Nos autos de executoria 143/1999, seguidos neste xulgado por furto, en virtude de denuncia formulada por María Fernández Millán, contra Evaristo Múgico Outeiral e Eduardo Suárez Pombo, e sendo parte o Ministerio Fiscal, dictouse a seguinte cédula:
Providencia do maxistrado-xuíz accidental Francisco J. Míguez Poza.
En Santiago de Compostela o sete de xullo de mil novecentos noventa e nove.
Tendo transcorrido con exceso o termo de cinco días sen que ningunha das partes interpuxese recurso ningún contra a sentencia de instancia, declárase firme, e sendo esta condenatoria, procédase á súa execución, para este fin, incóese a correspondente executoria, a que se rexistrará coas da súa clase.
Requírase o condenado Evaristo Múgico Outeiral a través do DOG, por atoparse en situación de ignorado paradoiro, co fin de que no improrrogable termo de oito días acredite ter ingresado na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV, co número de conta 1500-78-0143/99, a cantidade de quince mil pesetas que en concepto de multa lle foi imposta nos autos de xuízo de faltas 179/98 do que dimana a presente executoria, cantidade resultante dos 30 días impostos por tal concepto, coa cota diaria de 500 pesetas e iso coa responsabilidade persoal de cumprir un día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias ou fracción deixadas de aboar.
Mandouno e asínao a súa señoría. Dou fe.
E para que conste e lle sirva de requirimento en forma ó demandado-condenado Evaristo Múgico Outeiral, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de xullo de mil novecentos noventa e nove.
A secretaria
Rubricado

