Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 806

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de xaneiro de 1998 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado de educación especial Unidad Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos da Coruña.

Examinado o expediente incoado por José Antonio García Villar, en representación da Asociación de Pais de Nenos Autistas e Psicóticos da provincia da Coruña, Aspanaes, polo que solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento dun centro privado de educación especial.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de Ordenación da educación especial (BOE do 16); a orde ministerial do 30 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro); o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE do 26); o Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais; o Decreto 133/1995, do 10 de maio , sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Concederlle a autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, ó centro privado de educación especial Unidad Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos da Coruña, segundo os datos que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Municipio: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Castro de Elviña.

Código do centro: 150COR13.

Denominación específica: Unidad Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos.

Titular: Asociación de Pais de Nenos Autistas e Psicóticos (Aspanaes).

Ensinanzas que se autorizan: educación especial.

Número de unidades: 3 - autistas.

679