Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por concurso, procedemento aberto, do proxecto de rede de sumidoiros do Alto da Cruz ó Posto da Cruz Vermella.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Obxecto do contrato: a instalación de rede de sumidoiros, incluída no proxecto do enxeñeiro técnico de OP, Montero Vaz, mailas melloras que se poidan ofertar.

Prazo de execución: tres meses.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Tipo de licitación: 21.505.708 ptas.

Garantía provisional: 430.114 ptas.

Garantía definitiva: 860.228 ptas, máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas.

Obtención de documentación: na Secretaría Xeral.

Información: chamando ó Concello da Estrada, Tlfo: 57 01 65, extención 15.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da secretaría xeral, das 9 ás 13 horas.

Presentación de ofertas en tres sobres: no sobre 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre 2: oferta económica adaptada ó modelo. Sobre 3: melloras ó proxecto

ou realización de obras análogas a maiores debidamente cuantificadas e especificadas.

Apertura: en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten, publicados no BOP do 13-4-1999.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 19 de abril de 1999.

O alcalde

Rubricado