Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 27 de agosto de 1999 Páx. 10.682

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (88/1999).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:

Que neste xulgado se seguen autos de executoria número 88/1999, dimanantes do xuízo verbal de faltas número 73/1997, por lesións en agresión, insultos e ameazas, contra Antonio Garaboa Mira, dictouse providencia que ten como teor literal o seguinte:

«En Santiago de Compostela o oito de abril de mil novecentos noventa e nove.

Recibidos os anteriores autos con certificación da resolución recaída en segunda instancia, acúsese recibo de todo iso, fágaselles saber ás partes a súa chegada e sendo a dita resolución confirmatoria, declárase a sentencia recaída no presente procedemento firme de dereito. Incóese a correspondente executoria e sendo a dita sentencia condenatoria, procédase ó seu cumprimento para o cal o condenado Antonio Garaboa Mira será requirido co fin de que, no improrrogable prazo de oito días, acredite ter ingresado na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta na oficina principal do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, co número 1500/78/0088/1999, a cantidade de 120.000 pesetas en concepto de multa, suma resultante da pena de multa de dous meses imposta en sentencia firme, á que se lle fixou a cota diaria da dita pena na cantidade de 1.000 pesetas, baixo apercibimento, no caso de non verificalo, de cumprir un día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non

satisfeitas.

Que ó mesmo tempo sexa requirido co fin de que no dito prazo e conta anteriormente indicada, acredite ter ingresado a cantidade de 183.318 pesetas en concepto de indemnización, baixo apercibimento, caso de non verificalo, de que se procedera ó embargo de bens da súa propiedade en cantidade suficiente para cubri-la dita suma ...»

E para que así conste e lle sirva de requirimento ó condenado Antonio Garaboa Mira, o cal se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dous de xullo de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado