Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.698

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 10 de febreiro de 1998 pola que se declara de interese galego a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Con data do 4 de febreiro de 1998 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 27 de xaneiro de 1998, pola que se clasifica como de interese sanitario a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, adscribíndoa á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Esta fundación, de acordo co establecido no artigo 5 dos seus estatutos, ten como obxecto a formación e investigación nas materias de saúde pública e administración sanitaria.

Por todo isto, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1998, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e segundo o establecido no artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións

de interese galego, modificado pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e o artigo 32.3º.a) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar de interese galego a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria ó cumpri-los seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

Segundo.-Ordena-la inscrición da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria no Rexistro de Fundacións de Interese Galego sección da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, para os efectos constitutivos que sinala o artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Terceiro.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial, á obriga de darlles publicidade suficiente ás súas actividades e a ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicio, quedando obrigada a rendirlle contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cum

primento das cargas fundacioneais, así como presenta-lo proxecto de orzamento ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico para o que se formula, e debendo soliciti-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1998.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais