Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 806

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de xaneiro de 1998 pola que se autoriza o centro docente estranxeiro Chester College International School de Teo (A Coruña), para imparti-las ensinanzas do sistema educativo dos Estados Unidos de América a alumnos españois e estranxeiros.

Examinado o expediente instruído por Juan Pías Barbeira, en calidade de representante do centro Chester College International School con domicilio en Montouto-Teo (A Coruña), solicita autorización para impartir ensinanzas do sistema educativo dos Estados Unidos de América a alumnos españois e estranxeiros.

Resultando que por Orde de 21 de xaneiro de 1987 (BOE do 14 de febreiro), se autoriza o funcionamento do dito centro para impartir ensinanzas correspondentes ós niveis de kindergarden e elementary school, equivalentes a educación preescolar e educación xeral básica. Así mesmo, por Orde do 8 de febreiro de 1989 (BOE do 13 de marzo), autorízaselle o nivel de high school (grados 9º a 12º), equivalentes ó bacharelato unificado polivalente e o curso de orientación universitaria.

Tendo en conta o establecido no Real decreto 806/1993, do 28 de maio (BOE do 23 de xuño), sobre réxime de centros docentes estranxeiros en España, polo que os centros estranxeiros autorizados deberán solicitar novamente autorización e inscrición conforme o previsto neste real decreto.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro docente estranxeiro Chester College International School para imparti-las ensinanzas do sistema educativo dos Estados Unidos de América a alumnos españois e estranxeiros, segundo os datos que se reflicten no anexo.

Segundo.-Este centro deberá imparti-lo currículo de lingua e cultura españolas así como de lingua

e cultura galegas establecidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Terceiro.-O recoñecemento dos estudios no dito centro rexerase polo que en cada momento dispoña a normativa reguladora de homologación e validación de títulos e estudios estranxeiros de educación non universitaria.

Disposición transitoria

Ata que se fixe o currículo e horario correspondente ás ensinanzas de lingua e cultura españolas, seguirán vixentes as prescricións contidas no anexo do Real decreto 1110/1978, do 12 de maio, segundo se establece na disposición transitoria segunda do Real decreto 806/1993, do 28 de maio (BOE do 23 de xuño). O contido desta disposición transitoria farase extensivo á lingua e cultura galegas, en aplicación do establecido no Decreto 247/1995, do 14 de setembro (DOG do 15), modificado polo Decreto 66/1997, do 21 de marzo (DOG do 3 de maio), polo que se desenvolve para o ensino a Lei de normalización lingüística.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Teo.

Localidade: Montouto.

Enderezo: Montouto.

Denominación: Chester College International School.

Titular: Chester College, S.A.

Niveis educativos: kindergarden, elementary school (1º a 8º grao), high school (9º a 12º grao), correspondentes a educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato.

Número de puestos escolares: 230.

702