Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.253

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 66/1998, do 26 de febreiro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e na disposición transitoria primeira do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia e no que se establece que se ten que proceder á renovación por metades dos conselleiros de cada un dos grupos que integran o consello, e logo da designación polos organismos representativos dos sectores con incidencia no ámbito educativo, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1. En representación de pais de alumnos propostos polas confederacións ou federacións de asociacións de pais de alumnos, en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

José Luis Mañana Varela (Confapa-Galicia).

José Gulías Varela (Confapa-Galicia).

b) Ensino privado:

Manuel Mora y Pita da Veiga (Confederación Cristiá da Asociación de Pais de Alumnos de Galicia).

2. En representación de profesores propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

Manuel Velo Gantes (Coordinadora Galega de MRPs).

Raúl Gómez Farto (Federación Galega de MRPs).

3. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

J. José Rodríguez-Llauder Riesco.

4. En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ó ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

Ana Mª Liñares Pérez (Comisións Obreiras).

Xesús Ramón Copa Novo (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

b) Ensino privado:

Obdulia Manso Cupeiro (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

5. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

Xosé G. Barral Sánchez (Comisións Obreiras).

6. En representación do persoal da Administración e servicios dos centros docentes de ámbito non universitario, designados polas centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas de Galicia:

Juan Domínguez Senande (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

7. En representación de alumnos propostos polas federacións ou confederacións de asociacións de alumnos en proporción á súa representatividade:

Marcos Maceiras Érias (Comités Abertos de Estudiantes).

8. En representación de centros privados, designados polas organizacións empresariais correspondentes en proporción á súa representatividade:

Marcelino Fuentes Ramos (Federación de Enseñanza Privada de Galicia).

9. En representación da Administración educativa designados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

Jaime García y García.

Manuel Regueiro Tenreiro.

Ángel González Fernández.

10. En representación das organizacións empresariais que, de acordo coa lexislación vixente, teñen a consideración de máis representativas:

Basilio Toyos Alonso.

Artigo 2º

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da

Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1. En representación de pais de alumnos propostos polas confederacións ou federacións de asociacións de pais de alumnos, en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

José Luis Mañana Varela (Confapa-Galicia).

José Gulías Varela (Confapa-Galicia).

b) Ensino privado:

Manuel Gandoy Rodríguez (Confederación Cristiá da Asociación de Pais de Alumnos de Galicia).

2. En representación de profesores propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

Xerardo Rodríguez Roca (Coordinadora Galega de MRPs).

Raúl Gómez Farto (Federación Galega de MRPs).

3. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

Federico Cifuentes Pérez.

4. En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ó ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

Ana Mª Liñares Pérez (Comisións Obreiras).

Xesús Ramón Copa Novo (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

b) Ensino privado:

Obdulia Manso Cupeiro (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

5. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

Xosé G. Barral Sánchez (Comisións Obreiras).

6. En representación do persoal da Administración e servicios dos centros docentes de ámbito non universitario, designados polas centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas de Galicia:

Juan Domínguez Senande (Federación de Traballadores de Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

7. En representación de alumnos propostos polas federacións ou confederacións de asociacións de alumnos en proporción á súa representatividade:

Jorge Regueira Rodríguez (Comités Abertos de Estudiantes).

8. En representación de centros privados, designados polas organizacións empresariais correspondentes en proporción á súa representatividade:

Marcelino Fuentes Ramos (Federación de Enseñanza Privada de Galicia).

9. En representación da Administración educativa designados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

Jaime García y García.

Manuel Regueiro Tenreiro.

Ángel González Fernández.

10. En representación das organizacións empresariais que, de acordo coa lexislación vixente, teñen a consideración de máis representativas:

Basilio Toyos Alonso.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria