Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.699

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (141/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 141/1998-10, por instancia de José Rafael Areoso Bardanca, contra Juan José Patiño Iglesias e Germán Ignacio Sánchez Medina, e nas súas actuacións dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din literalmente:

«Sentencia.

En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1999.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado, coa referencia número 141/1998, no que actuaron como partes, como denunciantes, José Rafael Areoso Bardanca e, como denunciados, Juan José Patiño Iglesias e Germán Ignacio Sánchez Medina.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido.

Que debo absolver e absolvo a Juan José Patiño Iglesias e Germán Ignacio Sánchez Medina, da falta que se lles imputaba con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia, os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedira a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión.

Así mesmo, poderá acreditarse que se pediu a emenda da falta ou infracción en primeira instancia, agás no caso de que se cometesen nun momento no que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor na primeira instancia, das probas propostas que lle foran indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Juan José Patiño Iglesias, expido e asino en Santiago de Compostela, o dezasete de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado