Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.835

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 143/1998, do 15 de maio, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun predio situado no termo municipal de Coristanco (A Coruña), feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción dun centro de ensino secundario.

O Pleno da Corporación Municipal de Coristanco, en sesión ordinaria celebrada o 26 de marzo de 1998, acordou a cesión á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dun predio para a execución das obras de adaptación dos centros educativos á LOXSE.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Coristanco acordou a cesión, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de maio de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase, nos termos fixados no acordo do pleno do Concello de Coristanco, a cesión gratuíta a favor da Comunidade Autónoma de Galicia do terreo situado na parroquia de Traba e termo municipal de Coristanco e que se describe a continuación:

«Rústico: predio chamado Chousa do Porto ou Espiñaredo, sinalado co número cento noventa do catastro ó lado do colexio de Traba, en San Roque, parroquia de Traba, municipio de Coristanco; ocupa unha superficie de seis mil setecentos dez metros cadrados e linda: norte, camiño público; sur, predio de Carmen Trigo García e patio do colexio de Traba; leste, predios de Antonio Costa Pérez, Carmen Pérez Vilanova, Clarisa López Bertoa, Visitación Varela Facal e Pedro Pena Varela; e oeste, camiño público.

O inmoble descrito figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo no tomo 1071, libro 118 de Coristanco, folio 8, predio número 12.636, inscrición 1ª.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dun centro de ensino secundario.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, quince de maio de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

4837