Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 27 de agosto de 1999 Páx. 10.680

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de agosto de 1999 pola que se aproba e fai pública a relación de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas ó corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia convocado por Resolución do 12 de febreiro de 1999 e se procede a nomea-lo tribunal cualificador.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 156, do 13 de agosto de 1999, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 10.252, no apartado do tribunal titular, onde di: «Vocal Reprst. centr. sindicais: Carmen Refojo Rodríguez, funcionaria da Administración de Xustiza de Galicia», debe dicir: «Vocal reprst. centr. sindicais: Carmen Refojo Rodríguez, funcionaria do grupo C da Administración xeral da Xunta de Galicia. Licenciada en dereito».

-No apartado do tribunal suplente, onde di: «Vocal reprst. centrais sindicais: Antonio Paz Andrade, funcionario», debe dicir: «Vocal reprst. centrais sindicais: Antonio Pais Andrade, funcionario do grupo B da Administración docente. Licenciado en historia».