Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 27 de abril de 1998 Páx. 4.327

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 17 de abril de 1998 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 1998.

A Lei 1/1998, do 7 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, fixa a contía das retribucións para o dito exercicio correspondentes ós funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Coa finalidade de facilita-la confección das nóminas que se elaborarán para aboa-las mencionadas retribucións, esta consellería considera oportuno dicta-las seguintes instruccións, que se limitan a aplica-lo disposto na dita disposición e nas precedentes polo que respecta ás súas normas de vixencia indefinida, así como nas demais normas reguladoras do réxime retributivo do persoal ó servicio da Administración autonómica.

Por todo isto, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Instruccións sobre a contía das retribucións dos funcionarios públicos que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988.

1. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 1998, os funcionarios públicos que desempeñen postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988, do 26 de maio, percibirán as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías que se detallan nos anexos I e II da presente orde.

2. Polo que respecta ós complementos específicos, a súa contía experimentará un aumento do 2,1% respecto da aprobada para o exercicio de 1997, sen prexuízo, se é o caso, do previsto no artigo 10 a) da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1998.

En consecuencia, a contía dos citados complementos será a que figura na táboa que se detalla no anexo III da presente orde.

3. As contías das retribucións do persoal docente non universitario establecidas por acordos do Consello da Xunta de Galicia do 16 de xaneiro de 1992 e 23 de xaneiro de 1992, son as que se reflicten no anexo IV desta orde.

4. Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10.1º da Lei 13/1988, do 30 de decembro, serán absorbidos por calquera mellora retributiva, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista no parágrafo anterior, en ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios, e só se computarán no 50% do seu importe as melloras retributivas derivadas do incremento das retribucións de carácter xeral establecidas no artigo 10 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, entendendo que teñen este carácter o soldo referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o complemento específico.

O resto dos complementos persoais e transitorios recoñecidos rexeranse pola súa normativa específica.

Segundo.-Devengo de retribucións.

1. A diferencia, en cómputo mensual, entre a xornada regulamentaria de traballo e a efectivamente realizada polo funcionario dará lugar, salvo xustificación, á correspondente deducción proporcional de haberes.

Para o cálculo do valor hora aplicable a dita deducción tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, á súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña obrigación de cumprir, de media, cada día.

No caso de toma de posesión no primeiro destino, no de cesamento no servicio activo, no de licencias sen dereito a retribución e, en xeral, nos supostos de dereitos económicos que normativamente deban liquidarse por días, ou con reducción ou deducción proporcional de retribucións, deberá aplicarse o sistema de cálculo establecido no parágrafo anterior.

2. Cando, con suxeición á normativa vixente, o funcionario realice unha xornada inferior á normal, a contía das súas retribucións determinarase na forma prevista nas normas dictadas para a aplicación do réxime retributivo a que estea suxeito.

a) Os funcionarios que realicen unha xornada de traballo diminuída en 1/3 ou en 1/2, de acordo co disposto no artigo 70 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril e pola Lei 2/1998, do 8 de abril, experimentarán unha reducción de 1/3 ou 1/2, respectivamente, sobre a totalidade das súas retribucións básicas e complementarias, con inclusión dos trienios.

b) Ós restantes tipos de xornada reducida, se é o caso, aplicaráselle-la reducción de retribución establecida na súa normativa específica.

3. As retribucións básicas e complementarias que se teña dereito a percibir con carácter fixo e periodicidade mensual faranse efectivas por mensualidades completas e con referencia á situación e derei

tos do funcionario referidos ó primerio día hábil do mes a que correspondan, agás nos seguintes casos, en que se liquidarán por días:

a) No mes de toma de posesión do primeiro destino na Comunidade Autónoma nun corpo ou escala, no de reingreso ó servicio activo e no de incorporación por conclusión de licencias sen dereito a retribución.

b) No mes de iniciación de licencias sen dereito a retribución.

c) No mes en que se cese no servicio activo na Comunidade Autónoma, agás que sexa por motivos de falecemento, xubilación ou retiro de funcionarios suxeitos ó réxime de clases pasivas do Estado e, en xeral, a calquera réxime de pensións públicas que se devenguen por mensualidades completas desde o primeiro día do mes seguinte ó do nacemento do dereito.

4. As pagas extraordinarias devengaranse o primeiro día hábil dos meses de xuño e decembro e con referencia á situación e dereitos do funcionario nas ditas datas, agás nos seguintes casos:

a) Cando o tempo de servicios prestados na Administración da Comunidade Autónoma ata o día en que se devengue a paga extraordinaria non comprenda a totalidade dos seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria reducirase proporcionalmente, computando cada día de servicios prestados no importe resultante de dividi-la contía da paga extraordinaria que na data do seu devengo lle correspondera por un período de seis meses entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente.

b) Os funcionarios en servicio activo que se encontren desfrutando de licencia sen dereito a retribución nas datas indicadas devengarán a correspondente paga extraordinaria, pero a súa contía experimentará a reducción proporcional prevista no parágrafo a) anterior.

c) No caso de cesamento no servicio activo na Comunidade Autónoma a última paga extraordinaria devengarase o día do cesamento e con referencia á situación e dereitos do funcionario na dita data pero en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, excepto que o cesamento sexa por xubilación, falecemento ou retiro dos funcionarios a que se refire o apartado segundo 3 c); neste caso, os días do mes no que se produce o dito cesamento computaranse como un mes completo.

Para os efectos previstos na presente orde, o tempo de duración de licencias sen dereito a retribución non terá a consideración de servicios efectivamente prestados.

Se o cesamento no servicio activo se produce durante o mes de decembro, a liquidación da parte

proporcional da paga extraordinaria correspondente ós días transcorridos do dito mes farase de acordo coas contías das retribucións básicas vixentes nel.

O persoal que preste servicios na Comunidade Autónoma percibirá as pagas extraordinarias segundo os servicios efectivamente prestados nela, computándose para estes efectos como se tódolos servicios prestados polo funcionario na Comunidade Autónoma fosen na última consellería, organismo ou centro ó que estivese adscrito e en situación de activo o primeiro día hábil dos meses de xuño ou decembro.

Terceiro.-Descontos.

1. No ano 1998 a porcentaxe de cotización que se lles aplicará ós mutualistas das mutualidades xerais de funcionarios será do 1,69% sobre a base de cotización establecida como haber regulador para efectos de cotización de dereitos pasivos.

No anexo V da presente orde exprésanse as cotas mensuais de cotización dos funcionarios á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE) e do persoal da Administración de Xustiza (MUGEJU), que corresponden ó tipo do 1,69%.

2. As cotas de dereitos pasivos que os habilitados de persoal deben reter en nómina cada mes continuarán sendo do 3,86% dos haberes reguladores pasivos que fixa a Lei de orzamentos xerais do Estado para 1998, de modo que para tódolos funcionarios do mesmo corpo, escala, emprego ou categoría, calquera que sexa a súa antigüidade no servicio do Estado, a cota supón unha cantidade única e idéntica.

Estas cantidades, en cómputo mensual, reflíctense así mesmo no anexo V da presente orde.

O persoal funcionario que estivera suxeito ó réxime xeral da Seguridade Social, continuará cotizando de acordo con este sistema.

3. As cotas de dereitos pasivos e de cotización dos mutualistas ás mutualidades xerais de funcionarios correspondentes ás pagas extraordinarias, reduciranse na mesma proporción en que se minoren as ditas pagas como consecuencia de aboarse estas en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, calquera que sexa a data do seu devengo.

As cotas a que se refire o parágrafo anterior correspondente ós períodos de tempo no que se desfrute licencia sen dereito a retribución non experimentarían reducción na súa contía.

Cuarto.-Outras instruccións.

1. As retribucións do persoal laboral da Comunidade Autónoma son as que figuran no anexo VI da presente orde.

O plus do convenio deste persoal será o que figura, se é o caso, nas relacións de postos de traballo aprobadas polos respectivos acordos do Consello da Xunta de Galicia.

2. Os complementos persoais e transitorios e demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1998.

3. Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán as retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo en que estea incluído o corpo no que ocupen vacante, e as retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídas as que, se é o caso, estean vinculadas á condición de funcionario de carreira.

4. As retribucións do persoal contratado administrativo a que se refire a disposición transitoria décima da Lei 4/1988, do 26 de maio, introducida pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, mentres non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, serán as mesmas que viñan percibindo en 1997, incrementadas no 2,1%.

5. De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, cando non sexan de aplicación as retribucións establecidas no artigo 15 de dita lei, estas veranse incrementadas no 2,1% con relación ás devengadas no ano 1997.

6. Os funcionarios de carreira que cambien de posto de traballo na Comunidade Autónoma excepto nos casos previstos na letra a) do artigo 15 da Lei 13/1988 terán dereito durante o prazo de toma de posesión á totalidade das retribucións tanto básicas como complementarias, de caracter fixo e periodicidade mensual.

Para a aplicación do disposto na presente orde, no caso de que o termo do dito prazo se produza dentro do mesmo mes en que se efectuou o cesamento, as citadas retribucións faraas efectivas a dependencia que dilixencie o dito cesamento e, de conformidade co disposto no referido artigo 15, por mensualidade completa e de acordo coa situación e dereitos do funcionario referidos ó primeiro día hábil do mes no que se produza o cesamento. Se, polo contrario, o dito termo recaera en mes distinto ó de cesamento, as retribucións do primeiro mes faranse efectivas da forma indicada e as do segundo aboaraas a dependencia correspondente ó posto de traballo ó que se accede, así mesmo por mensualidade completa e na contía correspondente ó posto en que se tomou posesión, sen prexuízo do disposto nas letras b) e c) do citado artigo 15 da Lei 13/1988.

7. Os titulares de postos de traballo que se supriman nas relacións de postos continuarán percibindo, ata que sexan nomeados para desempeñar outros

postos de traballo e durante un prazo máximo de tres meses contados a partir da data en que produciu efectos económicos a citada supresión, co carácter de a conta do que lle corresponda polo novo posto de traballo, as retribucións complementarias correspondentes ó posto suprimido, sen que proceda ningún reintegro, no caso de que as cantidades percibidas a conta foran superiores.

8. As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos para os efectos do cálculo dos anticipos reintegrables a funcionarios, entenderanse sempre feitas ás retribucións básicas e complementarias que estes perciban nos seus importes líquidos.

9. No caso de adscrición, durante 1998, dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo ó que se adscriba, este percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que deberá autoriza-la Consellería de Presidencia e Administración Pública por proposta de Consellería interesada.

Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

10. A provisión de postos de traballo a desempeñar polo persoal funcionario ou a formalización de novos contratos de persoal laboral fixo, así como a modificación da categoría profesional destes últimos, requirirá que os ditos postos figuren detallados nas respectivas relacións de postos de traballo, e que o seu custo en cómputo anual estea dotado orzamentariamente ou, no seu defecto, o autorice a Consellería de Economía e Facenda.

En calquera caso, a provisión de postos de traballo de persoal funcionario requirirá a plena observancia do disposto na normativa vixente sobre incompatibilidades.

11. A alta en nómina do persoal laboral temporal e interino deberá, en todo caso, ir acompañada da autorización establecida no apartado catro do artigo 23, da Lei 1/1998, do 7 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

12. As referencias relativas ás retribucións contidas na presente orde entenderanse sempre feitas a retribucións íntegras, agás no previsto no apartado catro punto 8 dela.

13. As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías serán idénticas ás dos subdirectores xerais da Xunta de Galicia e imputaranse ó concepto orzamentario 100.00 dentro do

programa correspondente. Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

14. As retribucións do persoal eventual experimentarán un incremento do 2,1% respecto das que viñan percibindo en decembro de 1997.

15. Así mesmo, e con efectos económicos do 1 de xaneiro de 1998, as retribucións do persoal que desempeñe algún posto de traballo no Servicio Galego de Saúde, Sergas, dos dotados no seu orzamento de gastos do presente ano, conforme o anexo de persoal correspondente, experimentarán un incremento do 2,1% respecto ás fixadas para o exercicio de 1997.

En consecuencia, as retribucións do persoal estatutario e persoal MIR, serán as que se detallan no anexo VII da presente orde.

16. O persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario ó que lle resulte de aplicación o acordo sobre aspectos retributivos e outras condicións de traballo, publicado pola resolución conxunta do 26 de xaneiro de 1996 da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, percibirá o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade, modalidade de quendas, conforme o réxime previsto na devandita disposición e demais de desenvolvemento, nas contías que figuran no anexo VIII.

Así mesmo, o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade ordinario correspondente ás categorías sinaladas no apartado segundo 3) da devandita disposición, percibirase en función do réxime de quendas concorrente e nos importes sinalados no anexo IX.

17. O persoal estatutario das unidades e servicios de atención primaria ás que fai referencia o artigo 1º do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación de atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, percibirá ademais das retribucións recollidas no anexo VII, como complemento de productividade fixa, os importes correspondentes conforme os factores e criterios recollidos no apartado a) do artigo 7 do Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria e que figuran no anexo X.

18. Con respecto ás retribucións do persoal estatutario que percibe o seu salario polo sistema de cota, estas experimentarán un incremento do 2,1% con respecto ás percibidas no ano 1997. Os premios de antigüidade correspondentes ó persoal de cota

e zona, rexeranse pola súa normativa específica. Os ditos premios de antigüidade faranse efectivos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte á data na que se complete o período de tres anos, necesarios para o seu perfeccionamento.

19. As retribucións correspondes ó complemento de atención continuada serán as recollidas no anexo XI.

20. As contías das indemnizacións por razón do servicio serán as reguladas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, modificado polo Decreto 21/1994, de 4 de febreiro, coas súas correspondentes revisións, se houber lugar.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

FUNCIONARIOS QUE DESEMPEÑAN POSTOS DE TRABALLO PARA OS QUE O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU A APLICACIÓN DO RÉXIME RETRIBUTIVO PREVISTO NA LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO

Retribucións básicas

Contía mensual

GrupoSoldoTrienio

A155.2305.961

B131.7484.769

C 98.2093.579

D 80.3032.390

E 73.3101.792

As pagas extraordinarias devengaranse en igual contía, cada unha de elas, a unha mensualidade de soldo e trienios, agás nos casos previstos no apartado segundo punto 4 da prensete orde.

ANEXO II

FUNCIONARIOS QUE DESEMPEÑAN POSTOS DE TRABALLO PARA OS QUE O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU A APLICACIÓN DO RÉXIME RETRIBUTIVO PREVISTO NA LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO

Complemento de destino

Nivel de complemento de destinoContía mensual

30136.307

29122.266

28117.123

27111.980

26 98.240

25 87.161

24 82.018

23 76.878

22 71.733

21 66.600

20 61.866

19 58.704

18 55.545

Nivel de complemento de destinoContía mensual

17 52.384

16 49.228

15 46.067

14 42.909

13 39.748

12 36.587

11 33.431

10 30.271

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada no presente anexo será modificada nos casos en que así proceda de acordo coa normativa vixente, sen que iso implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

ANEXO III

Nivel de complemento de destinoComplemento específico (mensual)

30189.664

28(A)139.460

28(B)117.146

26111.569

25 97.622

24 86.465

22 66.940

20 50.206

18 44.627

16 41.840

14 39.048

12 36.259

10 33.471

Os complementos específicos que o 31 de decembro de 1997 non tivesen a súa contía relacionada no presente anexo experimentarán un incremento do 2,1% a partir do 1 de xaneiro de 1998.

ANEXO IV

PROFESORADO DOS CENTROS DE ENSINANZA BÁSICA, BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL, ENSINANZAS ARTÍSTICAS E IDIOMAS

1º Grupos de clasificación, niveis de complemento de destino e importes mensuais do compoñente xeral do complemento específico:

Grupo

Nivel de complemento de destino

Compoñente xeral do complemento específico ptas./mes

Catedráticos de música e artes escénicas e profesores de ensinanza secundaria, escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, coa condición de catedráticos.A2653.206
Profesores de ensinanza secundaria, de escolas oficiais de idiomas, de artes plásticas e deseño e de música e artes escénicas.A2446.245

Grupo

Nivel de complemento de destino

Compoñente xeral do complemento específico ptas./mes

Profesores técnicos de formación profesional e mestres de taller de artes plásticas e deseño.B2446.245
Mestres.B2146.245

2º Compoñente singular do complemento específico pola titularidade de órganos unipersoais de goberno e polo desempeño de postos de traballo docentes singulares. Os importes mensuais do dito compoñente son os seguintes:

Un.-Desempeño de órganos de goberno unipersoais.

Cargos académicos

Tipo de centro

Centros de educación secundaria, artísticas e similares ptas./mesCentros de educación infantil, primaria, especial e asimilados ptas./mes

DirectorA88.40472.446

B76.14365.580

C68.92747.455

D62.39635.086

E21.400

VicedirectorA38.887

B38.128

C27.484

D23.683

Xefe de estudiosA38.88725.202

B38.12823.683

C27.48422.923

D23.68316.840

E23.683

SecretarioA38.88725.202

B38.12823.683

C27.48422.923

D23.68316.840

E23.683

Dous.-Desempeño de postos de traballo docentes singulares.

PostoPtas./mes

Centros de educación secundaria:

-Xefatura de departamento9.236

-Coordenación de formación en centros de traballo9.236

Escolas de artes aplicadas:

-Coordinación de especialidade9.236

Escolas de artes aplicadas e conservatorios de música:

-Xefatura de seminario9.236

Centros residenciais docentes:

-Xefatura de residencias centros tipo A38.887

-Xefatura de residencias centros tipo B38.128

-Xefatura de residencias centros tipo C27.484

-Director de residencias9.236

Responsable de menos de 3 unidades en centros de Educ. infantil e primaria:9.236

Membros dos equipos psicopedagóxicos de apoio:25.202

Programa reforma educación primaria e secundaria:

-Coordinación técnica76.143

-Equipos reforma38.887

PostoPtas./mes

C.E.F.O.C.O.P.S.:

-Direccion76.143

-Asesor38.887

Colexios rurais agrupados:

-Director centros de tipo D35.086

-Director centros tipo E21.400

-Xefatura de estudios e secretaría16.480

-Profesor9.236

Profesores de educación permanente de adultos:9.236

3º O importe mensual do compoñente do complemento específico por formación permanente dos funcionarios de carreira docentes é o seguinte:

1º período8.246 ptas./mes.

2º período10.601 ptas./mes

3º período14.136 ptas./mes

4º período20.026 ptas./mes

5º período5.889 ptas./mes

4º Profesorado e conceptos retributivos non incluídos nos apartados precedentes:

As retribucións do profesorado e dos conceptos retributivos non incluídos nos apartados precedentes deste anexo pero que estean recoñecidos expresamente pola normativa vixente aplicable a 31 de decembro de 1997, experimentarán así mesmo, a partir do 1 de xaneiro de 1998, un incremento do 2,1% sobre as contías fixadas para 1997.

ANEXO V

COTAS MENSUAIS DE COTIZACIÓN Á MUTUALIDADE XERAL DE FUNCIONARIOS CIVÍS DO ESTADO CORRESPONDENTES Ó TIPO DO 1,69 POR 100

GrupoCota mensual

A5.507

B 4.334

C 3.328

D 2.633

E 2.245

Nos meses de xuño e decembro aboarase por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no apartado terceiro punto 3 da presente orde.

COTAS MENSUAIS DE COTIZACIÓN Á MUTUALIDADE XERAL XUDICIAL CORRESPONDENTES Ó TIPO DO 1,69 POR 100

MultiplicadorCota mensual

4,755.507

4,505.507

4,005.507

3,505.507

3,255.507

3,005.507

2,505.507

2,254.334

2,003.795

1,502.633

1,252.245

Nos meses de xuño e decembro aboarase por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no apartado terceiro punto 3 da presente orde.

COTAS MENSUAIS DE DEREITOS PASIVOS DOS FUNCIONARIOS CIVÍS DO ESTADO CORRESPONDENTE Ó 3,86 POR 100 DO HABER REGULADOR

GrupoCota mensual

A12.577

B9.899

C7.602

D6.015

E5.128

Nos meses de xuño e decembro aboarase por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no apartado terceiro punto 3 da presente orde.

COTAS MENSUAIS DE DEREITOS PASIVOS CORRESPONDENTES Ó

3,86 POR 100 DO HABER REGULADOR DO PERSOAL Ó SERVICIO

DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

MultiplicadorCota mensual

4,7512.577

4,5012.577

4,0012.577

3,5012.577

3,2512.577

3,0012.577

2,5012.577

2,25 9.899

2,00 8.668

1,50 6.015

1,25 5.128

Nos meses de xuño e decembro aboarase por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no apartado terceiro punto 3 da presente orde.

ANEXO VI

TÁBOA SALARIAL POR GRUPOS

Grupo

Retribucións básicas brutas anuais

(14 meses)

I. Titulados superiores3.518.060

II. Titulados de grao medio2.937.256

III. Especialistas e encargados2.358.398

IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª1.998.374

V. Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados1.738.786

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51, 52, 53 e 54 do grupo III percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de 109.312

Grupo

Retribucións básicas brutas anuais

(14 meses)

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 10a, 10b, 10c, 10d e 10e do grupo V percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de52.444

COMPLEMENTOS SALARIAIS

Trienio4.015 ptas./mes

Plus de perigosidade11.053 ptas./mes

Plus de toxicidade11.053 ptas./mes

Plus de penosidade11.053 ptas./mes

Plus de dispoñibilidade horaria55.266 ptas./mes

ANEXO VII

RETRIBUCIÓNS BÁSICAS

Contía mensual

GrupoSoldoTrienios

A155.2305.961

B131.7484.769

C 98.2093.579

D 80.3032.390

E 73.3101.792

RETRIBUCIÓNS COMPLEMENTARIAS

Complemento de destino

NivelC. mensual

30116.834

29104.799

28100.391

27 95.982

26 84.205

25 74.709

24 70.301

23 65.895

22 61.485

21 57.085

20 53.028

19 50.317

18 47.610

17 44.900

16 42.195

15 39.486

14 36.779

13 34.069

12 31.360

11 28.655

10 25.946

* As pagas extraordinarias devengaranse en contía igual cada unha delas a unha mensualidade de soldo e trienios.

* A contía anual do complemento de destino percibirase distribuída en 14 pagas.

3470