Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

Fáiselle saber a Carlos Fuentes Moriño, con último domicilio coñecido é na rúa San Roque, nº 18 na Coruña, que o Pleno da Corporación, en sesión do día 26 de agosto de 1999, aprobou definitivamente o plan especial para a dotación de servicios do núcleo de recente creación denominado Marciñado, na parroquia de Loureda, Arteixo, tramitado por instancia de Manuel Novoa Blanco, como propietario de terreo comprendido no plan (expediente 32/1997.PPE).

Recursos.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da recepción da presente notificación, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana este acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da presente notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante da sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición deste sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición deste), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O que se notifica mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos previstos no artigo 42.6º da Lei 1/1997, do solo de Galicia e no artigo 59.4º da Lei 4/1999, de reforma da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Arteixo, 12 de maio de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde