Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 5.981

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 18 de maio de 1999 pola que se determinan os servicios mínimos durante a folga convocada para os días 20 e 24 de maio no centro de traballo da mina da Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa) nas Pontes de García Rodríguez.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece o dereito de folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses, a pesar de que limite o seu exercicio para garanti-lo mantemento dos servicios esenciais da comunidade. O Decreto 155/1988, do 9 de xuño no seu artigo 3 faculta o conselleiro competente por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde, e ante unha situación de folga decida o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento dos servicios, así como para determina-lo persoal preciso para a súa prestación.

Por esta razón, cómpre a determinación de servicios mínimos ó ter carácter esencial os de abastecemento e mantemento de bens de utilidade pública, tal como recoñece o propio Decreto 155/1988, do 9 de xuño, da Xunta de Galicia, e, convocada a folga para os día 20 e 24 de maio de 1999 no centro de traballo da mina de Endesa nas Pontes de García Rodríguez, esta consellería, oído o comité

de folga, e en virtude das competencias que lle atribúe o mencionado decreto e demais disposicións de aplicación,

DISPÓN:

Artigo 1º

Mentres dure a folga anunciada, que comezará ás 12 horas dos días 20 e 24 de maio e rematará ás 15 horas dos mesmos días, no centro de traballo da mina de Endesa nas Pontes de García Rodríguez, os servicios mínimos serán os seguintes:

1) Días 20 e 24 de maio (de 12 a 15 horas).

Producción

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/día

1Operador de subestación tesouro2

1Operador de centro control2

Obras

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/día

1Xefe de equipo de bombeo2

1Bombeiro2

No caso de producirse algunha avaría ou incidente de carácter grave, a dirección e o comité de folga reuniranse co fin de acorda-lo persoal necesario para a correspondente reparación.

Artigo 2º

O incumprimento desta obriga de mante-los servicios mínimos fixados na presente orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable.

Artigo 3º

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio