Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.699

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de febreiro de 1998 pola que se modifica a Orde do 22 de marzo de 1994, pola que se declaran de reserva exclusiva determinadas cuadrículas de diversos polígonos de viveiros fluctuantes.

Por Orde do 21 de marzo de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 78), apróbase a reordenación dos polígonos de viveiros de cultivo denominados F, G, H, I, J, K e M do distrito marítimo do Caramiñal, na provincia da Coruña, e constitúense e delimítanse os novos polígonos D, E e F do citado distrito.

Por Orde do 22 de marzo de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 80), decláranse de reserva exclusiva determinadas cuadrículas de diversos polígonos de viveiros fluctuantes, entre elas da 1 á 77, ambas inclusive, do polígono F do distrito do Caramiñal.

Non téndose presentado solicitudes para levar a cabo, no citado polígono, programas experimentais relacionados cos moluscos bivalvos cultivados en zonas afectadas por dinoflaxelados tóxicos. Vista a evolución das mareas vermellas nos últimos anos e tendo en conta a demanda do sector dun maior número de cuadrículas para a instalción de viveiros de cultivo.

DISPOÑO:

Artigo único: modifícase a alínea b, do artigo 1 da Orde do 22 de marzo de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 80), pola que se declaran de reserva exclusiva determinadas cuadrículas de diversos polígonos de viveiros fluctuantes, que terá a seguinte redacción: «b) Polígono F do distrito marítimo do Caramiñal, cuadrículas números: da 1 á 7, da 12 á 18, da 23 á 29, da 34 á 40, da 45 á 51, da 56 á 62 e da 67 á 73, ambas inclusive».

Disposición derraderia:

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura