Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 27 de agosto de 1999 Páx. 10.680

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada, a Ramón Francisco Soto Costas (praza 48/1998).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 29 de xuño de 1998 (BOE do 18 de xullo) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada, a favor de Ramón Francisco Soto Costas, con documento nacional de identidade número 36.042.881, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 51 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ramón Francisco Soto Costas profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 21 de xullo de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo