Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 12 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo polo que se ordena a incoación do expediente sancionador 67.10/94, por presunta infracción da lexislación de costas, se nomean instructor e secretario deste e se adoptan medidas provisionais; e do prego de cargos formulado polo instructor.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I, o acordo do delegado desta consellería en Pontevedra, polo que se ordena a incoación do expediente sancionador polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo LC), e do seu Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da LC, aprobado polo Real decreto 1471/1989, e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en adiante RC); nomeándose instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Alfonso Santiago Domínguez, ámbolos dous funcionarios do Servicio de Conservación do Litoral desta delegación provincial (Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, modificado polo Decreto 122/1999, do 23 de abril), e adóptanse as medidas

provisionais especificadas.

Os nomeamentos do instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do RC.

Pontevedra, 12 de maio de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO I

Expediente número: 67.10/94.

Denunciado/a: Francisco Javier Vicente Carrera.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: A Foz, nº 23-A Ramallosa-Nigrán.

Data do acordo: 8-3-1999.

Feitos: construcción dunha piscina e un garaxe.

Lugar: A Foz-A Ramallosa.

Concello: Nigrán.

Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese impoñerse, segundo os artigos 97.3º da LC e 187.1º do RC.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25.2º e 26.1º da LC e Arts. 46.1º e 48.1º do RC.

Preceptos sancionadores: Art. 90 c) da LC e Art. 174 c) do RC.

Cualificación e contía da posible sanción: Arts. 91.2º e) e 97.1º da LC e Arts. 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do RC, podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.