Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia á República Arxentina, República Oriental do Uruguai, República do Paraguai e República Federativa do Brasil é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.
Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo único.-Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á
República Arxentina, República Oriental do Uruguai, República do Paraguai e República Federativa do Brasil, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o 7 de marzo ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.
Santiago de Compostela, cinco de marzo de mil novecentos noventa e oito.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente