En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da adquisición de diverso material informático con destino ás oficinas liquidadoras de distrito hipotecario e a renovacion tecnolóxica do parque de impresoras dependentes do CIXTEC.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702 Santiago de Compostela, Tf: 981 54 13 37, fax: 981 54 13 03.
b) Número de expediente: 8/99.
2. Obxecto do contrato:
a) Adquisición de diverso material informático con destino ás oficinas liquidadoras de distrito hipotecario e a renovación tecnolóxica do parque de impresoras dependentes do CIXTEC.
b) Prazo de entrega: 15 días a partir do outorgamento do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento máximo de licitación: 10.600.000 ptas. (IVE incluído) distribuído nos seguintes lotes:
Número de loteImporte máximo (ptas.)
Lote 11.700.000
Lote 22.800.000
Lote 33.600.000
Lote 42.500.000
5. Garantías: importes segundo o lote ó que se licite:
-Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación:
Número de loteImporte garantía provisional (ptas.)
Lote 134.000
Lote 256.000
Lote 372.000
Lote 450.000
-Garantía definitiva: 4% do orzamento máximo de licitación:
Número de loteImporte garantía definitiva (ptas.)
Lote 1 68.000
Lote 2112.000
Lote 3144.000
Lote 4100.000
6. Obtención da documentación e información:
a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.
b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Teléfono: 981 54 13 37.
e) Telefax: 981 54 13 03.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado presentaranse
no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.
8. Apertura das ofertas:
En acto público ás 13 horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas, no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, (CIXTEC).
9. Gastos de anuncios:
Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1999.
Gonzalo Gómez Montaña
Director do Centro Informático para a Xestión
Tributaria, Económico-Financeira e Contable