Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.900

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de abril de 1999 pola que se autoriza o cesamento de actividades do centro privado de educación infantil Carolinas de Ribeira.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación infantil «Carolinas» de Ribeira no que solicita o cesamento de actividades do dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 4 de decembro de 1978, a autorización definitiva para unha unidade de preescolar.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995,

do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Visto o informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado de educación infantil que se cita no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña.

Código do centro: 15022361.

Concello: A Coruña.

Localidade: Ribeira.

Enderezo: Avda. da Coruña, 28.

Denominación: Carolinas.

Titular: Francisca Martínez Sieira.

Autorización do cesamento de actividades do centro.