Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que no xuízo verbal de faltas número 305/99, que neste xulgado se segue por furto, se dictou sentencia co encabezamento e dictame do teor literal seguinte:
En Santiago de Compostela o vinteoito de maio de mil novecentos noventa e nove, José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:
Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 51/1999, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante Dolores Balboa Illodo e o denunciado Santiago Torres Cidranes (seguen antecedentes de feito, feitos probados, fundamentos de dereito).
Resolvo que debo condenar e condeno a Santiago Torres Cidranes, como autor dunha falta de furto, á pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de duascentas pesetas, e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de libertade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais.
Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.
Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que así conste e lle sirva de notificación a Santiago Torres Cidranes, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trinta de xuño de mil novecentos noventa e nove.
A secretaria
Rubricado

