Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 27 de agosto de 1999 Páx. 10.681

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (169/1999).

En virtude do acordado por este xulgado nos autos de desafiuzamento por falta de pagamento, número 169/1999-4, promovidos por Ramón Otero Fernández, contra Jesús Lima Martínez. Por medio desta cédula cítase a Jesús Lima Martínez, co fin de que compareza na sala de audiencia deste xulgado o vindeiro día vintedous de setembro, ás dez horas, para o cal deberá concorrer cos medios de proba de que intente valerse, baixo apercibimento de que, de non comparecer, recaerá na súa rebeldía o prexuízo a que houber lugar en dereito, conforme o artigo 729 da LAC.

De conformidade co disposto no artigo 1563 da LAC, queda apercibido de que, para que poida acordarse a enervación da acción de desafiuzamento, deberá realizarse antes da realización do xuízo o pagamento ou consignación das cantidades na inefectividade das cales se sustenta a demanda e das que no dito momento deba.

E para que lle sirva de citación en forma ó mencionado demandado e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 29 de xuño de 1999.

O secretario

Rubricado