En atención ós méritos que concorren en Álvaro Arzú Irigoyen, presidente constitucional da República de Guatemala, e ó amparo do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.
Polo tanto e logo de acordo co Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de outubro de mil novecentos noventa e oito,
DISPOÑO:
Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Álvaro Arzú Irigoyen, presidente constitucional da República de Guatemala.
Santiago de Compostela, vinteséis de outubro de mil novecentos noventa e oito.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
9846