Análise, a partir de documentación técnica, de esquemas e planos de transformadores de pequena potencia, tanto monofásicos como trifásicos.
.Confección dos esquemas e planos (croquis, esbozos,..) necesarios para a súa construcción.
.Cálculos necesarios, utilizando métodos manuais e/ou informáticos.
.Selección e provisión de materiais e ferramentas necesarios para a construcción do transformador calculado.
.Secuencia das fases do proceso de construcción.
.Construcción do transformador calculado.
.Técnicas e procesos de posta en servicio e dos ensaios necesarios.
* Realización de bobinados de máquinas eléctricas rotativas de pequena potencia.
.Análise, a partir de documentación técnica, de planos e esquemas de máquinas eléctricas rotativas. Conxuntos mecánicos. Localización das súas partes fixas e móbiles. Esbozos ou bosquexos dos elementos.
.Análise dos elementos do circuíto inductor e inducido.
.Deducción das características do bobinado.
.Cálculo de bobinados, utilizando medios manuais e/ou informáticos.
.Análise e deseño de esquemas de bobinado.
.Selección e provisión de materiais e ferramentas necesarios para a realización do bobinado.
.Construcción do bobinado utilizando medios e equipos necesarios.
.Técnicas de montaxe, desmontaxe e conexións de bobinado.
.Análise da placa de características de máquinas eléctricas rotativas.
* Mantemento, diagnóstico e reparación de máquinas eléctricas de pequena potencia.
.Planificación de actuación nos diferentes tipos de mantemento de máquinas eléctricas.
.Análise de ferramentas informáticas aplicadas ó mantemento.
.Planificación de intervención para o diagnóstico, localización e reparación de avarías de máquinas eléctricas de pequena potencia aplicando os métodos axeitados. Montaxe e desmontaxe. Substitución dos elementos avariados.
.Métodos de ensaios normalizados e posta en servicio de diferentes máquinas eléctricas.
.Análise de informes e partes de avarías.
Conceptuais.
* Técnicas de construcción de transformadores de pequena potencia.
.Esquemas e planos de transformadores de pequena potencia. Simboloxía. Documentación técnica.
.Características funcionais e constructivas dos transformadores monofásicos e trifásicos.
.Características dos materiais.
.Características da montaxe e conexión.
.Métodos para o cálculo. Ferramentas usadas no cálculo.
.Ferramentas e equipos de montaxe.
.Ensaios normalizados. Normativa. Ferramentas e equipos.
* Realización de bobinados de máquinas eléctricas rotativas de pequena potencia.
.Características funcionais e constructivas das máquinas rotativas de corrente eléctrica. Placa de características.
.Esquemas de máquinas eléctricas rotativas. Conxuntos mecánicos.
.Esquemas e planos de bobinados. Simboloxía.
.Bobinados: tipos e materiais.
.Métodos para o cálculo. Ferramentas utilizadas para o cálculo.
.Equipos e ferramentas para a construcción e montaxe dun bobinado.
* Mantemento, diagnóstico e reparación de máquinas eléctricas de pequena potencia.
.Tipos e programas de mantemento aplicados ás máquinas eléctricas.
.Avarías das máquinas eléctricas. Tipos. Localización.
.Ferramentas e equipos utilizados no diagnóstico e reparación de avarías de máquinas eléctricas.
.Ferramentas informáticas aplicadas ó mantemento.
.Técnicas de montaxe e desmontaxe de máquinas eléctricas.
.Tipos de ensaios normalizados en máquinas eléctricas.
.Informes típicos empregados para o mantemento de máquinas eléctricas. Documentación utilizada.
Actitudinais.
* Mantemento de máquinas eléctricas.
.Orde e limpeza no manexo da documentación.
.Rigor na interpretación da documentación.
.Autoorganización nas secuencias das operacións que se han de realizar na montaxe e desmontaxe de transformadores, bobinados e operacións de mantemento.
.Orde e método de traballo.
.Respecto polas normas de utilización e conservación dos útiles e ferramentas de traballo.
.Atención á conexión de equipos e interpretación dos parámetros e medidas.
.Execución das operacións con autosuficiencia e seguridade.
.Autoavaliación sistemática das operacións realizadas.
.Respecto pola saúde e o medio ambiente.
.Rigor na aplicación das medidas de seguridade, tanto persoal como da instalación.
.Rigor na utilización de ferramentas, equipos e materiais.
.Valoración da importancia de realizar correctamente o mantemento.
.Valoración da importancia de dispoñer e realizar unha correcta documentación do proceso.
Módulo profesional 5: administración, xestión e comercialización na pequena empresa.
Asociado á unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.
Capacidades terminais elementais
5.1. Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.
5.2. Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa.
5.3. Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e medioambientais que regulan a actividade.
5.4. Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.
5.5. Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
5.6. Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.
5.7. Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.
5.8. Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.
5.9. Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.
5.10. Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.
5.11. Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.
5.12. Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.
5.13. Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.
Contidos básicos (duración 65 horas).
Procedementais.
.Identificación dos distintos tipos de empresas.
.Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.
.Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.
.Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.
.Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.
.Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.
.A partir duns datos concretos, cubrimento dos seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.
.Interpretación dos diferentes documentos contables.
.Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.
.Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.
.Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.
.Cubrimento da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.
.Identificación dos distintos impostos que afectan á empresa.
.Definición dun proxecto de creación dunha empresa.
-Descrición dos obxectivos empresariais.
-Estudio económico do mercado.
-Selección da forma xurídica.
-Determinación das xestións de constitución.
-Xustificación da localización.
-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.
-Valoración da viabilidade.
Conceptuais.
.A empresa e o seu contorno.
.Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.
.Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.
.Formas xurídicas das empresas.
.A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.
.Xestión de constitución dunha empresa.
.Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.
.Xestión do persoal.
.Tipos de contratos laborais.
.Réxime de autónomos.
.Retribución salarial.
.Cotizacións á Seguridade Social.
.Xestión administrativa.
.Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo,cheque e letra de cambio.
.Os libros contables e contas anuais.
.Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.
.Xestión comercial.
.O producto ou servicio: características e requisitos.
.A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.
.A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.
.A distribución do producto: canles e modalidades.
.A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.
.Obrigas fiscais.
.O calendario fiscal.
.Os principais impostos que afectan á actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.
.Liquidación do IVE.
.Liquidación do IRPF.
Actitudinais:
.Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.
.Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.
.Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.
.Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.
.Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.
.Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.
.Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.
.Aportación de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.
.Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio.
3.3. Módulos profesionais transversais.
Módulo profesional 6 (transversal): relacións no equipo de traballo.
Capacidades terminais elementais
6.1. Describi-las diferentes vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instruccións e información.
6.2. Utilizar de maneira eficaz as técnicas de comunicación orais e escritas.
6.3. Analiza-las relacións humanas en xeral e as relacións humanas no ámbito laboral ou relacións laborais en particular.
6.4. Analiza-los conflictos e resolver, no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinan no contorno dun grupo de traballo.
6.5. Integrarse nun equipo de traballo unificando e coordinando as necesidades do grupo nuns obxectivos, políticas e/ou directrices predeterminadas.
6.6. Participar e/ou moderar reunións, colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.
6.7. Impulsa-lo proceso de motivación e analiza-la súa influencia no clima laboral.
Contidos básicos (duración 65 horas).
Procedementais.
* A comunicación na empresa.
.Elaboración de documentos a partir de datos concretos.
.Utilización das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.
.Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.
.Identifica-las alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.
* Negociación e solución de problemas.
.Identificación dos problemas, factores e causas que xeran un conflicto.
.Discriminar entre datos e opinións.
.Distingui-las diferentes posturas e intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.
.Presentación clara e ordenada do proceso seguido e os resultados obtidos na resolución dun problema.
* Equipos de traballo.
.Busca de información e análise dela, referida á formación e funcionamento de grupos.
.Identificación das pautas de conducta que deben adopta-los participantes dun grupo de traballo.
.Exposición das ideas propias de maneira clara e concisa.
.Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.
.Descrición da tipoloxía de participantes dunha reunión.
.Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.
* Motivación no contorno laboral.
.Analiza-la actitude humana ante o traballo.
.Detecta-lo proceso de motivación tomando exemplos da realidade.
.Identificación das diferencias entre as principais teorías sobre a motivación.
.Distingui-los factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo dos que xerarían un clima laboral negativo.
Conceptuais.
* A comunicación na empresa.
.Tipos de comunicación.
.Técnicas de comunicación.
.Comunicación oral e escrita de instruccións.
.A mensaxe publicitaria.
.A comunicación como xeradora de comportamentos.
.Dificultades e barreiras na comunicación.
* Negociación e solución de problemas.
.Concepto e elementos dunha negociación.
.Tácticas negociadoras.
.Proceso de resolución de problemas.
.Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.
* As relacións humanas.
.As relacións humanas: a personalidade, as actitudes, os prexuízos, a solidariedade.
.As relacións laborais: teoría de Taylor, Ford, Mayo.
.As relacións humanas na empresa.
* Equipos de traballo.
.Características dos grupos formais e informais.
.Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.
.Roles dos comportamentos.
.Técnicas de dinamización e dirección de grupos.
.A reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.
* Motivación no contorno laboral.
.Concepto de motivación.
.Principais teorías da motivación.
.O clima laboral.
.O clima laboral e a súa influencia na productividade da empresa.
Actitudinais:
* A comunicación na empresa.
.Logra-la práctica da comunicación efectiva.
.Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.
.Capacidade para escoitar.
.Afacerse a falar en público.
.Reacción de forma creativa ante as barreiras comunicativas.
* Negociación e solución de problemas.
.Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.
.Apreciación do poder de influencia.
.Comportamento de maneira responsable e coherente.
.Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considere como máis idónea.
.Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.
* Equipos de traballo.
.Recoñece-las vantaxes do traballo en grupo fronte ó individual.
.Adaptarse e integrarse nun equipo de traballo colaborando, dirixindo ou cumprindo as ordes segundo os casos.
.Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.
.Fomento do uso de reunións participativas.
* Motivación no contorno laboral.
.Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.
.Interese pola problemática que pode suscita-la falta de motivación e interese no traballo.
.Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.
.Sensibilización ante a necesidade da utilizar sistemas creativos e humanos no contorno de traballo.
Módulo profesional 7 (transversal): calidade.
Capacidades terminais elementais
7.1. Describir en formato axeitado os principios básicos da calidade, para comprende-la súa aplicación na industria, utilizando o vocabulario axeitado.
7.2. Interpreta-la información técnica da infraestructura da política industrial sobre calidade na Comunidade Galega e no resto do estado para analiza-los modos de actuación e os plans de calidade vixentes, utilizando as diversas publicacións das entidades nacionais competentes en materia de calidade industrial.
7.3. Analizar en información técnica os distintos sectores ós que se aplica na actualidade a calidade industrial para a súa análise, utilizando as diversas publicacións das entidades nacionais competentes en materia de calidade industrial.
7.4. Identificar nunha estructura organizativa os elementos característicos de calidade do sistema, para aplicalos a unha pequena empresa segundo a súa organización e actividade productiva.
7.5. Identificar nun plan de calidade os compoñentes que interveñen no seu custo, para interpreta-la influencia de cada un deles, utilizando manuais e documentación técnica referente á calidade.
7.6. Aplicar en supostos prácticos sinxelos as diferentes técnicas de identificación das características que afectan á calidade para obter certos graos de fiabilidade nos datos, utilizando a información técnica axeitada.
7.7. Aplicar en supostos prácticos de montaxe e mantemento de equipos e instalacións electrotécnicas as principais técnicas de control por variables e/ou por atributos, para mellora-la calidade, realizando cálculos e gráficos que permitan a interpretación da fiabilidade e características do equipo.
7.8. Establecer nunha pequena empresa a estructura organizativa necesaria para que o plan de calidade se adecue á política de calidade da empresa, utilizando procedementos estandarizados.
7.9. Determinar nunha pequena empresa o sistema de calidade axeitado para integra-las etapas de ins
pección, control do proceso, control integral da calidade e calidade total, de tal xeito que cada unha se incorpore na devandita, e a última en todas elas.
7.10. Elaborar nun formato axeitado a documentación necesaria para a definición, aplicación, seguimento e avaliación dun plan de calidade dunha pequena empresa, utilizando os procedementos estandarizados.
Contidos básicos (duración 65 h).
Procedementais.
* Fundamentos da xestión e calidade na empresa.
.Análise dos elementos do sistema de calidade aplicables á estructura organizativa e actividade productiva.
.Análise das funcións e responsabilidades específicas de calidade que poderían estar distribuídas na organización da empresa.
.Análise das funcións específicas dos elementos da organización da calidade, da interrelación entre eles e da estructura organizativa das empresas.
* Xestión do control de calidade na producción.
Nun suposto práctico dunha empresa dedicada ó deseño ou mantemento de equipos eléctricos:
.Localización das montaxes de conxuntos ou subconxuntos que impliquen a dificultade ou imposibilidade de realización.
.Detección da factibilidade de fabricación para cada elemento ou dimensión crítica, atendéndose ó criterio da capacidade do proceso ou máquina das instalacións do taller.
.Descrición dos criterios de valoración das características que hai que controlar.
.Determinación do tamaño de mostra en función da fiabilidade requirida.
.Elaboración de especificacións de control para subministracións, control do producto e procesos a partir de procedementos establecidos.
.Interpretación e coparticipación no proceso de corrección de erros e desviacións que se produzan durante o proceso de control.
.Solución de continxentes consultando as fontes de información pertinentes.
* Xestión de calidade no deseño. Calidade funcional.
.Seguimento no desenvolvemento do deseño.
.Deducción do tipo de traballo ou aplicación para o que está deseñado.
.Identificación dos puntos débiles dun deseño.
.Determinación das verificacións a que deben ser sometidos os prototipos para detecta-las súas deficiencias.
.Comparación do deseño coa normativa técnica, legal e de seguridade que debe cumprir.
.Identificación das discrepancias entre as características e parámetros do elemento deseñado e as especificacións de deseño que debe cumprir.
.Determinación da congruencia das tolerancias mediante cálculo funcional delas.
.Valoración das incidencias dos erros.
.Elaboración dun AMFE de deseño a un elemento crítico dun conxunto.
.Identificación dos erros.
.Xustificación das aportacións efectuadas á mellora do deseño.
.Formulación de conclusións a partir de valores obtidos nunha experimentación a través dun deseño de experimentos.
.Elaboracións de especificacións de control para a calidade nun deseño e para a proba funcional.
.Realización de informes propoñendo e xustificando as melloras de deseño detectadas na fase de comprobación do deseño.
.Execución das operacións conforme métodos establecidos.
.Recompilación de datos que caracterizan as ocupacións e os seus procedementos de inserción laboral.
Conceptuais.
* Fundamentos da xestión e calidade na empresa.
.Conceptos xerais. Principios e evolución do concepto de calidade.
.Concepto de calidade total. A mellora continua. Modelo europeo de calidade total. Axentes e resultados.
.Elementos integrantes do sistema de aseguramento da calidade. Normas da serie UNE/EN/ISO 9000. Documentación do sistema. Certificación.
* Xestión do control de calidade na producción.
.Pautas e informes de control. Concepto e estructura.
.Fundamentos de estatística e probabilidade. Mostra e poboación. Parámetros que miden a centralización e dispersión. A distribución normal.
.Variabilidade. Gráficas de control por atributos e por variables. Concepto e definición. Criterios de interpretación. Índices de capacidade.
.Control do producto e do proceso. Auditorías do producto. Auditorías do proceso. Metodoloxía xeral. Beneficios. Requisitos.
.Calidade en subministracións. Selección de provedores. Homologación do producto. Control de recepción.
.Aplicación da informática ó control de procesos. Estructura. Entrada/saída de datos.
* Xestión de calidade no deseño. Calidade funcional.
.Toma de datos. Recompilación. Ponderación. Presentación.
.Diagramas de evolución da xestión, causa-efecto. Pareto, afinidades: de árbore, de correlación, dispersión ou distribución. Concepto e definición. Aplicacións. Realizacións e interpretación.
.Remuíño de ideas (Brainstorming). Concepto e definición. Aplicacións. Realización.
.Histogramas. Definición e concepto. Aplicacións. Realización.
.Diagramas de decisión. Definición e concepto. Construcción. Presentación.
.Análise modal de erros, dos seus efectos e criticidade (AMFEAMFEC). Concepto e definición. AMFE de deseño. AMFE de proceso. Pasos previos e desenvolvemento. Valoración de características. Seguimento.
.Análise de valor. Definición e concepto. Etapas básicas, fases e técnicas.
.Principios do deseño de experimentos. Definición e concepto. Deseños factoriais. Significancia dos coeficientes.
.Fiabilidade, mantibilidade. Definición e concepto. Factores que interveñen. Medición.
.Dispoñibilidade. Definición e concepto. Relación con fiabilidade e mantibilidade. Parámetros de estimación.
.Manuais e informes de calidade de deseño. Concepto. Estructura. Organización. Xestión.
.Homologación de productos. Normativa. Certificación de productos.
.Aplicación da informática ó control de calidade no deseño. Softwares (Xestión de AMFEC`s, deseño de experimentos...) Estructuras. Entrada/saída de datos.
.Ocupacións relacionadas coas competencias profesionais: condicións de traballo, requisitos de acceso máis característicos.
.Experiencia profesional e formación continua: traxectorias de promoción profesional, reciclaxe máis habitual, institucións que o imparten, estudios universitarios e non universitarios asociados a eles.
Actitudinais.
* Calidade.
.Respecto e cumprimento dos procedementos e normas de actuación establecidas.
.Actuación responsable no desenvolvemento e execución das actividades propostas.
.Execución dilixente das operacións conforme a métodos establecidos.
.Disposición, ó seu nivel, para a toma de decisións coherente ante situacións que o requiren.
.Interese por obter información que permita contrarresta-los intereses profesionais e as actitudes propias.
Módulo profesional 8 (transversal): seguridade nas instalacións eléctricas.
Capacidades terminais elementais
8.1. Identificar en equipos e instalacións eléctricas de MT e BT, os riscos de accidente e as causas máis comúns para describi-los métodos de prevención, protección e medidas de seguridade axeitadas, utilizando a normativa vixente sobre a seguridade e hixiene na Comunidade Galega.
8.2. Aplicar no contorno do traballo as normas relativas á limpeza e orde, para cumpri-la normativa vixente, utilizando métodos axeitados.
8.3. Describir en formato axeitado as normas de parada e manipulación, tanto externa como interna dos sistemas, máquinas e instalacións eléctricas para aplicalas a determinadas situacións anómalas, utilizando o vocabulario e a simboloxía idóneas.
8.4. Describir en formato axeitado as normas sobre simboloxía e situación física de sinais, alarmas, equipos contra incendios e equipos de curas e primeiros auxilios para identificar nas instalacións eléctricas reais (FCT) as zonas de risco e o risco específico, utilizando o vocabulario e a simboloxía idóneos.
8.5. Interpretar en documentación técnica as características, tipos, finalidade e uso dos equipos de extinción de incendios, equipos e medios relativos a curas, primeiros auxilios e traslado de accidentados, para a súa aplicación en instalacións eléctricas, a partir de manuais de uso e normas de seguridade e hixiene axeitadas.
8.6. Describir en formato axeitado as situacións de risco e perigo para a seguridade persoal detectándoas en instalacións reais (FCT), utilizando o vocabulario idóneo nas recomendacións vixentes de seguridade.
8.7. Relacionar no desenvolvemento das tarefas os medios e equipos de protección persoal coas situacións de riscos, para a súa utilización axeitada en instalacións eléctricas reais (FCT), aplicando a normativa vixente de seguridade.
8.8. Executar en instalacións simuladas e reais (FCT) accións de emerxencia, evacuación e contra incendios para aplica-la normativa vixente, empregando procedementos axeitados de actuación.
8.9. Analizar en empresas do sector de montaxe e mantemento de equipos e instalacións eléctricas casos de accidentes reais para identifica-las causas, factores de risco e medidas que evitasen o accidente, avaliando as responsabilidades do traballador e da empresa.
Contidos básicos (duración 65 horas).
Procedementais.
* Normativa e regulamentación.
.Realización de análises comparativas das normas particulares aplicadas a plans de traballo e coa lexislación vixente.
.Realización de plans de seguridade e a súa aplicación na montaxe e mantemento de máquinas e instalacións eléctricas.
* Medios, equipos e técnicas de seguridade.
.Elaboración de plans de intervención.
.Manexo de equipos contra incendios en diferentes casos simulados de incendio.
.Manexo de equipos de protección persoal no sector eléctrico.
.Realización de simulacros de protección de equipos ou instalacións eléctricas.
.Aplicación de primeiros auxilios dun accidentado por electrocución nun caso simulado. Evacuación.
* Factores e situacións de risco e emerxencia.
.Identificación dos factores de risco, describindo as medidas de prevención correspondentes en supostos prácticos.
.Identificación de lugares e actividades perigosas no desempeño da súa función.
.Identificación das causas dun accidente laboral simulado.
.Realización da avaliación de responsabilidades do traballador e da empresa nun suposto de accidente laboral.
Conceptuais.
* Normativa e regulamentación.
.Normas sobre orde e limpeza no contorno eléctrico.
.Normativa vixente sobre seguridade e hixiene no sector de montaxe e mantemento de sistemas e equipos eléctricos.
.Planos de seguridade particulares: simboloxía, situación da sinalización, alarmas, equipos de curas e primeiros auxilios.
* Medios, equipos e técnicas de seguridade.
.Equipos de protección persoal. Roupas e útiles necesarios. (Propiedades e características).
.Equipos de seguridade e protección en máquinas e instalacións eléctricas. Tipos, características, aplicabilidade.
.Equipos contra incendios. Tipoloxía. Características. Aplicación.
.Características dos lugares de riscos e situacións de emerxencia. Sinalización. Alarmas.
.Equipos e medios de primeiros auxilios e traslado de accidentados: descrición, características. Manexo e aplicación.
.Sistemas de ventilación e evacuación de residuos.
.Sistemas de evacuación e traslado de accidentados.
* Factores e situacións de risco e emerxencia.
.Riscos e causas de accidentes no sector de montaxe e mantemento eléctrico.
Actitudinais.
* Seguridade nas instalacións eléctricas.
.Rigor na interpretación da documentación.
.Rigor na análise e interpretación dos planos de seguridade.
.Manter unha actitude crítica ante os dereitos e deberes dos traballadores e da empresa en materia de seguridade e hixiene.
.Orde e limpeza no manexo da documentación.
.Respecto polas normas de utilización e conservación dos útiles e equipos de seguridade.
.Rigor nas medidas de seguridade, tanto persoais como da instalación.
.Atención ás medidas de risco e accidente.
.Rigor na aplicación das instruccións de emerxencia.
.Iniciativa ante situacións de perigo inminente.
.Autonomía e dilixencia na atención de accidentados.
.Respecto pola saúde e o medio ambiente.
.Execución das operacións con autosuficiencia e seguridade.
Módulo profesional 9 (transversal): electrotecnia.
Capacidades terminais elementais
9.1. Describir en formato axeitado os principios, propiedades e leis características dos fenómenos eléctricos e electromagnéticos para a análise de circuítos eléctricos de CC e CA, empregando o vocabulario axeitado.
9.2. Describir en formato axeitado as magnitudes e unidades eléctricas e magnéticas básicas para aplicalas na análise dos circuítos de CC e CA, empregando o vocabulario axeitado.
9.3. Calcular en supostos circuítos eléctricos de CC e CA, con elementos pasivos, as magnitudes características para a resolución dos ditos circuítos, seleccionando leis e regras básicas máis axeitadas.
9.4. Describir en formato axeitado as propiedades, tipos, características e aplicacións dos materiais magnéticos para a análise de circuítos electromagnéticos, empregando o material idóneo.
9.5. Interpretar en supostos circuítos eléctricos de CC e CA os símbolos e signos empregados para a súa análise, utilizando a simboloxía axeitada.
9.6. Describir en formato axeitado as características eléctricas básicas e as conexións do sistema eléctrico trifásico, para a análise das vantaxes e inconvenientes en relación con outros sistemas polifásicos, empregando o vocabulario e a simboloxía idóneos.
9.7. Relacionar en sistemas eléctricos trifásicos equilibrados as magnitudes eléctricas de tensión e intensidade para comparalas na conexión estrela e triángulo, analizando cómo se establece a dita relación.
9.8. Analizar en sistemas trifásicos a potencia activa, reactiva e aparente para relacionalas coa intensidade consumida e o factor de potencia utilizando procedementos axeitados.
9.9. Analizar en sistemas trifásicos a corrección do factor de potencia para describi-los métodos de corrección, utilizando información axeitada.
9.10. Describir en formato axeitado o funcionamento e características básicas das máquinas eléctricas estáticas e rotativas: transformadores monofásicos e trifásicos, xeradores e motores de CC, alternadores, motores de CA monofásicos e trifásicos para a análise da utilización correcta delas, empregando a simboloxía e o vocabulario idóneos.
9.11. Describir en formato axeitado a constitución, o funcionamento e as características básicas das baterías e acumuladores, para a análise da súa correcta utilización co vocabulario e simboloxía idóneos.
9.12. Identificar en instrumentos de medida os símbolos normalizados e as características máis importantes para a súa correcta utilización a partir de esquemas, planos e instrumentos reais de medida.
9.13. Conectar en circuítos eléctricos e/ou electrónicos os instrumentos axeitados a cada magnitude para medir e interpreta-los resultados obtidos seguindo os procedementos normalizados de conexión.
9.14. Relacionar en circuítos eléctricos e/ou electrónicos as magnitudes básicas calculadas coas mesmas medidas con instrumentación para confirma-la súa igualdade a partir de procedementos axeitados de cálculo e medida.
9.15. Realizar no taller de equipos electrotécnicos os ensaios de máquinas eléctricas estáticas e rotativas de pequena potencia, para obte-las curvas características de rendemento e electromecánicas en transformadores trifásicos, motor de continua e motor trifásico de inducción de CA, a partir de esquemas e procedementos normalizados.
9.16. Interpretar en circuítos electrónicos analóxicos básicos o funcionamento, a simboloxía e as características básicas dos compoñentes electrónicos para
a análise dos ditos circuítos a partir de esquemas e circuítos reais.
9.17. Analizar en circuítos electrónicos analóxicos básicos os que son con elementos discretos e con circuítos integrados para distingui-las características diferenciais a partir de esquemas.
9.18. Seleccionar en información técnica os compoñentes electrónicos que serían axeitados para unha determinada aplicación a partir de catálogos técnicos comerciais.
Contidos básicos (duración 190 horas).
Procedementais.
* Fenómenos eléctricos e electromagnéticos. Resolución de circuítos característicos.
.Identificación de símbolos normalizados.
.Interpretación de esquemas e circuítos eléctricos básicos.
.Debuxar esquemas eléctricos aplicando a normativa e simboloxía axeitada.
.Métodos para selecciona-la lei ou regra máis axeitada para a análise e realización de circuítos.
.Cálculo das magnitudes características de circuítos eléctricos e magnéticos e dos circuítos resoantes en serie e paralelo.
.Montaxe de circuítos eléctricos característicos en serie, paralelo e mixtos.
.Medida de magnitudes eléctricas básicas. Resistencia, tensión, intensidade e frecuencia.
.Contraste dos resultados obtidos no cálculo cos realizados con aparellos de medidas.
.Cálculo do factor potencia. Mellora do factor potencia.
.Realización de informes-memoria das actividades realizadas, atendendo ó proceso establecido para a súa execución.
* Sistemas polifásicos.
.Identificación dos diferentes sistemas polifásicos e as súas conexións.
.Comprobación da relación das magnitudes características nos diferentes tipos de conexión.
.Corrección do factor de potencia das cargas trifásicas.
* Electrónica analóxica básica.
.Identificación dos compoñentes activos e pasivos dun circuíto analóxico básico (rectificador, filtro, amplificador, multivibrador) relacionando os seus símbolos cos elementos reais.
.Descrición das distintas tipoloxías normalizadas por cada familia de compoñentes.
.Identificación do estado do compoñente electrónico (curto, aberto ou en bo estado).
.Identificación das terminais dos compoñentes electrónicos básicos utilizando o polímetro.
.Identificación dos bloques funcionais presentes nos circuítos electrónicos básicos, explicando as características e tipoloxía.
.Cálculo e medición das magnitudes básicas características de circuítos electrónicos analóxicos básicos.
.Interpretación das curvas características máis significativas dos compoñentes electrónicos analóxicos básicos.
.Contraste de magnitudes básicas calculadas coas medidas realizadas.
.Comprobación da variación dos parámetros característicos dos circuítos por modificación ou avarías dos seus compoñentes.
.Selección dos compoñentes reais que poden utilizarse en cada circuíto.
.Interpretación dos parámetros fundamentais dos compoñentes electrónicos básicos que aparecen nos catálogos comerciais.
* Máquinas eléctricas estáticas e rotativas.
.Identificación dos diferentes tipos de máquinas eléctricas estáticas e rotativas.
.Conexionado e posta en servicio.
.Selección da documentación necesaria para a realización dos ensaios.
.Interpretación dos esquemas de conexionado, relacionando os símbolos cos elementos reais.
.Selección dos equipos e instrumentos de medida que se deben utilizar nos ensaios, explicando a función de cada un deles.
.Análise do protocolo normalizado, aplicando os procedementos axeitados de conexionado e medidas.
.Análise dos formatos normalizados para a recollida dos datos que figuran nos ensaios.
.Representación gráfica dos datos obtidos relacionando entre si as distintas magnitudes características, explicando as diferentes zonas da gráfica e interpretando a través delas os aspectos funcionais da máquina.
* Medidas.
.Identificación das magnitudes que se deben medir e o seu rango.
.Selección do instrumento de medida e elementos auxiliares máis axeitados. Conexionado.
.Medición das magnitudes básicas características dos circuítos eléctricos e electrónicos.
.Medidas das magnitudes fundamentais nos sistemas trifásicos.
.Interpretación dos resultados obtidos nas medidas realizadas, relacionando os efectos que se producen coas causas que os orixinan.
.Realización de informes-memoria nos que se recolla o desenvolvemento das actividades de medidas.
Conceptuais.
* Fenómenos eléctricos e electromagnéticos. Resolución de circuítos característicos.
.Fenómenos físicos da electricidade e electromagnetismo. Principios. Propiedades. Leis. Aplicacións.
.Fenómenos químicos da electricidade. Pilas e acumuladores. Tipos e características.
.Leis básicas utilizadas no estudio de circuítos eléctricos e magnéticos. Lei de Ohm, Kirchoff, Joule, Ampere, Lenz, Hopkinson.
.Magnitudes eléctricas e magnéticas básicas (resistencia, tensión, intensidade, frecuencia, potencia, forza electromotriz, intensidade de campo, fluxo, inducción). Unidades.
.Circuítos en serie, paralelo e mixtos. Simboloxía. Resolución de circuítos. Cálculos fundamentais.
.Factor de potencia. Unidades. Elementos que contribúen a corrixilo.
* Sistemas polifásicos.
.Sistemas monofásicos, bifásicos e trifásicos. Características fundamentais. Vantaxes e inconvenientes de cada un.
.Conexión estrela-triángulo. Características.
.Sistemas equilibrados e desequilibrados. Características. Diferencias.
.Magnitudes básicas (V,I,W.). Sistemas de medición.
.Factor de potencia en sistemas polifásicos. Medidas de corrección e optimización.
* Electrónica analóxica básica.
.Compoñentes electrónicos analóxicos básicos (resistencias, bobinas, condensadores, díodos, transistores, tiristores, GTO, compoñentes optoelectrónicos ). Tipos e ámbito de aplicacións. Curvas características.
.Circuítos electrónicos analóxicos básicos (rectificadores, filtros amplificadores, multivibradores, fontes de alimentación, circuítos básicos de control de potencia, circuítos de control de tempo).
.O amplificador operacional. Principio de funcionamento. Características. Montaxes básicas.
.Características diferenciais entre os circuítos electrónicos analóxicos básicos constituídos con elementos discretos e os constituídos con circuítos amplificadores operacionais integrados.
* Máquinas eléctricas estáticas ou rotativas.
.Máquinas eléctricas estáticas ou rotativas: Clasificación.
.Construcción, principio de funcionamento, tipoloxía e características dos transformadores monofásicos e trifásicos.
.Constitución, tipoloxía e conexionado das máquinas de CC.
.Principio de funcionamento e características específicas dos xeradores e motores de CC.
.Constitución, principio de funcionamento, tipoloxía, conexionados e características dos alternadores e motores de CA, monofásicos e trifásicos.
.Ensaios fundamentais e normalizados que se deben realizar coas máquinas eléctricas estáticas e rotativas, identificando as magnitudes que deben medir. Curvas características que relacionan as ditas magnitudes.
* Medidas.
.Tipoloxía, clases e procedementos de uso dos instrumentos de medida utilizados nos circuítos electrónicos e electrotécnicos básicos (voltímetro, amperímetro, frecuencímetro, ohmetro, vatímetro, polímetro, osciloscopio...). Características fundamentais.
.Simboloxía utilizada nos aparellos de medida. Significado e aplicación. Placa de características.
.Condicións de seguridade e precaucións que hai que ter en conta na utilización dos instrumentos de medida.
Actitudinais.
* Electrotecnia.
.Orde e limpeza no manexo da documentación.
.Rigor na interpretación da documentación.
.Orde e método de traballo.
.Respecto polas normas de utilización e conservación de útiles e ferramentas.
.Atención á conexión de equipos e interpretación de parámetros e medicións.
.Respecto pola saúde e o medio ambiente.
.Rigor na aplicación das medidas de seguridade, tanto persoais como da instalación.
.Valora-la importancia da realización de memorias e informes á hora de dispoñer de documentación para a súa consulta.
.Valoración da importancia de dispoñer da correcta documentación.
.Atención ás normas de utilización de equipos e sistemas.
.Rigor na exactitude das medidas realizadas.
.Valoración da necesidade do traballo en equipo, tanto á hora de interpreta-los documentos dos equipos electrónicos, como no desenvolvemento da súa función.
.Autoavaliación das secuencias das operacións que se deben realizar para os ensaios.
Módulo profesional 10 (transversal): instalacións eléctricas de interior.
Capacidades terminais elementais
10.1. Analiza-lo Regulamento Electrotécnico de BT e as normas vixentes na Comunidade Galega referentes ás instalacións eléctricas de interior, para edificios destinados principalmente a vivendas.
10.2. Analizar, en información técnica, as características de instalacións eléctricas de interior, para establece-los seus graos de electrificación, tendo en conta superficie e potencia contratada.
10.3. Seleccionar en información técnica os materiais e equipos necesarios para a construcción de instalacións eléctricas de interior, utilizando a documentación técnica dun proxecto.
10.4. Analizar en instalacións de interior, simuladas ou reais, os elementos que as constitúen, identificando os parámetros e características máis relevantes e bloques funcionais, introducindo modificacións nos compoñentes.
10.5. Analizar nun proxecto tipo a distribución de circuítos de forza e alumeado dun edificio destinado principalmente a vivendas.
10.6. Elaborar en formato axeitado o cálculo de previsións de potencia nunha instalación dun edificio destinado principalmente a vivendas, utilizando a normativa e regulamentación vixentes na Comunidade Galega.
10.7. Elaborar en formato axeitado o cálculo de sección dos conductores, e diámetro dos tubos necesarios en cada un dos tramos da instalación dun pequeno edificio, en función da potencia, e aplicando procedementos normalizados.
10.8. Elaborar en formato axeitado os cálculos necesarios para determina-las características dos mecanismos de corte e protección dun cadro de distribución de instalacións eléctricas de interior, aplicando os procedementos normalizados.
10.9. Realizar sobre unha instalación tipo, as medidas de magnitudes básicas, para interpreta-los resultados obtidos e corrixi-los parámetros de bo funcionamento operando axeitadamente os instrumentos aplicando, coa seguridade requirida, procedementos axeitados.
10.10. Seleccionar, no taller de instalacións, as ferramentas básicas para o mecanizado de cadros e realización de instalacións de BT, e describindo as súas características.
10.11. Seleccionar no taller de instalacións os materiais necesarios para a montaxe dunha instalación eléctrica simulada de interior, a partir de documentación técnica.
10.12. Realizar no taller de instalacións a montaxe de canalizacións, tubos, conductores e accesorios utilizados en instalacións eléctricas de interior, aplicando procedementos requiridos e actuando baixo normas de seguridade persoal e do material.
10.13. Localizar e diagnosticar en instalacións de interior, simuladas ou reais, avarías típicas, para a súa posterior reparación, utilizando ferramentas e instrumental axeitado e elaborando os informes necesarios.
10.14. Realizar en instalacións de interior simuladas ou reais as operacións necesarias para o seu mantemento, confirmando o estado da instalación e utilizando procedementos normalizados de actuación.
10.15. Elaborar en formato axeitado un pequeno proxecto de instalación de interior coa documentación técnico-administrativa necesaria, manexando catálogos técnico-comerciais e auxiliándose de medios informáticos.
Contidos básicos (duración 210 horas).
Procedementais.
* Montaxe e mecanizado de instalacións eléctricas de vivendas e edificios.
.Identificación do tipo de instalación.
.Análise, a partir de documentación técnica, de esquemas e planos das instalacións.
.Confección de esquemas ou planos das instalacións coa distribución e localización dos elementos.
.Identificación das distintas operacións que se deben realizar na montaxe.
.Selección dos elementos e equipos que configuran a instalación.
.Selección das ferramentas axeitadas.
.Preparación e mecanizado de envolventes, canalizacións, conductores e materiais que se van utilizar.
.Conexionado dos distintos elementos.
.Análise dos sistemas de protección.
.Identificación do código de cores para o cableado.
.Técnicas de montaxe de diferentes tipos de instalacións de interior.
.Verificación do funcionamento das instalacións.
.Realización de informe-memoria sobre as instalacións.
* Dimensionado de instalacións eléctricas de interior.
.Interpretación do REBT e normas complementarias da Consellería de Industria e Enerxía da Comunidade Galega, aplicables ó dimensionado de instalacións de interior.
.Análise da previsión e reparto de cargas.
.Análise da distribución dos circuítos de iluminación e carga.
.Deducción dos niveis de electrificación.
.Análise e deducción da instalación de posta a terra.
.Análise e deducción dos sistemas de protección.
.Cálculo de sección de conductores, canalizacións e elementos de corte e protección de instalacións de interior, utilizando medios informáticos e/ou manuais.
.Selección das compoñentes e dispositivos das instalacións eléctricas de interior.
.Elaboración da documentación técnico-administrativa (boletíns, carpetas..) vixentes na Comunidade Galega e referentes a instalacións de interior.
* Medidas nas instalacións eléctricas de BT.
.Identificación das magnitudes que se van medir.
.Identificación dos instrumentos de medida.
.Selección dos instrumentos de medida.
.Medida de diferentes magnitudes eléctricas necesarias en instalacións de interior. Preparación de escalas. Conexións. Normas.
.Interpretación dos resultados obtidos.
.Análise de informes de medida.
* Diagnóstico e reparación de avarías en instalacións eléctricas de interior.
.Identificación dos síntomas das avarías.
.Análise das posibles causas de avarías.
.Interpretación da documentación técnica.
.Selección de probas e medidas que se van realizar.
.Formulación do diagnóstico.
.Localización do bloque funcional e das compoñentes responsables da avaría.
.Técnicas da reparación de avarías.
.Verificación do correcto funcionamento da instalación.
.Técnicas de mantemento en instalacións de interior.
.Análise de informes de diagnóstico e reparación.
Conceptuais.
* Montaxe e mecanizado de instalacións eléctricas de vivendas e edificios.
.Instalacións eléctricas de interior: tipos, características, elementos, partes funcionais. Instalacións de posta a terra.
.Esquemas e planos eléctricos. Simboloxía.
.Instalacións en locais públicos.
.Instalacións en locais de características especiais.
.Instalacións de iluminación.
.Iluminación de seguridade.
.Regulamentación:
.REBT.
.Normas da Consellería de Industria e Enerxía da Comunidade Galega.
.NTE.
.UNE.
.Normas de Seguridade Eléctrica.
.Proceso de mecanizado e montaxe básicos.
.Ferramentas utilizadas. Mantemento e conservación delas.
* Dimensionado de instalacións eléctricas de interior.
.Demanda de carga nos edificios. Previsión.
.Instalacións de posta a terra.
.Niveis de electrificación.
.Circuítos de iluminación e forza.
.Tipos de instalacións de locais non destinados a vivendas.
.Apartados característicos dos documentos técnico-administrativos vixentes na Comunidade Galega e referentes a instalacións de interior.
.Métodos para o cálculo e dimensionado de instalacións de interior. Ferramentas utilizadas para o cálculo (programas informáticos, catálogos, manuais..).
* Medidas nas instalacións eléctricas de BT.
.Magnitudes eléctricas en instalacións de interior.
.Aparellos de medida. Simboloxía. Placa de características. Normas.
.Manexo dos instrumentos de medida.
.Conexións e sistemas de lectura.
.Ampliación do alcance de medida.
* Diagnóstico e reparación de avarías en instalacións eléctricas de interior.
.Avarías típicas en instalacións de interior.
.Técnicas de localización de avarías. Diagnóstico. Síntomas.
.Procesos xerais na reparación de avarías. Ferramentas e instrumentos que se van utilizar.
.Planos de actuación nos mantementos. Técnicas de mantemento.
.Informe de reparación. Apartados.
Actitudinais.
. Instalacións eléctricas de interior.
.Orde e limpeza no manexo da documentación.
.Rigor na interpretación da documentación e regulamentación.
.Autoorganización das secuencias das operacións que se han de realizar na montaxe e mecanizado.
.Orde e método no traballo.
.Respecto polas normas de utilización e conservación dos útiles e ferramentas de traballo.
.Atención á conexión de materiais e equipos.
.Execución das operacións con autosuficiencia e seguridade.
.Autoavaliación sistemática das operacións realizadas.
.Valoración de acada-la calidade prevista nos traballos realizados.
.Respecto pola saúde e o medio ambiente.
.Rigor na aplicación das medidas de seguridade, tanto persoal como da instalación.
.Orde e limpeza ó cubri-la documentación técnico-administrativa.
.Respostas ás posibles suxestións do equipo técnico.
.Valoración da importancia dos sistemas de protección das instalacións.
.Rigor na exactitude das medidas realizadas.
.Autocontrol da calidade das reparacións efectuadas.
.Realización de planos persoais de verificación e comprobación antes de somete-las instalacións ó servicio normal.
.Realización das intervencións no tempo predeterminado.
Módulo profesional 11 (transversal): automatismos e cadros eléctricos.
Capacidades terminais elementais
11.1. Analizar nas distintas áreas de aplicación dos automatismos eléctricos a tipoloxía e características propias para identifica-los distintos equipos e materiais utilizados, diferenciando os elementos que interveñen nos automatismos cableados e nos programados.
11.2. Analizar nos esquemas eléctricos dun automatismo as diferentes partes existentes para discrimina-lo circuíto de mando do circuíto de potencia, identificando os distintos símbolos dos elementos que os compoñen.
11.3. Identificar sobre un caso práctico de automatismo cableado a secuencia de mando do equipo de control, para analiza-lo seu funcionamento, coa documentación técnica del.
11.4. Identificar nun caso práctico de análise dun equipo de control programado a secuencia do mando, para interpreta-lo funcionamento dos circuítos de control e de potencia, partindo da documentación técnica del.
11.5. Realizar nun suposto práctico os cálculos necesarios para a configuración dun control automático, elaborando a documentación técnica necesaria para a súa construcción, utilizando soportes informáticos ou información técnica.
11.6. Configurar sobre o formato axeitado un sinxelo automatismo cableado ou programado, para documenta-lo proceso que se vai seguir na montaxe e probas do equipo, utilizando normativa e documentación vixentes.
11.7. Realizar nun caso práctico dun sinxelo control automático programado dun pequeno proceso secuencial, o diagrama de secuencia do control, para determinar con precisión o número de entradas, saídas e elementos de programa que se van utilizar, codificándoas na linguaxe axeitada para que o programa de control cumpra as especificacións prescritas.
11.8. Analizar sobre un pequeno automatismo programado o programa realizado para documentalo axeitadamente, realizando os diagramas oportunos (de fluxo, GRAFCET...) e os listados do programa en distintas linguaxes (contactos, lista de instruccións, bloques funcionais...), optimizando os recursos utilizados e a información técnica aportada polo fabricante do autómata.
11.9. Analizar na normativa vixente na Comunidade Galega a variedade existente de cadros eléctricos homologados, para a súa clasificación, en función do seu tipo de aplicación, pola súa importancia dentro da instalación, pola súa localización e polas súas características constructivas.
11.10. Identificar nun caso práctico de preparación dunha envolvente para un cadro eléctrico os tipos de operacións de mecanizado máis comúns que se realizan para a construcción e montaxe de cadros eléctricos, describindo as distintas fases que se van seguir, os medios e materiais utilizados en cada unha delas.
11.11. Seleccionar en información técnica os materiais e mecanismos para a montaxe de cadros eléctricos a partir dos planos de montaxe.
11.12. Realizar no taller de equipos o mecanizado dun cadro eléctrico para utilizar destramente as ferramentas necesarias, interpretando axeitadamente os planos e instruccións de montaxe e respectando, en todo momento, as normas de seguridade persoal e das ferramentas e materiais utilizados.
11.13. Realizar no taller de equipos a montaxe dun cadro eléctrico, a distribución dos elementos de suxeición e a fixación do resto dos mecanismos segundo os planos, para efectua-lo interconexionado dos compoñentes, seguindo o código de cores normalizado, asegurando unha correcta conexión eléctrica e respectando, en todo momento, as normas de seguridade persoal e das ferramentas e materiais utilizados, logrando, no tempo previsto, un nivel de calidade axeitado.
11.14. Recoller en formato axeitado os resultados das probas funcionais e das características eléctricas realizadas, para asegurarse do cumprimento das condicións establecidas na documentación do equipo, indicando as medidas e modificacións necesarias para unha axeitada funcionalidade.
11.15. Interpretar na documentación técnica os distintos bloques funcionais do automatismo, para identifica-los sinais eléctricos e os parámetros característicos, analizando o estado dos elementos de mando e potencia en cada momento do proceso.
11.16. Analizar nun suposto práctico as avarías típicas dos equipos e dispositivos utilizados nos automatismos eléctricos para coñece-la tipoloxía e características baseándose en diferentes simulacións.
11.17. Localizar nun automatismo programado o bloque funcional e o equipo ou compoñentes responsables dunha avaría provocada para realiza-las modificacións ou substitucións necesarias para a súa reparación, utilizando os instrumentos necesarios e seguindo os procedementos axeitados, baseándose na documentación técnica da máquina ou proceso.
11.18. Realizar en automatismos eléctricos, ben simulados ou reais, as operacións necesarias para o mantemento, confirmando o estado da instalación e utilizando procedementos normalizados de actuación, e normas e recomendacións vixentes na Comunidade Galega.
Contidos básicos (duración 210 horas).
Procedementais.
* Automatismos eléctricos.
.Identificación dos diferentes tipos de automatismos secuenciais e continuos.
.Análise dun equipo de control. Identificación das variables que se deben controlar. Elaboración das relacións de control.
.Interpretación e elaboración de esquemas de automatismos cableados.
.Técnicas e procesos de simplificación de funcións lóxicas.
.Análise da documentación técnica en función das características do automatismo proposto.
.Construcción de automatismos cableados.
.Verificación e posta en servicio de automatismos eléctricos.
.Análise do diagnóstico de avarías.
* Control de máquinas eléctricas.
.Interpretación da documentación das máquinas eléctricas.
.Conexionado e posta en marcha das máquinas eléctricas.
.Análise do proceso de regulación de velocidade en máquinas eléctricas. Conexionado. Control. Sinalización.
.Montaxe de equipos de medida. Elementos de protección, sinalización en sistemas de arrinque e control de máquinas eléctricas.
.Verificación dos sistemas de control de máquinas eléctricas.
* Autómatas programables.
.Montaxe e desmontaxe de elementos modulares de autómatas programables.
.Conexionado de autómatas con entradas, sinalización, proteccións... e saídas aplicadas a un pequeno proceso de automatización.
.Análise da programación dos autómatas máis utilizados.
.Deseño de diversos programas de aplicación con autómatas. Simboloxía. Linguaxes.
.Planificación do mantemento e reparación de instalacións automatizadas con autómatas programables. Medidas. Verificacións.
* Cadros eléctricos.
.Análise da documentación técnica necesaria para a realización dun cadro.
.Interpretación de planos de montaxe e conexionado.
.Selección de materiais e dispositivos necesarios para a construcción dun cadro.
.Mecanizado dun cadro eléctrico.
.Conexionado dos elementos externos e internos do cadro ( canetas, relés, contactores, pilotos, pulsadores...)
.Posta en servicio.
.Mantemento e reparación de cadros eléctricos propostos.
Conceptuais.
* Automatismos eléctricos.
.Automatismos. Fundamentos.
.Características dos procesos continuos e secuenciais.
.Álxebra lóxica. Funcións e variables. Simplificación.
.Elementos para a realización de automatismos (relé, contactor, sensor e actuador).
.Proteccións. Simboloxía.
.Ferramentas, equipos e materiais utilizados para a montaxe e mantemento de automatismos eléctricos .Tipos. Fundamentos. Características.
.Técnicas de deseño de automatismos eléctricos cableados. Mando e potencia.
.Elementos de protección e sinalización. Tipos e características.
.Técnicas de montaxe e verificación de automatismos cableados.
.Documentación. Manuais técnicos. Proxectos de automatización.
* Control de máquinas eléctricas.
.Características funcionais e constructivas dos elementos de mando e regulación das máquinas eléctricas.
.Elementos de protección, medida e sinalización de máquinas eléctricas. Características funcionais e constructivas.
.Sistemas de arrinque de máquinas eléctricas. Automatismos eléctricos e electrónicos . Características. Tipos. Aplicacións.
.Características dos sistemas de regulación de velocidade. Automatismos eléctricos e electrónicos. Características. Tipos. Aplicacións.
.Control centralizado de motores.
.Documentación técnica. Especificacións.
* Autómatas programables.
.Evolución dos sistemas cableados ós programados.
.Características funcionais dos autómatas programables.
.Estructura interna e externa.
.Entradas e saídas analóxicas e dixitais.
.Técnicas de programación de autómatas. Linguaxes. Diagramas. Simboloxía.
.Elementos empregados no conexionado de autómatas a máquinas eléctricas.
.Avarías máis comúns. Verificación e posta en servicio do automatismo.
.Documentación técnica. Manuais e proxectos de automatización.
* Cadros eléctricos.
.Tipos de cadros eléctricos e aplicacións.
.Envolventes. Características en función da aplicación.
.Planos de mecanizado. Simboloxía. Normalización.
.Materiais para a montaxe.
.Operacións de mecanizado de cadros. Ferramentas. Procesos que se deben seguir.
.Elementos interiores do cadro. Distribución. Canalizacións. Suxeicións. Conduccións normalizadas. Numeración. Simboloxía.
.Probas funcionais e de seguridade.
.Proxectos de cadros eléctricos.
Actitudinais.
* Automatismos eléctricos.
.Orde e limpeza no manexo da documentación.
.Rigor na interpretación da documentación e regulamentación.
.Autoorganización das secuencias das operacións que se han de realizar nos automatismos eléctricos.
.Orde e método de traballo.
.Respecto polas normas de utilización e conservación dos útiles e ferramentas de traballo.
.Atención á conexión de materiais e equipos.
.Execución das operacións con autosuficiencia e seguridade.
.Autoavaliación sistemática das operacións realizadas.
.Valoración de acada-la calidade prevista nos traballos realizados.
.Respecto pola saúde e o medio ambiente.
.Rigor na aplicación das medidas de seguridade tanto persoal como da instalación.
.Rigor na utilización da correcta documentación.
.Atención á importancia de realizar un plan sistemático de programación do autómata.
.Atención na realización das comprobacións necesarias antes de somete-los equipos a tensión.
3.4. Módulo profesional de formación no centro de traballo.
elementais de referenciaCapacidades terminais
Actividades formativas
* Intercomunicación interior de edificios.
* Realizar operacións de montaxe de liñas e equipos eléctricos. * Montaxe dunha centralización de contadores e das conexións necesarias coa liña repartidora e derivacións individuais do edificio.
* Montaxe de instalacións de interior características dos edificios.
* Tendido de liña de distribución eléctrica aérea de MT.
* Tendido de liña de distribución eléctrica subterránea de MT.
* Tendido de liña de distribución eléctrica aérea de BT.
* Tendido de liña de distribución eléctrica subterránea de BT.
* Montaxe de liña de enlace característica dos edificios.
* Realizar operacións de mantemento de liñas e equipos eléctricos. * Mantemento dunha centralización de contadores e das conexións necesarias coa liña repartidora e derivacións individuais do edificio.
* Mantemento de instalacións de interior características dos edificios.
* Mantemento de liña de distribución eléctrica aérea de MT.
* Mantemento de liña de distribución eléctrica subterránea de MT.
* Mantemento de liña de distribución eléctrica aérea de BT.
* Mantemento de liña de distribución eléctrica subterránea de BT.
* Mantemento de liña de enlace característica dos edificios.
* Realizar operacións de montaxe de instalacións singulares propias dos edificios. * Antenas de radio e TV individuais vía terrestre ou satélite.
* Megafonía para edificios.
* Seguridade para edificios.
* Telefonía interior para edificios.
* Enerxía solar fotovoltaica para edificios.
* Antenas de radio e TV colectivas vía satélite e terrestre.
elementais de referenciaCapacidades terminais
Actividades formativas
* Intercomunicación interior de edificios.
* Cubrir follas de pedido de materias e compoñentes.
* Recepción de materiais.
* Recepción e atención xeral de clientes.
* Megafonía para espacios abertos.
* Seguridade en vivendas.
* Telefonía interior de vivendas.
* Enerxía solar fotovoltaica.
* Realizar operacións de mantemento de instalacións singulares propias de edificios. * Antenas de radio e TV individuais vía terrestre ou satélite.
* Megafonía para edificios.
* Seguridade en edificios.
* Telefonía interior para edificios.
* Enerxía solar fotovoltaica para edificios.
* Antenas de radio e TV colectivas vía terrestre ou satélite.
* Megafonía para espacios abertos.
* Seguridade en vivendas.
* Telefonía interior de vivendas.
* Enerxía solar fotovoltaica en vivendas.
* Operacións en centros de transformación. * Participación/colaboración nas operacións de:
.Deixar fóra de servicio.
.Poñer en servicio.
.Axuste.
.Regulación de tensión.
* Intervención na aplicación dos procedementos de mantemento, verificando:
.Transformadores de potencia.
.Postas a terra.
.Dispositivos de corte e protección.
.Equipos de medida.
* Realizar operacións de xestión do almacén de materiais e compoñentes para unha empresa de instalacións electrotécnicas. * Control de existencias.
* Verificación de pedidos.
* Localización física de materiais e compoñentes.
* Realizar operacións de montaxe e mantemento de equipos e instalacións electrotécnicas automatizadas. * Equipos electrotécnicos para manobra, protección e regulación de máquinas eléctricas.
* Equipos de control para instalacións automáticas.
* Instalacións de xestión técnica para edificios e vivendas.
* Instalacións automáticas en edificios e vivendas.
* Realizar operacións de atención ó cliente. * Imaxe persoal e trato de clientes.
* Atención telefónica de clientes.
* Comunicacións orais e escritas.
* Axenda de clientes. Comunicacións periódicas.
Duración 380 horas.
3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.
Capacidades terminais elementais
* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.
* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.
* Analiza-las actuacións que se deben seguir en caso de accidentes de traballo.
* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.
* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.
* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.
* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.
* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.
* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.
* Describi-lo sistema de protección social.
Contidos básicos (duración 65 horas).
Procedementais:
* Saúde laboral.
.Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.
.Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.
.Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.
.Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.
.Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.
.Determinación dos equipos de protección individual.
* Lexislación e relacións laborais.
.Identificación das distintas modalidades de contratación.
.Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.
.Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.
.Elaboración dunha folla de salario.
.Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.
* Orientación e inserción socio-laboral.
.Elaboración do "currículum vitae" e actividades complementarias deste.
.Identificación e definición de actividades profesionais.
.Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.
Conceptuais.
* Saúde laboral.
.Condicións de traballo e seguridade.
.Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.
.Danos profesionais.
.Medidas de prevención e protección.
.Marco legal de prevención laboral.
.Notificación e investigación de accidentes.
.Estatística para a seguridade.
.Primeiros auxilios.
* Lexislación e relacións laborais.
.Dereito laboral nacional e comunitario.
.Contrato de traballo.
.Modalidades de contratación.
.Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.
.Órganos de representación dos traballadores.
.Convenios colectivos.
.Conflictos colectivos.
.Seguridade Social e outras prestacións.
* Orientación e inserción socio-laboral.
.Mercado de traballo.
.A autoorientación profesional.
.O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.
.Traballo asalariado na Administración e por conta propia. A empresa social.
.Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.
.Itinerarios formativos/profesionalizadores.
Actitudinais.
* Saúde laboral.
.Respecto pola saúde persoal e colectiva.
.Interese polas condicións de saúde no traballo.
.Valoración do medio ambiente como patrimonio común.
* Lexislación e relacións laborais.
.Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.
.Valoración e cumprimento da normativa laboral.
.Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.
* Orientación e inserción socio-laboral.
.Toma de conciencia dos valores persoais.
.Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.
.Preocupación polo mantemento da ética profesional.
4. Ordenación académica e impartición.
4.1. Profesorado.
4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesinais do ciclo formativo de equipos e instalacións electrotécnicas.
profesoradoMódulo profesional Espedialidade do
Corpo
1.Instalacións eléctricas de enlace e centros de transformación. * Sistemas electrotécnicos e automáticos. * Profesor de ensino secundario.
2. Instalacións singulares en vivendas e edificios. * Instalacións electrotécnicas. * Profesor técnico de FP.
3. Instalacións automatizadas en vivendas e edificios. * Instalacións electrotécnicas. * Profesor técnico de FP.
4. Mantemento de máquinas eléctricas. * Instalacións electrotécnicas. * Profesor técnico de FP.
5. Administración, xestión e comercialización na pequena empresa. * Formación e orientación laboral. * Profesor de ensino secundario.
6. Relacións no equipo de traballo. * Formación e orientación laboral. * Profesor de ensino secundario.
7. Calidade. * Sistemas electrotécnicos e automáticos. * Profesor de ensino secundario.
8. Seguridade nas instalacións eléctricas. * Sistemas electrotécnicos e automáticos. * Profesor de ensino secundario.
9. Electrotecnia. * Sistemas electrotécnicos e automáticos. * Profesor de ensino secundario.
10. Instalacións eléctricas de interior. * Instalacións electrotécnicas. * Profesor técnico de FP.
11. Automatismos e cadros eléctricos. * Instalacións electrotécnicas. * Profesor técnico de FP.
12. Formación e orientación laboral. * Formación e orientación laboral. * Profesor de ensino secundario.
4.1.2. Materias do bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades definidas no presente ciclo formativo.
profesoradoMódulo profesional Espedialidade do
Corpo
* Tecnoloxía industria I * Sistemas electrotécnicos e automáticos. * Profesor de ensino secundario.
* Tecnoloxía industria II * Sistemas electrotécnicos e automáticos. * Profesor de ensino secundario.
* Electrotecnia * Sistemas electrotécnicos e automáticos. * Profesor de ensino secundario.
4.1.3. Equivalencias de titulacións para efectos de docencia.
* Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:
-Sistemas electrotécnicos e automáticos.
establécese a equivalencia, para efectos de docencia, dos títulos de:
-Diplomado en radioelectrónica naval.
-Enxeñeiro técnico aeronáutico (especialidade de aeronavegación).
-Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.
-Enxeñeiro técnico industrial (especialidade de electricidade).
-Enxeñeiro técnico industrial (especialidade de electrónica industrial).
-Enxeñeiro técnico de telecomunicacións, cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.
* Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:
-Formación e orientación laboral establécese a equivalencia, para efectos de docencia, dos títulos de:
-Diplomado en ciencias empresariais.
-Diplomado en relacións laborais.
-Diplomado en traballo social.
-Diplomado en educación social, cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.
4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas.
De conformidade co establecido no Real decreto 623/1995, do 21 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio en equipos e instalacións electrotécnicas, require, para a impartición das ensinanzas definidas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:
Grao de
Espacio formativoSuperficieutilización
Taller de equipos electrotécnicos120 m40 %
Taller de instalacións electrotécnicas 120 m45 %
Aula polivalente 60 m15 %
.O "grao de utilización" expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas mínimas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas e, por tanto, ten un sentido orientativo para o que definan as administracións educativas ó establece-lo currículo.
.Na marxe permitida polo "grao de utilización", os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou otras etapas educativas.
.En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.
.Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.
4.3. Acceso ó bacharelato, validacións e correspondencias.
4.3.1. Modalidades do bacharelato ás que dá acceso.
-Tecnoloxía.
4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.
* Instalacións eléctricas de interior.
* Instalacións eléctricas de enlace e centros de transformación.
* Instalacións singulares en vivendas e edificios.
* Instalacións automatizadas en vivendas e edificios.
* Mantemento de máquinas eléctricas.
* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.
* Electrotecnia.
* Automatismos e cadros eléctricos.
4.3.3. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.
* Instalacións eléctricas de interior.
* Instalacións eléctricas de enlace e centros de transformación.
* Instalacións singulares en vivendas e edificios.
* Instalacións automatizadas en vivendas e edificios.
* Mantemento de máquinas eléctricas.
* Electrotecnia.
* Automatismos e cadros eléctricos.
* Formación e orientación laboral.
* Formación en centros de traballo.
4.3.4. Validacións coas materias de bacharelato.
Módulo profesionalMateria do bacharelato
* Electrotecnia* Electrotecnia
4.4. Distribución horaria.
Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse en dous cursos:
2.000 H.Horas CS equipos e instalacións electrotécnicas
1º, 2º e 3º trimestre
190 Electrotecnia 210 Instalacións eléctricas de interior 210 Automatismos e cadros eléctricos 65 Relacións no equipo do traballo 65 Calidade 65 Seguridade nas instalacións eléctricas 65 Formación e orientación laboral 90 Horas a disposición do centro
4º, 5º e 6º trimestre
140 Instalacións eléctricas de enlace e centros de transformación 165 Instalacións singulares en vivendas e edificios 140 Instalacións automatizadas en vivendas e edificios 150 Mantemento de máquinas eléctricas 65 Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 380 Formación en centro de traballo
7030