Examinadas as solicitudes formuladas polos titulares dos centros privados que solicitan a transformación de unidades de formación profesional de segundo grao en ciclos formativos de grao medio.
Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, (BOE do 26), Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo (BOE do 28), Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), Orde do 7 de xaneiro de 1997 (DOG do 21-1997), pola que se regula a adecuación das autorizacións dos centros privados de formación profesional de primeiro grao autorizados ou con clasificación definitiva e mailas dos centros de formación profesional de segundo grao homologados para implanta-los ciclos formativos de grao medio.
Considerando que as mencionadas solicitudes se axustan á lexislación vixente.
Esta dirección xeral, en virtude do establecido na disposición derradeira primeira da referida Orde de 7 de xaneiro de 1997,
RESOLVE:
Autoriza-la transformación de unidades de formación profesional de segundo grao en ciclos formativos de grao medio ós centros que no anexo se relacionan.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.
Severino Somoza Gómez
Director xeral de Centros e Inspección Educativa
PROVINCIA: A CORUÑA
Localidade: Coristanco.
Centro: AEFA Fonteboa.-1 unidade de FP2-1º da rama: agraria.
Transfórmase na:
1ª unidade do ciclo formativo de grao medio de explotacións agrarias extensivas da familia profesional de actividades agrarias.
Composición resultante:-1 ciclo formativo de grao medio de explotacións agrarias extensivas (1ª unidade).-2 unidades de FP2 da rama: agraria.
Localidade: A Coruña.
Centro: Karbo.-2 unidades de FP2-1º da rama: administrativa e comercial.
Transfórmase en:
1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa da familia profesional de administración.
1 ciclo formativo de grao medio de comercio da familia profesional de comercio e marketing.
Composición resultante:
3 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa (3 unidades).
3 ciclos formativos de grao medio de comercio (3 unidades).
2 unidades de FP2 da rama: administrativa e comercial.
3 unidades de educación infantil.
7 unidades de educación primaria.
Localidade: A Coruña.
Centro: Nebrija.-1 unidade de FP2-1º da rama: administrativa e comercial.
Transfórmase en:
1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa da familia profesional de administración.-1 unidade de FP1-2º da rama: sanitaria.
Transfórmase en:
1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería da familia profesional de sanidade.-1 unidade de FP2 da rama: sanitaria.
Transfórmase en:
1 ciclo formativo de grao medio de farmacia.
Composición resultante:-2 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa (2 unidades).-1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade).-2 ciclos formativos de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (2 unidades).-1 ciclo formativo de grao medio de farmacia (1 unidade).-2 unidades de FP2 da rama: administrativa e comercial (réxime ensinanzas especializadas).-2 unidades de FP2 da rama: sanitaria (réxime xeral).
Localidade: A Coruña.
Centro: Technical School.-2 unidades de FP2-1º da rama: administrativa e comercial.
Transfórmanse en:
1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa da familia profesional de administración.
1 ciclo formativo de grao medio de comercio da familia profesional de comercio e marketing.
Composición resultante:-1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade).-1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade).-2 unidades de FP2 da rama: administrativa e comercial.
PROVINCIA: PONTEVEDRA
Localidade: Vigo.
Centro: Cebem.-2 unidades de FP2-1º da rama: administrativa e comercial.
Transfórmase en:
1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa da familia profesional de administración.
1 ciclo formativo de grao medio de comercio da familia profesional de comercio e marketing.
Composición resultante:-1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade).-1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade).-4 unidades de FP2 da rama: administrativa e comercial.
Localidade: Vigo.
Centro: Daniel Castelao.-2 unidades de FP2-1º da rama: administrativa e comercial.
Transfórmanse en:
1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa da familia profesional de administración.
1 ciclo formativo de grao medio de comercio da familia profesional de comercio e marketing.- 1 unidade de FP2-1º da rama: electricidade e electrónica.
Transfórmase na:
1ª unidade do ciclo formativo de grao medio equipos electrónicos de consumo da familia profesional de electricidade e electrónica.
Composición resultante:-3 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa (3 unidades).-4 ciclos formativos de grao medio de comercio (4 unidades).-1 ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo (2 unidades).-1 ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo (1ª unidade).-4 unidades de FP2 da rama: administrativa e comercial.-2 unidades de FP2 da rama: electricidade e electrónica.

