Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 18 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución formulada polo instructor do expediente 72.3/97, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, na súa condición de promotor, a proposta de resolución que formula o instructor, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (no sucesivo LC) e do seu regulamento (en adiante RC);

O que se lle comunica ó interesado de conformidade cos artigos 19.1º do R.D. 1398/1993 e 194.10º do Regulamento de costas, para que no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poida obte-las copias dos documentos que constan no expediente que considere oportunos e formula-las alegacións e presenta-los documentos que crea pertinentes, perante o instructor do procedemento.

Pontevedra, 18 de maio de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 72.3/97.

Denunciado: Roberto Roupeiro López.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: Tuimil-Viso; T.M. de Redondela.

Data da proposta: 18-5-1999.

Feitos: adecentamento dunha caseta existente, destinada a garda de apeiros de pesca, para uso habitacional.

Lugar: praia de Cesantes.

Concello: Redondela.

Proposta: en aplicación dos artigos 95.1º e 97.1º da LC e artigos 179.1º e 180 b) do RC proponse a imposición a Roberto Roupeiro López, na súa condición de promotor, dunha multa de sesenta e unha mil catrocentas setenta e catro pesetas (61.474 ptas.), que deberá aboar ingresando na conta nº 2091-0388-90-3110001181 da oficina de Caixa Galicia en Pontevedra, a citada cantidade, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que recaia e que se lle ordene volta-los terreos nos que se executou a obra obxecto deste expediente ó seu primitivo estado, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que sobre o particular recaia.