Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din así:
En Santiago de Compostela o 15 de marzo de 1999.
Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, estes autos de xuízo verbal civil nº 567/1997, sobre danos con ocasión da circulación, nos que é parte demandante Rosalino Pedrosa Freire, maior de idade, baixo a represen
tación procesual do procurador Victorino Regueiro Muñoz, e coa defensa letrada de Ramón Siaba Vara; aparecen como parte demandada Esther Pite González e Isabel Regueiro Ramos, maiores de idade, ambas en situación procesual de rebeldía; demandada igualmente a entidade aseguradora Mapfre, baixo a representación procesual do procurador Santiago Gómez Martín e a defensa letrada de Antonio Ruiz Permuy.
Decido.
Que desestimando a demanda presentada por Rosalino Pedrosa Freire, debo absolver e absolvo a Esther Pite González e Isabel Regueiro Ramos, e a entidade aseguradora Mapfre da pretensión contra eles deducida neste procedemento, coa expresa imposición de custas á parte demandante.
Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa.
O secretario
Rubricado

