Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.700

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (164/1998-M).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:

Que no xuízo verbal de faltas número 164/1998, que se segue por furto, se dictou sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 6 de Santiago de Compostela e o seu partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 164/1998, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, os denunciantes José Vicente Rodríguez Fernández e José Antonio González Bueno, e o denunciado, Enrique Martínez Bravo.

Que debo absolver e absolvo libremente a Enrique Martínez Bravo da falta de furto pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará

certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en forma a Enrique Martínez Bravo, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de marzo de mil novecentos noventa e nove.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado