Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.893

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo T.E. 023/98 ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000331/1999 interposto por Francisco Ferrol Blanco.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co recurso contencioso-administrativo 01/0000331/1999 interposto por Francisco Ferrol Blanco, contra a resolución do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña do 20 de outubro de 1998, sobre autorización para a instalación dunha industria de prefabricados de formigón no lugar de Sendión-San Martiño, no concello de Toques, de conformidade cos artigos 48 e 49 da Lei do 13 de xullo de 1998 da xurisdicción contencioso-administrativa e en virtude das competencias atribuídas pola Orde do 19 de agosto de 1997, pola que se delegan nos delegados provinciais atribucións en materia de urbanismo,

RESOLVO:

1. Remiti-lo expediente T.E. 023/98 ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no que se lle denegou a Francisco Ferrol Blanco, en nome e representación da entidade mercantil Prefabricados San Martiño, S.L. a autorización para a instalación dunha industria de prefabricados de formigón no solo rústico, no lugar de Sandión-San Martiño, no concello de Toques.

2. Notifica-la presente resolución ó Concello de Toques e ó Concello de Melide, así como publicala no DOG para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que non se poden notificar por descoñecemento do seu domicilio, emprazándoas para que poidan comparecer nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

A Coruña, 29 de abril de 1999.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña