A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 16 de maio de 2000, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da parcela sita no nº 7 da UA-4-Arteixo. Promovido pola entidade Promociones Inmobiliarias Naya Liñares Ramón, S.L., segundo o proxecto redactado polo arquitecto Roberto Chao Gavilán e visado polo COAG con data de 15 de setembro de 1999. (Expediente 25/1999.PUR).
Recursos.
Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa poderá vostede interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio. segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.
Se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facelo perante o órgano municipal do que dimana o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderá vostede interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da recepción da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdiccion.
Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a súa interposición sen que fose noitificado, poderá vostede interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición deste), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Arteixo, 8 de xuño de 2000.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente de alcalde