Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.859

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 6 de xullo de 1998 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais en representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia).

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 26 de xullo), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 4 da dita lei, a Unión Xeral de Traballadores de Galicia acordou a renovación de membros titulares e suplentes da súa representación no consello.

En virtude do disposto no artigo 11 do Decreto 13/1994, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o órgano colexiado Consello Galego de Relacións Laborais figura adscrito a esta consellería.

Por todo o exposto, en virtude do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Nomear membros titulares do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia, a Xabier Carro Garrote, Vicente Calvo Loureiro e Manuel Ferreiro Mosquera, en substitución de Ricardo Varela Sánchez, Francisco J. Sardina Picos e Manuel Golpe Gómez.

Artigo segundo.-Nomear membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia, a Santiago Lamas Piñón, Miguel A. González Fernández e José Carlos Rodríguez del Río, en substitución de Álvaro Ansias Bacelar, José Benito Núñez López e Manuel Ferreiro Mosquera.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1998.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

7325