Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.353

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de agosto de 1999 pola que se resolve a Orde do 29 de abril de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 96, do 21 de maio) de convocatoria de subvencións a universidades galegas para a organización de congresos, simposios e xornadas que favorezan a proxección universitaria, tanto no ámbito local como nacional e internacional.

Pola Orde do 29 de abril de 1999 (DOG nº 96, do 21 de maio) convocáronse subvencións a universidades galegas para a organización de congresos, simposios e xornadas que favorezan a proxección universitaria, tanto no ámbito local como nacional e internacional.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, e atendendo ó informe-proposta elevado pola comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles axudas ás persoas que se relacionan no anexo á presente resolución para a realización dos eventos e na contía que se indican en cada caso.

Segundo.-Os pagamentos faranse de acordo co establecido nas bases da convocatoria.

Terceiro.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 29 de abril suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer potestivamente recurso de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, ou ben recurso contencioso-administrativo, de acordo co previsto nos artigos 116 e seguintes da Lei 4/1999, pola que se modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Subvencións a universidades galegas para a organización de congresos, simposios e xornadas

(Orde do 29 de abril de 1999, DOG do 21 de maio)

SolicitanteDenominaciónUniversidadeAxuda

Acinas García, Juan RománJornadas Españolas de Ingeniería de Puertos y CostasUniversidade da Coruña465.000 ptas.

Alonso Ramos, MargaritaJornadas sobre Lingüística del CorpusUniversidade da Coruña250.000 ptas.

Andrade Garda, José ManuelXornadas Nacionais do Voluntariado SocialUniversidade da Coruña233.000 ptas.

SolicitanteDenominaciónUniversidadeAxuda

Blanco González, AureliaXIII Encuentro de Directores de EE.UU. de Estudios EmpresarialesUniversidade da Coruña250.000 ptas.

Casado Neira, DavidLas Astucias de lo Social II: FronterasUniversidade de Vigo324.000 ptas.

Dosil Maceira, AgustínIII Congreso Internacional de Psicoloxía e Educación: Orientación e Intervención PsicopedagóxicaUniversidade de Santiago

de Compostela

750.000 ptas.

Fernández Areal, ManuelA propaganda política nas sociedades democráticasUniversidade de Vigo462.000 ptas.

Fernández Pérez, Mª MilagrosLingüística aplicada e novas profesiónsUniversidade de Santiago

de Compostela

400.000 ptas.

Freixeiro Mato Xosé RamónSimposio «Castelao na Galiza do Século XX»Universidade da Coruña475.000 ptas.

González Maestro, JesúsIII Congreso da Teoría da LiteraturaUniversidade de Vigo200.000 ptas.

Lameiras Fernández, MaríaI Congreso Nacional de Psicología Clínica y de la SaludUniversidade de Vigo500.000 ptas.

Luna Alonso, AnaA Europa das linguas: planifica-la pluralidadeUniversidade de Vigo562.000 ptas.

Pintos Cea-Naharro, Juan LuisConvención Española de Ciencia Ficción (HISPACON)Universidade de Santiago

de Compostela

500.000 ptas.

Prada Rodríguez, DaríoJornadas sobre Calidad y Medio Ambiente: Medio Ambiente LaboralUniversidade da Coruña400.000 ptas.

Prado Díez, DavidLa Creatividad en la UniversidadUniversidade de Santiago

de Compostela

375.000 ptas.

Rebolledo Varela, Ángel LuisCongreso Nacional sobre Responsabilidad Patrimonial de las Administraciones PúblicasUniversidade de Santiago

de Compostela

475.000 ptas.

Rodríguez Míguez, LuisA medicina naturista clásica ante as enfermidades reumáticasUniversidade de Vigo562.000 ptas.

Romero Martín, ManuelRelación enfermera-pacienteUniversidade da Coruña472.000 ptas.

Saavedra González, Mª ÁngelesNo Paramétrica 99Universidade de Vigo155.000 ptas.

Saco Álvarez, AlbertoEspacios e Políticas SociaisUniversidade de Vigo400.000 ptas.