Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.199

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 18 de outubro de 1999 pola que se declara de interese galego a Fundación Antonio Fraguas Fraguas e se inscribe no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, con domicilio no Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval, nº 3. Santiago de Compostela.

Supostos de feito:

Primeiro.-Luciano García Alén, como representante da fundación, en escrito do 19 de agosto de 1999, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Segundo.-A fundación constitúese en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día 9 de agosto de 1999, ante o notario do Colexio de Galicia Enrique Roger Amat, co número mil seiscentos trinta e catro do seu protocolo por Antonio Fraguas Fraguas, Jesús Pérez Varela, Xosé Sánchez Bugallo, Luciano García Alen e Manuel Caamaño Suárez, intervén Jesús Pérez Varela en nome e repre

sentación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xosé Sánchez Bugallo en nome e representación do Concello de Santiago de Compostela, Luciano García Alén e Manuel Camaño Suárez en representación da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego e Antonio Fraguas Fraguas no seu propio nome.

Terceiro.-A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundacíón Antonio Fraguas Fraguas, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultura e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Cuarto.-Á vista da proposta da comisión de secretarios xerais pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 7 de setembro de 1999 (DOG do 28 de setembro), clasificouse como de interese cultural a Fundación Antonio Fraguas Fraguas, tendo en conta o disposto no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

Quinto.-Segundo consta no artigo tres dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a achega de medios económicos para o funcionamento do Museo do Pobo Galego, como institución que representa a concreción e síntese da obra de Antonio Fraguas Fraguas e de todos cantos con el loitaron por un centro que recollese a cultura material e espiritual de Galicia, en espcial Xaquín Lorenzo Fernández, Xesús Taboada Chivite, Xosé Fernando Filgueira Valverde, Ramón Martínez López, Antonio Rodríguez Fraiz e Ramón Piñeiro López, patróns fundadores desta institución. A defensa, conservación, promoción e divulgación do seu legado material e intelectual a través do apoio ó funcionamento do Museo do Pobo Galego.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, constan, entre outros, os seguintes puntos: acreditación da personalidade dos fundadores, dotación incial da fundación, estatutos nos que consta a denominación a fundación como Fundación Antonio Fraguas Fraguas, capacidade xurídica, domicilio e obxecto.

O padroado da fundación estará constituído polos membros que se designan na carta fundacional.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto

de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como o artigo 1 do Decreto 12/1990, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, asumindo as funcións que en canto a protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débense destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación dela.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dálle nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico e, por outra, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data da finalización do exercicio, unha memoria das actividades realizadas ó longo do ano e de xestión económica do patrimoino, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ó proctectorado no prazo de seis meses desde a data do peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións da Sección de Fundacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo segundo se desprende dos artigos 5, 6, 7, 8, 11.1º e 18 da Lei 7/1983, en relación cos artigos 2, 3, 4, 5 e 33 do Decreto 248/1992. Por todo isto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Antonio Fraguas Fraguas.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección de Fundacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a formación do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial á obriga de lles da-la publicidade suficiente

ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a lle rende-las contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do último mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo