Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.881

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de abril de 1999 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas para a realización de proxectos de investigación e de bolsas de predoutoramento correspondentes ó Programa de Investigación en Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

O Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, atribúelle a esta o exercicio das competencias e funcións que en materia de medio ambiente e conservación da natureza se establecen nos artigos 27.10º, 11º, 15º e 30º e 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación, en especial na normativa sobre protección ambiental de Galicia.

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta dirixida ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 18 de decembro de 1998, aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001).

O plan está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais. Dentro dos programas tecnolóxicos horizontais figura o programa de investigación en medio ambiente que ten como obxectivo xeral mellora-lo coñecemento, conservación e, se é o caso, recuperación do medio, con atención tamén á contaminación e ás tecnoloxías ambientais. A xestión deste programa está encomendada á Consellería de Medio Ambiente en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvememento.

En consecuencia e co fin de pór en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas e neste caso concreto para a execución do programa de investigación en medio ambiente,

DISPONSE:

Artigo 1º

Convócanse as axudas e bolsas que a continuación se indican, como instrumentos ordinarios do programa de investigación en medio ambiente e apróbanse as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos á presente orde:

1. Axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada en medio ambiente. (Anexo I).

2. Axudas para a realización de proxectos empresariais de investigación en medio ambiente. (Anexo II).

3. Bolsas predoutorais para a realización de teses de doutoramento en temas de medio ambiente. (Anexo III).

Artigo 2º

Para a concesión das axudas convocadas no anexo I da presente orde destinarase ata un máximo de 206.200.000 ptas. que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.740.0, 04.07.432A.780.0 e 15.04.432A.740.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 1999, 2000 e 2001 de acordo coa seguinte distribución:

-Ano 1999:

04.07.432A.740.0: 81.000.000 de ptas.

04.07.432A.780.0: 10.000.000 de ptas.

15.04.432A.740.0: 35.000.000 de ptas.

-Ano 2000:

04.07.432A.740.0: 20.000.000 de ptas.

04.07.432A.780.0: 3.000.000 de ptas.

15.04.432A.740.0: 24.200.000 ptas.

-Ano 2001:

04.07.432A.740.0: 10.000.000 de ptas.

04.07.432A.780.0: 2.000.000 de ptas.

15.04.432A.740.0: 21.000.000 de ptas.

Para as axudas convocadas no anexo II destinarase ata un máximo de 130.000.000 de ptas. que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.770.0 e 15.04.342A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 1999 e 2000 de acordo coa seguinte distribución:

-Ano 1999:

04.07.432A.770.0: 50.000.000 de ptas.

15.04.342A.770.0: 50.000.000 de ptas.

-Ano 2000:

04.07.432A.770.0: 15.000.000 de ptas.

15.04.342A.770.0: 15.000.000 de ptas.

Para as bolsas convocadas no anexo III destinarase ata un máximo de 16.300.000 ptas. con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.480.0 (8.200.000 ptas.) e 15.04.432A.480.0 (8.100.000 ptas.), dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1999.

Nembargantes, tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar ata un máximo dun 20% en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 4º

Para os efectos do establecido no artigo 42.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. O prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde, será de 6 meses, contados a partir do día seguinte á data de peche da respectiva convocatoria.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental

ANEXO I

Axudas para a realización de proxectos de investigación en medio ambiente

Estas axudas teñen como finalidade a mellora do medio ambiente en Galicia e, como consecuencia, prestarlles apoio a aqueles equipos de investigación xa consolidados no desenvolvemento de proxectos de investigación aplicada en medio ambiente, de acordo coas áreas establecidas no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico:

-Coñecemento do medio (aéreo, acuático, terrestre, flora e fauna).

* Caracterización e inventarios.

* Avaliación do estado actual.

* Análise de fenómenos globais e a súa evolución.

-Conservación, mellora e recuperación do medio ambiente.

* Planificación e modelización.

* Xestión sostible do medio.

* Protección de hábitats e especies.

* Aproveitamento integral de recursos naturais.

-Contaminación e tecnoloxías ambientais.

* Caracterización de contaminantes e análise de procesos.

* Reducción, reutilización e reciclaxe de residuos.

* Vulnerabilidade dos sistemas naturais á contaminación.

* Tecnoloxías limpas (de prevención e reducción da contaminación).

1. Duración e contía máxima da axuda.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto de investigación por un período máximo de 3 anualidades e, en todo caso, o proxecto deberá

estar rematado antes do 31 de decembro do ano 2001. A contía das axudas durante o citado período, agás circunstancias excepcionais que o aconsellen, non superará os 16.000.000 de ptas.

2. Requisitos e solicitudes.

2.1. Requisitos xerais.

-As axudas poderán ser solicitadas polo persoal docente e investigador das universidades de Galicia ou por outros investigadores do cadro de persoal de centros públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma ou de centros tecnolóxicos de Galicia, sempre que se atopen en situación administrativa de servicio activo e prestando servicios nalgunha das universidades do sistema universitario de Galicia ou nun centro público de investigación radicado na Comunidade Autónoma, e poidan acreditar unha vinculación laboral estable co correspondente organismo durante o período de execución do proxecto.

-Os investigadores que desexen participar nesta convocatoria deberán dispor de horas libres para investigación descontadas as que dedican a outros proxectos vixentes (non se computarán aqueles proxectos que rematen antes do 1 de setembro de 1999), financiados pola Xunta de Galicia ou por outros organismos públicos ou privados (exceptúanse os proxectos financiados con fondos europeos), tendo en conta o seguinte:

a) O número máximo de horas que poden adicarse á investigación cando esta actividade se realiza de forma exclusiva é de 40 semanais.

b) Os investigadores que sexan profesores de universidade poderán asignarse ata un máximo de 32 horas semanais para actividade investigadora. Aqueles profesores de universidade que se atopan en situación de dedicación a tempo parcial por estaren realizando outro tipo de actividade profesional, non poderán figurar con máis de 16 horas semanais.

c) Cada investigador poderá participar só nun proxecto dos que se presenten a esta convocatoria. Para os efectos achegará declaración xurada.

d) Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, terán que acredita-la autorización do seu organismo para participar no proxecto.

e) Poderanse presentar proxectos coordinados entre diferentes grupos; neste caso actuará como coordinador do proxecto un dos investigadores principais dos subproxectos.

f) O equipo deberá estar formado polo menos por dous doutores e os restantes investigadores deberán ter acreditada a suficiencia investigadora prevista no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de doutor e outros estudios de posgrao. O equivalente xornada completa (EXC) do proxecto non poderá ter valor inferior a 2,5 (no caso de proxectos coordinados, EXC entenderase referido ó proxecto global e en todo caso cada un dos subproxectos deberá ter un EXC mínimo de 1,25). Poderanse incorporar tamén como colaboradores os licenciados, enxeñeiros ou arquitectos por

unha facultade ou escola técnica superior que, como mínimo, estean matriculados, no presente curso, nos estudios do terceiro ciclo o que acrediten vinculación co correspondente organismo pero estes non computarán para os efectos de acredita-lo requisito mínimo do devandito EXC antes citado.

Xuntarase, ó modelo de solicitude, fotocopia do DNI de cada un dos investigadores.

g) Para os investigadores que sexan doutores requírese unha dedicación mínima de 16 horas semanais. Os restantes investigadores deberán dedicar un mínimo de 25 horas semanais ó proxecto. Excepcionalmente admitiranse tamén aquelas solicitudes nas que o investigador principal, por causas xustificadas, que deberá expor nunha breve memoria explicativa, teña unha dedicación inferior a 16 horas pero superior a 12 horas.

h) Xuntarase declaración de todo o financiamento vixente de que dispón cada un dos membros do grupo investigador segundo o modelo que se inclúe na páxina 1 -3 do documento número 1 do modelo de solicitude.

2.2. Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial número 11 (do que a carátula externa se publica como anexo IV á presente orde e á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en Internet nos enderezos http://www.cesga.es/sxid e http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ), presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. Este modelo número 11 consta de 3 documentos:

-Documento nº 1: datos xerais do proxecto e do equipo investigador. Na páxina 1-4 indicarase se algún membro do equipo foi investigador principal dalgún proxecto financiado no ano 1995 ou en convocatorias anteriores. En caso afirmativo relacionaranse coas publicacións derivadas do dito proxecto; no caso de ter máis dun, indicaranse só os datos relativos ó último.

-Documento nº 2: memoria do proxecto de investigación.

-Documento nº 3: modelo oficial de currículum vitae.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ó disposto

na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

As axudas solicitadas deberanse referir a algún dos seguintes conceptos:

-Gastos de persoal relativos a persoal auxiliar de investigación (técnicos de FP-2 en prácticas), que poderá incorporarse ó proxecto, sempre que se xustifique a necesidade da súa realización del. Por este concepto poderán asignarse ata un máximo de 1.400.000 ptas./ano.

-Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificados. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo executor.

-Material funxible.

-Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

-Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

3. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias, con advertencia de que, de non o facer, se arquivará a súa solicitude sen máis trámite, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non axustarse ós termos da convocatoria, ou o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada.

Cando a temática do proxecto o aconselle, e logo de audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento conxuntamente co director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental poderán determina-lo trasvase de solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria a outras convocatorias do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento.

4. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos externos designados conxuntamente polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por

unha comisión de selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. A comisión terá en conta, entre outros criterios, os seguintes:

a) A valoración realizada polos expertos.

b) A valoración dos resultados obtidos, polos investigadores que forman o equipo, en proxectos financiados anteriormente.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

d) O interese dos obxectivos do proxecto para a resolución de problemas de medio ambiente relevantes para a Comunidade Autónoma.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e, en consecuencia, ó centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental).

5. Pagamento da subvención.

A subvención será pagada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó pagamento dos fondos será necesario que o organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto ou, se é o caso, de ter adquirido o compromiso del, xunto cos informes parciais dos proxectos de investigación correspondentes, se os houbese.

6. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto. A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios de modo coordinado para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados.

Ó finaliza-lo proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral

do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental remitirán ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no desenvolvemento del, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito informe, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou do rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, non obstante, quedan obrigados a comunicalos á Consellería de Medio Ambiente; no momento de facelos públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou da Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Xunta de Galicia e deberán enviar a través do correspondente rexistro xeral un exemplar das correspondentes publicacións.

7. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases da presente convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas, de conformidade co disposto no artigo 78.6º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

ANEXO II

Proxectos de investigación empresarial

en medio ambiente

A Consellería de Medio Ambiente e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, de acordo cos obxectivos xerais establecidos no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), dirixidos ó estímulo do sector empresarial, co fin de incrementar tanto a súa competitividade como as posibilidades de creación de emprego, consideran do maior interese incentiva-la capacidade de innovación das empresas galegas mediante a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no ámbito do medio ambiente, coa intención de:

-Reducción no uso de recursos naturais non renovables.

-Deseño, desenvolvemento e aplicación das mellores tecnoloxías.

-Tratamentos de fin de liña.

Desde o punto de vista estructural, a presente acción non define modelos de actuación predeterminados. Nembargantes, debido á carencia de medios adecuados que se observa en gran número de empresas e á existencia de notables recursos científicos de carácter público, serán obxecto de apoio

especial os proxectos nos que se conte coa colaboración de centros de ensino superior ou de investigación sen prexuízo da consideración favorable con que se recollan os proxectos presentados por empresas que teñan unha estructura e activos en I+D que lles permita abordar con solvencia a súa realización en solitario.

1. Obxecto.

Nas presentes bases regúlase o procedemento de concesión, en réxime de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, das axudas a empresas, asociacións ou agrupacións destas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, de acordo cos seguintes fins:

a) Fomenta-la realización de proxectos de iniciativa empresarial para favorece-la innovación nas empresas.

b) Incrementa-la colaboración das universidades e os centros de investigación da Comunidade Autónoma coas empresas de Galicia.

c) Estimular a medio prazo a participación das empresas de Galicia, sobre todo pequenas e medianas empresas, nos programas nacionais e europeos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

2. Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as empresas e asociacións ou agrupacións destas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Exerce-la súa actividade e realiza-lo proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ó día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.

d) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

e) As demais esixibles en virtude de normas de dereito necesario.

3. Modalidades.

Poderán presentarse proxectos nalgunha das seguintes modalidades:

a) Modalidade A: proxectos presentados por empresas que teñen unha estructura e activos de I+D que lles permite abordar por si mesmas a realización do proxecto.

b) Modalidade B: proxectos presentados por empresas que debido á carencia de medios adecuados encargan a totalidade ou parte da investigación que se vai realizar no proxecto a equipos das universidades ou de centros públicos de investigación de Galicia.

4. Ámbito temporal.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto que en todo caso deberá estar rematado antes do 31 de decembro do ano 2000.

5. Contía das axudas.

A contía das axudas concedidas poderá acadar como máximo ata un 70% dos gastos necesarios para a adquisición dos coñecementos obxecto do proxecto. Para tal efecto poderanse incluí-los custos seguintes:

-Gastos de persoal adicional imprescindible para a realización do proxecto (técnicos de FP-2 e demais persoal auxiliar, en prácticas, alleo ó cadro de persoal da empresa). Por este concepto poderá asignarse ata un máximo de 1.400.000 ptas./ano.

-Custos de adquisición e utilización de instalacións, equipos, instrumentos, aparatos e demais material inventariable, na medida en que os ditos bens se destinen con carácter exclusivo á actividade de investigación proposta.

-Outros gastos de funcionamento (materiais, subministracións e productos similares), directamente derivados da actividade de investigación.

6. Presentación de solicitudes.

As solicitudes no modelo oficial número 12 (que se publica como anexo V á presente orde e á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en Internet nos enderezos http://www.cesga.es/sxid e http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ), presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e no procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Á solicitude xuntaránselle os seguintes documentos:

1) Memoria do proxecto, que debe conter unha proposta técnica detallada así como o orzamento pormenorizado de custos e calquera outra información que poida contribuír á mellor avaliación científico-técnica e económica da proposta.

No caso de proxectos da modalidade B, a memoria incluirá as características do equipo investigador. Realizarase segundo o índice que se publica no anexo V á presente orde.

2) No caso de proxectos da modalidade B xuntarase compromiso de convenio asinado polo responsable da institución á que pertence o equipo de investigación que realizará o proxecto ou que colaborará na realización del.

3) Investimentos realizados en Galicia en I+D nos últimos tres anos, especificando se recibiron axudas ou subvencións dalgunha Administración pública.

4) Copia cotexada da tarxeta de personas xurídicas e entidades en xeral ou tarxeta de identificación fiscal.

5) Poderes suficientes do solicitante e copia compulsada da escritura de constitución e modificacións, se é o caso, da persoa xurídica á que representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

6) Declaración expresa de non ter contraída débeda ningunha, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

7) Certificación de estar ó día no pagamento das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

8) Fotocopia compulsada do imposto sobre sociedades correspondente ó último ano.

9) Declaración doutras axudas solicitadas ou obtidas de calquera entidade nacional ou estranxeira, relacionadas co proxecto. Utilizarase o modelo que se publica no anexo V.

O prazo de presentación de solicitudes será 30 días naturais contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

7. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias, con advertencia de que de non o facer, se arquivará a súa solicitude sen máis trámite, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada.

8. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos externos designados conxuntamente polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento ou polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A comisión terá en conta, entre outros criterios, os seguintes:

a) A valoración realizada polos expertos.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

c) O impacto das actuacións e resultados do proxecto para a resolución de problemas relevantes para a Comunidade Autónoma en temas de medio ambiente.

d) Capacidade da empresa para a execución do proxecto.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e en consecuencia o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental).

9. Pagamento da subvención.

Para poder percibi-las axudas correspondentes será necesario presentar, antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, os seguintes documentos:

-Certificación expedida pola entidade bancaria sinalando número de conta da empresa beneficiaria onde se debe realiza-lo pagamento.

-Memoria xustificativa das actividades realizadas e do custo dos traballos executados, así como os xustificantes debidamente acreditados do investimento solicitado.

-Certificación acreditativa de encontrarse ó día das obrigas tributarias coas facendas estatal e autonómica expedidas pola Axencia Tributaria e pola Consellería de Economía e Facenda, respectivamente, así como certificación de encontrarse ó día no pagamento das cotas de Seguridade Social.

-Certificación de non ter pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración da Comunidade Autónoma.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación nas condicións establecidas na Lei 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

10. Seguimento dos proxectos.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o 70% do custo total do proxecto. A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios de modo coordinado para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes par

ciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados.

Ó finaliza-lo proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental remitirán ás empresas beneficiarias destas axudas un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando a empresa obrigada a presenta-lo dito informe, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

11. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases da presente convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto no artigo 78.6º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

ANEXO III

Bolsas predoutorais

O obxecto desta convocatoria é a concesión de 12 bolsas dun ano de duración, prorrogables por un máximo doutros dous anos, logo de solicitude, de acordo coa normativa que se elabore para o efecto, para a realización de teses de doutoramento en temas de medio ambiente no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán e noutros centros de investigación radicados na Comunidade Autónoma galega. Deste xeito implementase un instrumento de formación no ámbito do Programa de Investigación en Medio Ambiente e do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Bases da convocatoria.

1. Requisitos dos solicitantes.

Para optar a unha destas bolsas serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado, de enxeñeiro ou de arquitecto por unha escola técnica superior, incluído o proxecto se o houbese.

c) Ter rematados os estudios correspondentes ós dous cursos académicos do programa de doutoramento, ó que está adscrito o solicitante, con posterioridade a xaneiro de 1997 ou estar matriculado

no segundo ano dos estudios de terceiro ciclo no presente curso académico 1998/1999.

d) Ter admitido, por un departamento dunha universidade do sistema universitario de Galicia, o proxecto de tese, segundo o artigo 7 do Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios universitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios de postgrado, antes do 1 de outubro de 1999.

e) Non ter desfrutado destas bolsas ou outras homologadas a elas en anteriores convocatorias.

2. Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

2.1. Unha asignación mensual bruta de 110.000 ptas. Esta cantidade poderá incrementarse para o ano 2000 no caso de existir crédito adecuado e suficiente co fin de conseguir a total homologación destas bolsas coas de formación de personal investigador que convoque o Ministerio de Educación e Cultura para o ano 2000.

2.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

3. Período de desfrute.

A duración destas bolsas é dun ano contado a partir da data que se indique na publicación da resolución destas bolsas no DOG. As bolsas concedidas poderán prorrogarse por outros dous anos, de acordo coa normativa que se elabore para o efecto.

4. Centros de realización.

Seis bolsas serán de realización no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán e as outras seis serán para calquera centro de investigación de Galicia.

5. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 5D (que se publica como anexo VI á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en Internet no enderezo: http://www.cesga.es/sxid e http:/www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm.), presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

5.1. Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas

en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante.

No caso de estudios convalidados, deberá presentarse así mesmo certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estar en posesión dun título de diplomado ou por ter realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico deberán xuntar ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

A certificación incluirá, se é o caso, a cualificación correspondente á tesina de licenciatura e indicará expresamente que se obtivo o grao pola modalidade de tesina e o seu título.

5.2. Proxecto do traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor avalado polo seu director/es (orixinal ou copia compulsada). No proxecto farase mención específica dos obxectivos, dos contidos básicos do traballo e das estratexias específicas de análise e indagación que se van utilizar. Para as seis bolsas correspondentes ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán os proxectos de investigación que se van realizar han de estar codirixidos por investigadores con actividade investigadora no dito centro.

5.3. Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo secretario do correspondente departamento universitario, no que conste a admisión do proxecto por parte do consello de departamento. No caso de que o interesado aínda non dispoña deste documento presentará o compromiso de entregalo tan pronto como se produza a súa aprobación. En todo caso o dito documento deberá presentarse antes do 1 de outubro de 1999.

5.4. Certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada na que conste a superación do primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo, así como as cualificacións correspondentes.

5.5. Declaración xurada do solicitante na que conste que cumpre o requisito establecido no punto 1.e).

O prazo de presentación de solicitudes será 30 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

6. Tramitación.

Revisadas as solicitudes presentadas exporase nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental e en Internet nos enderezos: http://www.cesga.es/sxid e http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm a lista de solicitudes admitidas e excluídas,

indicando, se é o caso, as causas de exclusión. Contra a dita resolución poderán os interesados formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, no prazo de dez días, a partir da publicación da resolución, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámites.

7. Selección de candidatos.

7.1. Comisión de Selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7.2. Criterios xerais de selección.

A selección de bolseiros farase fundamentalmente en función dos méritos acreditados nos puntos 4.1 e 4.4; en relación con este último a comisión de selección establecerá previamente o número de créditos do primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo que serán valorados.

8. Resolución do concurso.

A Comisión de Selección elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputan as bolsas e en consecuencia o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental).

9. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Excepcionalmente poderanse conceder interrupcións no desfrute da bolsa por petición razoada do interesado, logo de informe do seu director de tese.

As interrupcións non poderán ser nunca superiores a 6 meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións e non darán lugar en ningún caso á posibilidade de recupera-lo período interrompido.

No momento en que algún dos beneficiarios destas bolsas realice a lectura da súa tese de doutoramento ou se produza algunha circunstancia que determine a incompatibilidade no desfrute da bolsa, deberá comunicalo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, procedéndose á suspensión da bolsa correspondente e adxudicaralla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese. Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior, a súa renuncia deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director da tese.

10. Aceptación da bolsa e pagamento.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases

11. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Antes de finaliza-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, deberán remitir á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, un informe do labor realizado ata o momento. Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa, remitirán un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán adicar ata un máximo de 80 horas durante o curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal del.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se lle autorice.

O bolseiro está obrigado a notificar á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese deberá notificalo igualmente, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.