Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.256

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de abril de 1998 pola que se aproba o contido do XIX, XX, XXI, XXII e XXIII cursos para a obtención do diploma de directivo.

Á vista da proposta do director da EGAP e en virtude do previsto no artigo 8 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polos decretos 1/1995, do 12 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia nº 9, do 13-1-1995) e 319/1996, do 26 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 153, do 6-10-1996), polo que se regula o diploma de directivo, dispoño aproba-lo contido do programa que se deberá impartir na XIX, XX, XXI, XXII e XXIII edición do curso para a obtención do diploma de directivo, segundo figura no anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1998.

Dositeo Rodríguez-Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Módulo I: función directiva.

-Xestión pública e privada; especifidades da xestión pública; políticas públicas.

-Directivos públicos e directivos privados.

-A natureza do traballo directivo.

-Os roles directivos.

Módulo II: habilidades I (dirección de reunións).

-As reunións como ferramenta de xestión.

-Tipos de reunións utilizadas na Administración.

-Reunións de información.

-Habilidades e técnicas do responsable de reunións de información.

-Reunións de discusión.

Módulo III: xestión de recursos humanos.

-A xestión de recursos humanos como sistema integrado.-Planificación e dimensionamento de cadros de persoal.-Deseño de postos e políticas retributivas.-Promoción, carreira e provisión de postos.

-Formación e desenvolvemento profesional.

Módulo IV: xestión orzamentaria.

-Modelos orzamentarios.-O orzamento por programas;

-O orzamento por obxectivos;

-O orzamento base-cero;

-A modernización dos sistemas orzamentarios.

-Orzamento e xestión estratéxica.

Módulo V: habilidades II (negociación).

-Negociación: concepto e características.

-Tipoloxía da negociación.

-A negociación na Administración pública.

Módulo VI: deseño organizativo.

-As partes da organización.

-Sistemas de coordinación.

-As configuracións:

-A organización simple;

-A burocracia;

-A organización profesional,

-A organización divisional.

Módulo VII: dirección por obxectivos.

-O concepto de control de xestión.

-Aplicación do sector público: necesidades de adaptación do modelo clásico.

-Indicadores e metodoloxía da dirección por obxectivos.

Módulo VIII: xestión do cambio.

-As dimensións do cambio organizativo: contexto, contido e proceso.

-Experiencias de reforma administrativa.

-Estratexias da xestión do cambio; actores e métodos.

-A reforma administrativa da Xunta de Galicia.

3580