Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de agosto de 1999, acordou aprobar definitivamente o plan especial para a dotación de servicios do núcleo de reciente creación denominado Marciñado, promovido por Manuel Novoa Blanco e redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez. (Expediente 32/1997.PPE).

Recursos.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Si se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana este acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante da Sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da

notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición súa sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a súa interposición), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adinistracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 17 de setembro de 1999.

Alcalde-presidente

Rubricado