Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.692

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 3 de marzo de 2000 pola que se nomean os membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia, convocado por Orde do 1 de febreiro de 2000.

O Decreto 288/1994, do 30 de setembro, (modificado no seu artigo 5 polo Decreto 286/1995 do 19 de outubro) polo que se crea o Premio das Letras e das Artes de Galicia, dispón no seu artigo 4º (publicada corrección de erros no DOG nº 13, do 19 de xaneiro de 1995) a composición do xurado do premio mediante proposta das institucións citadas na devandita disposición.

En cumprimento do citado artigo, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear presidente e membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia as seguintes persoas:

1. Presidente:

Carlos Casares Mouriño, proposto polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

2. Vocais:

Ramón Castromil Ventureira, proposto polo Consello da Cultura Galega.

Xosé Ramón Barreiro Fernández, proposto pola Real Academia Galega.

Luis Iglesias Feijóo, proposto pola Universidade de Santiago de Compostela.

Xosé Ramón Soraluce Blond, proposto pola Universidade da Coruña.

Xosé Manuel Cid Fernández, proposto pola Universidade de Vigo.

Julio A. Fernández Argüelles, proposto pola Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

Agustín Sixto Seco, nomeado polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, nomeado polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

3. Secretario:

Homero José María Pérez Quintana, director xeral de Promoción Cultural.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo