Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 16 de maio de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, contendo proposta para a zona do Paseo do Balneario -núcleo urbano de Arteixo-Arteixo, promovido pola sociedade Naya-Esmorís, S.L., representada por José Esmorís Iglesias, e segundo o proxecto redactado polo arquitecto Luis Hermida González, que queda sometido a información pública por plazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio, durante este prazo as persoas interesadas poderá examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que coiden convenientes (expediente 14/00.PED).

Do mesmo xeito, e en virtude do artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial comprendido no trazado de aliñacións a que afecta o estudio de detalle ata a súa aprobación definitiva.

Arteixo, 8 de xuño de 2000.

P.D. (Decreto nº 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde