Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.023

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Stolt Sea Farm, S.A.

Visto o expediente do covenio colectivo da empresa Stolt Sea Farm, S.A. (código 1502982) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-5-2000 e posteriormente rectificado con data do 9-6-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 8-5-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xuño de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Stolt Sea Farm, S.A. 2000-2001-2002

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo rexe, regula e actualiza as relacións laborais entre a empresa Stolt Sea Farm, S.A. e os seus traballadores en tódolos seus centros de traballo da provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor para tódolos efectos o 1 de xaneiro de 2000, e producirá plenos efectos desde esa data. A súa duración será ata o 31 de decembro de 2002.

Tódalas condicións pactadas neste convenio terán a consideración de norma laboral, polo cal as posteriores negociacións se farán partindo delas.

Artigo 3º.-Revisión, rescisión e prórroga.

O aviso previo de denuncia do convenio deberase facer cunha antelación mínima dun mes, respecto á data do seu vencemento. De non ser denunciado entenderase prorrogado de forma automática ata a negociación dun novo convenio.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións persoais que con carácter global excedan do acordado neste convenio, manténdose as que no seu cómputo anual sexan máis beneficiosas.

Artigo 5º.-Carácter das condicións pactadas.

As condicións pactadas forman, para efectos da súa aplicación práctica, un todo orgánico e indivisible.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do pactado neste convenio. As súas funcións serán:

a) Interpretación auténtica do convenio.

b) Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidos por ámbalas partes de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

c) Conciliación facultativa nos problemas colectivos con independencia das atribucións que por norma legal lles poidan corresponder ós organismos legais correspondentes.

d) Vixilancia do pactado e o seu cumprimento.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión terán carácter vinculante.

En caso de dúbida ou discrepancia, a comisión pode acudir en consulta á autoridade laboral competente.

A comisión estará composta por catro membros dos que compoñen a comisión negociadora, dous membros da parte social e dous membros da parte empresarial, que serán designados por cada unha das partes.

Artigo 7º.-Clasificación segundo a función.

Enténdese que polas características da empresa e os distintos labores que se desenvolven existen seis grupos profesionais diferentes, que son:

Administración, vendas, hathchary, engorda, empaque e mantemento.

As categorías profesionais para hathchary, engorda, empaque e mantemento serán as seguintes:

Técnico superior

Técnico

Encargado de primeira

Encargado de segunda

Vixilante

Oficial de primeira

Oficial de segunda

Oficial de terceira

Subalterno

En administración e vendas as categorías profesionais serán:

Técnico superior

Oficial de primeira

Oficial de segunda

Oficial de terceira

Auxiliar

Para corrixi-las desigualdades que ata a data se viñan producindo entre os traballadores, con relación ó traballo que hai que desenvolver e a categoría profesional que tiñan recoñecida, as partes acordan:

A) Establecer un sistema de ascensos baseado na antigüidade do traballador, de forma que todo o persoal de categorías inferiores chegue á categoría de oficial de primeira, de conformidade coa seguinte escala:

Traballadores con menos dun ano de antigüidade, subalterno.

Traballadores con máis dun ano de antigüidade e menos de dous, oficial de terceira.

Traballadores con máis de dous anos de antigüidade e menos de cinco, oficial de segunda.

Traballadores con máis de cinco anos de antigüidade, oficial de primeira.

B) Esta fórmula aplicarase a tódolos traballadores da empresa, de maneira inmediata á sinatura do convenio.

Esta mesma escala aplicarase ós traballadores que posteriormente ingresen na empresa.

C) Debido ó acordo logrado en que tódolos traballadores acadan a categoría de oficial de primeira, estes realizarán tódalas funcións propias do seu grupo profesional desde a categoría de subalterno a oficial de primeira.

D) As categorías superiores a oficial de primeira, por tratarse de postos que teñen que ser desempeñados con grande iniciativa, autonomía, responsa

bilidade e mando serán de libre designación por parte da empresa.

Artigo 8º.-Ingresos.

O ingreso dos traballadores axustarase ás normas legais sobre contratación.

As partes, para unha menor rotación e maior estabilidade no emprego, acordan:

Primeiro.-Que os tipos de contrato se axusten ás causas deles.

Segundo.-Que cando se trate de traballos de natureza continua o tipo de contrato que se empregará será o de carácter indefinido.

Terceiro.-A empresa contratará de forma directa a tódolos traballadores que presten os seus servicios para Stolt Sea Farm, S.A., coa excepción daqueles traballos que pola súa natureza e especialización non poidan ser desenvolvidos polos traballadores dos grupos profesionais existentes na empresa.

Cuarto.-Terán dereito preferente para o ingreso na empresa aqueles traballadores que, en igualdade de méritos prestasen ou presten os seus servicios na empresa, con carácter eventual, interino ou a tempo determinado.

Quinto.-A empresa comunicaralles ós representantes legais dos traballadores o posto ou postos que pensa cubrir, así como as condicións que deben reuni-los aspirantes e as características das probas de selección no suposto de que fosen necesarias.

Artigo 9º.-Excedencias.

As partes acordan amplia-las causas de excedencia forzosa recollidas no artigo 46 do Estatuto dos traballadores nos seguintes casos e prazos:

a) Para preparación de oposicións.

b) Por cambio de profesión.

Terán dereito á utilización destas excedencias os traballadores cun mínimo de antigüidade de catro anos na empresa e con categoría profesional que non sexa de libre designación pola empresa.

A estas excedencias terase dereito unha soa vez no transcurso da súa relación laboral e por un período máximo dun ano.

Terase dereito por coidado de familiares recollido no punto 3 do artigo 46 do ET, sen limitación de antigüidade na empresa; no caso de que un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o inicio desta dará fin ó que, de se-lo caso, se viñese desfrutando.

Artigo 10º.-Sistema retributivo.

As retribucións do persoal estarán constituídas polo salario base e os seus complementos.

Artigo 11º.-Pagamento dos salarios.

O pagamento de salarios realizarase dentro da xornada laboral, por meses, en efectivo, ou ben mediante cheque, talón ou transferencia bancaria, debendo a

empresa asegurarse de que o aboamento en conta corrente ou cartilla do traballador se produza na data habitual de pagamento.

Artigo 12º.-Revisión salarial.

A táboa salarial será revisada cun incremento igual ó IPC real do ano anterior máis un 1 %, esta afectará a tódolos conceptos salariais recollidos neste convenio, incluíndo as gardas de sábados, domingos e festivos; esta revisión terá carácter retroactivo ó 1 de xaneiro do ano en cuestión e servirá de base para as táboas salariais do ano seguinte, apilcándose esta fórmula durante os anos de vixencia deste convenio.

Artigo 13º.-Salario base.

Será o que figura nas táboas salariais anexas ó presente convenio e devengarase por día natural (anexo I).

Artigo 14º.-Complemento de asistencia.

Este complemento aboaráselles a tódolos traballadores as 12 mensualidades do ano. Durante o ano 2000 aboarase cunha contía fixa mensual de 6.550 ptas. Para os anos 2001 e 2002 será incrementado na mesma porcentaxe que as táboas salariais.

Artigo 15º.-Antigüidade.

Aboarase un complemento persoal de antigüidade consistente en 2 bienios ó 3% seguidos de cuadrienios ó 6%, porcentaxes referidas ó salario base reflectido no anexo nº 1 do mes seguinte ó seu cumprimento.

Artigo 16º.-Pagas extra.

Os traballadores cubertos por este convenio terán dereito a dúas (2) pagas extras completas anuais, que lles serán pagadas, unha na primeira quincena do mes de xullo e a outra na primeira quincena do mes de decembro.

As ditas pagas consistirán no valor do salario base máis o complemento de antigüidade exclusivamente. Estas pagas aboaranse rateadas nas doce mensualidades.

Artigo 17º.-Incentivos.

A empresa pagaralles a tódolos seus traballadores un incentivo equivalente a unha paga completa do seu salario base máis o complemento de antigüidade; este incentivo aboarase rateado nas doce mensualidades.

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

Os traballadores afectados por este convenio terán unha xornada laboral máxima de 40 horas semanais, distribuídas de luns a venres. Dentro da citada xornada entenderanse comprendidos os descansos establecidos pola empresa.

A xornada para o persoal de administración será a mesma, agás do 1 de xullo ó 31 de agosto, que se considerará xornada intensiva, cunha duración máxima de 37,5 horas semanais.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias serán liquidadas e pagadas aplicando un incremento do 75% (setenta e cinco por cento) sobre o valor da hora ordinaria.

Artigo 20º.-Dispoñibilidade.

Nos supostos seguintes de dispoñibilidade do traballador, por requirimento da empresa, serán sempre voluntarios e distinguiranse:

a) As horas de espera serán retribuídas no seu conxunto, conforme a 1.500 pesetas.

b) As horas de prestación efectiva do traballo serán retribuídas conforme o acordo vixente na empresa.

Artigo 21º.-Calendario laboral.

No prazo dun mes, a partir da publicación do calendario oficial no Diario Oficial de Galicia, a empresa sinalará, con intervención dos membros do comité de empresa, o calendario para o ano vixente; en ningún caso a xornada excederá en cómputo anual de 1.784 horas (anexo II).

Artigo 22º.-Gardas de sábados, domingos e festivos.

Para o ano 2000 ós traballadores que presten os seus servicios os citados días aboaráselles 5.594 pesetas en concepto de prima por cada sábado, domingo ou festivo traballado, sen perda do correspondente descanso. Para os anos 2001 e 2002 este valor será incrementado na mesma porcentaxe cás táboas salariais.

Artigo 23º.-Gardas permanentes.

Estas gardas faranse de luns a luns, por mutuo acordo entre empresa e traballador. A súa contía para o ano 2000 será de 16.624 ptas. e, para os anos 2001 e 2002, este valor será incrementado na mesma porcentaxe cás táboas salariais.

As categorías superiores á de encargados de primeira non están suxeitas a realizalas, non sendo este artigo aplicable ás categorías definidas no artigo 7, letra d, agás os encargados de 1ª e 2ª.

Artigo 24º.-Vacacións.

O réxime de vacacións anuais retribuídas do persoal será de 30 días naturais, segundo o artigo 38 do Estatuto dos traballadores. As vacacións poderanse dividir en dous períodos de quince días.

O cadro de vacacións exporase coa antelación de 2 meses, como mínimo, no taboleiro de anuncios, para coñecemento do persoal. As vacacións serán retribuídas a razón dunha mensualidade completa. As vacacións non poderán ser compensadas en metálico.

Artigo 25º.-Asistencia a consultorio médico.

Cando por razón de enfermidade o traballador precise a asistencia a consultorio médico en horas coincidentes coas da súa xornada laboral, a empresa concederá, sen perda de retribución, o permiso necesario

e polo tempo preciso para o efecto, debendo xustificalo o traballador co correspondente visado polo facultativo.

Artigo 26º.-Enfermidade e accidente de traballo.

Con independencia da prestación económica que, con cargo á Seguridade Social, perciba o traballador en situación de baixa por enfermidade ou accidente, incluíndo a maternidade, a empresa aboará un complemento equivalente á contía necesaria para que, sumado a aquela, acade a totalidade do salario que percibía no momento de caer de baixa. Este complemento aboarase durante un período máximo de 6 (seis) meses, no caso de enfermidade e de 18 (dezaoito) meses en caso de accidente de traballo.

Artigo 27º.-Pezas de roupa de traballo.

A empresa proverá con carácter obrigatorio e gratuíto ó persoal, segundo o necesite o seu traballo, as pezas de roupa:

1 funda

1 par de botas

1 par de botas-pantalón

1 traxe de augas (pantalón e chaqueta impermeables)

1 mandilón

1 par de protectores antebrazo

1 par de guantes de goma

O primeiro ano entregaranse dúas fundas para permitirlle ó traballador o lavado e coidado rutineiro deles.

Os períodos de reposición de funda, botas-pantalón e botas fíxase nun ano como norma xeral, obrigándose a empresa a repo-lo dito material se con antelación a este período fose necesario, por deterioración ou desgaste, debéndose entrega-lo material deteriorado para a recollida do novo.

O comité de seguridade elaborará anualmente unha lista de necesidades, coa incorporación de novas pezas de roupa.

Artigo 28º.-Póliza de seguros.

a) A empresa subscribirá para os seus traballadores unha póliza, que cubra os riscos de morte ou invalidez total ou parcial por accidente, por unha cantidade de tres millóns de pesetas por traballador.

b) A empresa, ó asina-lo presente convenio, subscribirá ademais unha póliza para tódolos seus traballadores que cubra os riscos de morte por causas naturais, por un importe dun millón de pesetas por traballador.

Artigo 29º.-Mobilidade xeográfica.

Cando por necesidades da empresa esta necesite trasladar un ou máis traballadores do centro no que presta servicios a outro lugar, este traslado será comunicado ós representantes dos traballadores, con indicación das causas que o motivan.

O transporte dos traballadores afectados será subministrado por Stolt Sea Farm, S.A. ou reembolsado

segundo o valor determinado polas disposicións legais vixentes.

Artigo 30. Táboas salariais.

As táboas salariais para 2000 serán as resultantes de lles aplicar ás táboas de 1999 o IPC real do ano 1999 (2,9 %) máis o 1%, en total 3,9% (tres coma nove por cento), e aplicarase con carácter retroactivo desde o 1-1-2000. Serán as que figuran no anexo I.

Para os anos 2001 e 2002 serán incrementadas o un de xaneiro de cada ano cun aumento igual ó IPC real do ano anterior máis o 1%, e aplicaranse sobre tódolos conceptos salariais.

Artigo 31º.-Función dos representantes sindicais.

Segundo a lexislación vixente.

Artigo 32º.-Permisos e licencias retribuídas.

Os traballadores afectados por este convenio terán dereito, avisando coa posible antelación e posterior xustificación, ós seguintes permisos retribuídos:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacementos de fillos, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando o traballador, polo dito motivo teña que efectuar desprazamento o permiso amplíase ata catro días.

c)Un día por traslado de domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación dos traballadores.

f) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo; poderán substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser exercido indistintamente pola nai ou o pai en caso de que ambos fosen traballadores.

g) Polo tempo indispensable para asistir a exames ou probas de capacitación.

Artigo 33º.-Réxime disciplinario.

1. Faltas.

As faltas laborais dos traballadores poderán ser leves, graves ou moi graves.

a) Serán faltas leves:

-A incorrección con compañeiros e subordinados.

-O atraso, neglixencia ou descoido no cumprimento das súas tarefas.

-Dúas faltas de puntualidade ó traballo nun mes.

-O descoido na conservación dos bens da empresa.

b) Serán faltas graves:

-A falta de disciplina no traballo ou do respecto debido ós superiores, compañeiros ou subordinados.

-O incumprimento das ordes e instruccións dos superiores e das obrigas concretas do posto de tra

ballo, así como as neglixencias das que puidese derivarse un prexuízo grave para a empresa.

-O incumprimento ou abandono das medidas de seguridade impostas polo comité de seguridade da empresa.

-O incumprimento das normas hixiénico-sanitarias impostas pola empresa.

-Dúas faltas de asistencia ó traballo sen causas xustificadas nun mes.

-Catro faltas de puntualidade en dous meses.

-O abandono do traballo sen causa xustificada.

-A utilización ou difusión de datos ou asuntos dos que teñan coñecemento por razón do seu traballo na empresa.

-A reincidencia en tres faltas leves nun trimestre.

c) Serán faltas moi graves:

-A fraude, deslealdade e abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como calquera conducta constitutiva de delicto doloso.

-A manifesta insubordinación.

-O falseamento voluntario dos datos e informacións da empresa.

-A reincidencia en dúas faltas graves nun ano ou cando daquelas se deriven tales consecuencias que poidan ser consideradas moi graves.

-A simulación de enfermidade ou accidente.

-A diminución voluntaria e continuada no rendemento.

En materia de prescrición da faltas rexerá o disposto na lexislación xeral.

2. Sancións.

A potestade disciplinaria está atribuída á empresa, que poderá sanciona-los traballadores pola comisión dos incumprimentos laborais citados no artigo anterior, conforme as seguintes gradacións das sancións:

Por faltas leves: amoestación por escrito ou suspensión de emprego e soldo ata dous días.

Por faltas graves: suspensión de emprego e soldo de tres días a trinta días.

Por faltas moi graves: suspensión de emprego e soldo ata tres meses ou despedimento.

Para a tramitación destas sancións rexerá o disposto na lexislación laboral vixente.

Artigo 34º.-Bolsa de estudios.

A empresa aboaralles a tódolos traballadores con fillos en idade escolar, logo de xustificación de matriculación, unha axuda que será efectiva no mes de outubro conforme a seguinte escala:

Preescolar: 15.000 pesetas por fillo e ano.

Ensino primario: 20.000 pesetas por fillo e ano.

Ensino secundario, BUP, COU e FP: 25.000 pesetas por fillo e ano.

Estudios superiores: 35.000 pesetas por fillo e ano.

Artigo 35º.-Axudas de custo e desprazamentos.

Se por necesidades do traballo tivese que desprazarse algún traballador, a empresa aboaralle as seguintes cantidades en concepto de locomoción e axudas de custo:

Por gastos de almorzo, comida, cea e aloxamento, o importe correspondente logo de xustificación del.

Por gastos de locomoción, vintecatro pesetas quilómetro, sempre que se utilice o vehículo propio.

Artigo 36º.-Préstamos.

A empresa negociará para cada traballador que o solicite condicións preferentemente en productos financeiros coa principal entidade bancaria da empresa, comprometéndose a negocia-la oferta máis favorable do mercado.

Artigo 37º.-Lote de Nadal.

Cada empregado poderá retirar no Nadal unha peza de rodaballo de 2-3 sen ningún cargo.

Artigo 38º.-Formación.

Plenamente conscientes da necesidade de formación dos traballadores desta empresa nun sector de técnicas cambiantes, a empresa comprométese a seguir desenvolvendo proxectos de formación continua conxuntamente cos representantes dos traballadores.

Artigo 39º.-Xubilación anticipada.

A empresa estudiará individualmente cada unha das solicitudes de xubilación anticipada e negociará co solicitante o complemento ou incentivo correspondente, informando posteriormente ó comité do seu resultado.

ANEXO I

Táboa salarial 2000, Stolt Sea Farm, S.A.

CategoríaSalario bruto anualSalario base mensual

(15 pagas)

Valor hora extraComplemento asistencia

ptas./mes

* Producción
Subalternos1.464.87597.6581.437 6.550 (x12 meses)

Oficial 3ª1.595.547106.3701.565

Oficial 2ª1.707.996113.8661.675

Oficial 1ª1.823.481121.5651.789

Encargado 2ª1.869.078124.6051.833

Encargado 1ª2.220.101148.0072.178

Vixilante2.221.252148.0832.179

Técnico2.808.022187.2012.755

Técnico superior4.684.827312.3224.596

* Administración
Auxiliares1.464.87597.6581.437

Oficial 3ª1.671.519111.4351.640

Oficial 2ª1.869.079124.6051.833

Oficial 1ª2.127.407141.8272.087

Técnico superior3.739.031249.2693.668

-Gardas de sábados, domingos e festivos:5.594 ptas.-Carda permanente:16.624 ptas.

ANEXO II

Calendario laboral 2000

MesFestivosVacaciónsDías totais

traballo ano

Horas totais

traballo ano

Horas traballo

ano segundo

convenio

Diferencia horas

anuais horas

convenio

Xaneiro1,6
Febreiro
Marzo30 días naturais225 días1.800 horas1.784 horas+ 16 horas
Abril20,21
Maio1, (17)
Xuño
Xullo25
Agosto15
Setembro
Outubro12
Novembro1
Decembro6, 8, 25
* 2 festivos locais