Visto o texto do convenio colectivo para o sector de axencias marítimas da provincia de Pontevedra, con nº de código 3600044, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-6-2000, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresas Consignatarias y Estibadoras de Buques de Pontevedra, e da parte social polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 2-6-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de trabajo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 14 de xuño de 2000.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
Convenio colectivo de traballo para axencias
marítimas da provincia de Pontevedra
I. Normas xerais.
Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.
Este convenio regula as relacións laborais entre as empresas consignatarias de buques e actividades afíns da provincia de Pontevedra e os seus traballadores.
Artigo 2º.-Duración e prórrogas.
Este convenio terá unha duración de dous anos, entrando en vigor, para tódolos efectos, o 1 de xaneiro de 2000, calquera que sexa a data de publicación no BOP, prorrogándose tacitamente por períodos anuais sempre que non sexa denunciado, exceptuándose no relativo á táboa salarial, que será revisada anualmente.
Artigo 3º.-Denuncia.
Calquera das partes, con dous meses de antelación como mínimo, poderá denuncia-lo convenio por escri
to, a través dos seus representantes legais perante a autoridade laboral competente.
Artigo 4º.-Comisión paritaria.
Para interpretar e vixia-la aplicación deste convenio créase unha comisión paritaria, segundo establece o artigo 85.2º do Estatuto dos traballadores, a cal estará composta por igual número de membros entre as partes asinantes.
A composición será de dous membros por cada parte.
Poderán asistir ás sesións da comisión paritaria, con voz pero sen voto, os asesores que as partes consideren convenientes, cun máximo de dous por cada parte.
Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.
O persoal que con anterioridade ó convenio estivese desfrutando de condicións máis beneficiosas que as que aquí se establecen, deberá conservalas.
II. Condicións laborais.
Artigo 6º.-Xornada de traballo.
Establécese a xornada laboral partida cos horarios vixentes na actualidade, quedando os sábados libres para tódolos efectos, sen que con isto se restrinxa a xornada de traballo existente.
A xornada será de 40 horas semanais.
A xornada de verán será intensiva; comezará o 1 de xuño e rematará o 30 de setembro de cada ano.
As empresas, de acordo cos seus empregados, poderán establecer en cada caso os horarios e as xornadas máis convenientes para o desenvolvemento da súa actividade.
Non obstante o estipulado nos parágrafos anteriores e dadas as características do tráfico, as empresas poderán, con suxeición a horario fixo, utiliza-lo persoal necesario para atende-las chegadas, despachos e saídas de buques, aeronaves, trens e demais medios de transporte e despachos de alfándegas, sinalando o persoal que teña que prestar servicios os sábados, por rigorosa quenda rotativa, sen compensación económica ou recuperación de horas, sempre e cando non se superen as 40 horas semanais.
Para o persoal de peirao a xornada de traballo será de 40 horas semanais, de luns a venres.
A xornada en sábados para o persoal de peirao será de dúas intensivas, unha das 8 ás 14 horas, e outra das 14 ás 20 horas.
A segunda xornada dos sábados así como a dos domingos e festivos, poderase ampliar coas horas necesarias ata finaliza-la operativa portuaria.
Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.
As condicións pactadas neste convenio formarán un todo orgánico e indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente en cómputo anual.
No suposto previsto no artigo 90.5º do Estatuto dos traballadores aplicarase o que resolva a xurisdicción competente, de non terse alcanzado previamente un acordo entre as partes.
Artigo 8º.-Vacacións.
Tódolos traballadores afectados por este convenio desfrutarán cada ano de 30 días naturais e retribuídos segundo a táboa salarial.
As quendas de vacacións serán rotativas.
As empresas establecerán por cada centro de traballo ou dependencia o cadro de vacacións do persoal afecto a ela, coidando que os servicios queden debidamente atendidos, e procurando acceder ós desexos daquel. As incompatibilidades serán resoltas outorgando preferencias de forma rotativa.
Nas oficinas cunha organización por seccións e que pola extensión do seu cadro de persoal o permitan, farase un cadro por seccións. Este cadro farase sen prexuízo da coordinación que deba establecerse entre todas de acordo co problema xeral da oficina.
As vacacións serán desfrutadas dentro do ano natural correspondente.
A duración das vacacións do persoal que estivese ó servicio da empresa menos dun ano, estará en proporción ó tempo servido e deberán desfrutarse antes do 31 de decembro.
O desfrute das vacacións deberá quedar regularizado no caso de que sexa factible antes do inicio da suspensión de contrato que se presuma que vaia exceder do ano natural e, en todo caso, antes do 31 de decembro.
Dará dereito a vacacións o tempo servido na empresa, así como os períodos de suspensión de contrato debidos a ILT.
O salario correspondente ó período de vacacións será o mesmo que lle correspondería ó traballador estando de servicio no mesmo período.
As empresas que poidan cubrir debidamente os seus servicios darán preferencia ás peticións de vacacións dos seus traballadores, entre os meses de xuño ou setembro, ambos incluídos.
As vacacións non se iniciarán en domingo ou día festivo.
Artigo 9º.-Dereitos sindicais.
Aplicarase o que dispón e regula a vixente Lei orgánica de liberdade sindical.
Artigo 10º.-Permisos retribuídos.
Os traballadores, avisando con antelación e xustificando en debida forma o feito, poderán faltar ou ausentarse do traballo sen perda de retribución, polos seguintes motivos e polo tempo que se expresa:
a) En caso de contraer matrimonio, 20 días.
b) Por enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, fillos, pai ou nai dun ou doutro cónxuxe, netos, avós ou irmáns, 3 días. Se precisase desprazarse fóra da provincia, poderá ampliarse a licencia 3 días máis.
c) No suposto de parto da esposa, 2 días, que serán prorrogables ata 5 en caso de gravidade.
d) En caso de matrimonio de parentes ata o segundo grao, coincidindo co da cerimonia, 1 día. Se é fóra da provincia, 1 día máis.
e) Por traslado do seu domicilio habitual, 1 día.
f) O tempo indispensable para o cumprimento de deberes de carácter inescusable, de carácter público e/ou persoal.
No non recollido neste artigo observarase o disposto no Estatuto dos traballadores.
Artigo 11º.-Festividade do sector.
Considerarase, para tódolos efectos, como festivo no sector o día 16 de xullo.
III. Condicións económicas.
Artigo 12º.-Retribucións.
Os soldos e salarios correspondentes ás distintas categorías de persoal incrementaranse nun 3% sobre os vixentes en 1999, tal como se reflicte na táboa anexa a este convenio.
A dita táboa será a única base de cálculo para o devengo das demais percepcións derivadas do convenio e disposicións aplicables.
Artigo 13º.-Antigüidade.
Establécense trienios do 5% co tope do 100%, calculándose sobre os salarios aprobados neste convenio.
Artigo 14º.-Pagas extraordinarias.
O persoal afecto por este convenio percibirá catro pagas estraordinarias, dunha mensualidade cada unha delas, que se calcularán de acordo co salario do convenio máis antigüidade, e faranse efectivas nos meses de marzo, xullo, outubro e decembro de cada ano, debendo ser aboadas pola empresa dentro da primeira quincena.
Artigo 15º.-Complemento de transporte.
Establécese o aboamento para todo o persoal dun complemento de transporte por importe de 7.000 pesetas, aplicable ó 1 de xaneiro.
Artigo 16º.-Axudas de custo.
Cando as necesidades do servicio o requiran e o traballador teña que permanece-lo día completo fóra do domicilio da empresa, corresponderalle percibi-la cantidade de 3.750 pesetas/día en concepto de manutención.
Así mesmo, cando as necesidades do traballo impliquen ter que realizar fóra o xantar, a cea ou o almorzo, as cantidades que se percibirán polo traballador serán as seguintes:
-Xantar: 1.750 ptas.
-Cea: 1.500 ptas.
-Almorzo: 500 ptas.
En calquera caso, o gasto por aloxamento será por conta da empresa.
O custo do transporte que se utilice para o desprazamento será, en todo caso, por conta da empresa. Aboaranse 24 ptas./km cando o desprazamento o realice o traballador fóra do concello, en vehículo propio e ó servicio da empresa.
Non obstante o anterior, será válido calquera outro acordo que sobre este punto pacten a empresa e o traballador.
Artigo 17º.-Valor da hora extraordinaria.
Distínguense os seguintes tipos de horas extraordinarias:
a) Hora extra normal.
b) Hora extra nocturna.
c) Hora extra sábado mañá.
d) Hora extra sábado tarde, domingos e festivos.
O valor da hora extraordinaria será o que figura na táboa anexa correspondente.
Artigo 18º.-Remuneración para o persoal de peirao en xornadas de sábado mañá, sábado tarde, domingos e festivos.
Nas xornadas que se realicen en sábados mañá, as tres primeiras horas pagaranse polo concepto valor hora, a razón de 2.150 ptas./hora.
A remuneración para o persoal de peirao nas xornadas de sábado mañá (sempre e cando se superen as tres horas), sábado tarde e domingos ou festivos, será a seguinte:
-Xornada de sábado mañá: 8.600 ptas.
-Xornada de sábado tarde: 10.750 ptas.
-Xornada de domingos e festivos: 10.750 ptas.
Artigo 19º.-Gratificación especial.
Establécese un premio, cun importe equivalente ó soldo anual (16 pagas de soldo máis antigüidade) ós traballadores que leven vinte anos de servicio na empresa e se xubilen voluntariamente ou por causa de invalidez (por solicitude do traballador e dentro do seguinte mes), así como para aquel persoal que solicite xubilarse aplicando o coeficiente reductor.
Este artigo será de aplicación para aqueles traballadores con idade non superior ós 65 anos.
Unha vez cumpridos polo traballador os 65 anos, a gratificación a que fai referencia este artigo non terá validez se non a exerce dentro do mes seguinte ó cumprimento da dita idade.
Esta gratificación non será de aplicación ó persoal que ingrese con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1997.
Artigo 20º.-Prevención de riscos laborais.
As empresas e a representación sindical comprométense a cumpri-la Lei de prevención de riscos laborais.
Cláusula de revisión.
A suba salarial acordada será revisada o 31 de decembro de cada ano segundo o IPC real.
Esta cláusula será aplicable con carácter retroactivo a 1 de xaneiro.
Cláusulas adicionais.
Primeira.-Este convenio colectivo foi subscrito en representación da parte económica pola asociación patronal do sector e pola representación social de UGT, CC.OO e CIG.
Segunda.-A comisión paritaria neste convenio reunirase con carácter de urxencia en 24 horas, para a interpretación ou aclaración de calquera artigo.
Non se paralizará o traballo antes de reunirse a comisión paritaria.
Táboa salarial
mensual/ptas.
Grupos e categorías Salario
I. Titulados
Titulado superior 164.579
Titulado medio: grupo A 147.197
Titulado medio: grupo B 137.264
II. Administrativos
Xefe de sección 164.579
Xefe de negociado 147.197
Oficial administrativo 129.942
Auxiliar administrativo 99.258
Aspirante de 16 a 18 anos 75.515
III. Subalternos
Conserxe, cobrador, ordenanza, porteiro e sereno 86.704
Mozo dos recados de 16 a 18 anos 75.515
IV. Servicios varios
a) Categorías básicas
Encargado de sección 111.825
Oficial de 1ª 107.504
Oficial de 2ª 102.111
Oficial de 3ª 98.594
Peón 98.594
Aprendiz de 16 a 18 anos 75.515
b) Categorías asimiladas
Conductor de camión 102.111
Conductor de turismo 102.111
Cosedor 97.427
de traballo e persoal anual/ptas.
Gratificación de caixeiros, complementos de postos
Importe
84.034
A) Gratificación de caixeiro, sempre que sexa por quebranto de moeda 84.034
B) Apoderados 84.034
C) Complemento persoal con coñecemento de idiomas estranxeiros
Valor da hora extra en día laborable e da hora extra en sábado mañá, nocturno, sábado tarde, domingos e festivos para os distintos grupos e categorías do persoal de axencias marítimas
extra/ptas. sábado mañá
e nocturna/ptas. sábado tarde,
domingos e
festivos/ptas.
Grupos e categorías Valor hora extra/ptas.
Hora
Hora extra
Hora extra
I. Titulados
Titulado superior 1.830 2.207 2.907
Titulado medio: grupo A 1.615 1.938 2.585
Titulado medio: grupo B 1.508 1.830 2.423
II. Administrativos
Xefe de sección 1.830 2.207 2.907
Xefe de negociado 1.615 1.938 2.585
Oficial administrativo 1.454 1.723 2.315
Aspirante 16 a 18 anos 862 1.023 1.346
III. Subalternos
Conserxe, cobrador, ordenanza, porteiro e sereno 969 1.184 1.562
Mozo dos recados 16 a 18 anos 862 1.023 1.346
extra/ptas. sábado mañá
e nocturna/ptas. sábado tarde,
domingos e
festivos/ptas.
Grupos e categorías Valor hora extra/ptas.
Hora
Hora extra
Hora extra
IV. Servicios varios
a) Categorías básicas
Encargado de sección 1.401 1.669 2.154
Oficial de 1ª 1.401 1.669 2.154
Oficial de 2ª 1.401 1.669 2.154
Oficial de 3ª 1.401 1.669 2.154
Peón 1.401 1.669 2.154
Aprendiz 16 a 18 anos 1.401 1.669 2.154
b) Categorías asimiladas
Conductor de camión 1.401 1.669 2.154
Conductor de turismo 1.401 1.669 2.154
Manipulante 1.401 1.669 2.154
Encargado de almacén ou almaceneiro 1.401 1.669 2.154
Mozo de almacén 1.401 1.669 2.154
Cosedor 1.401 1.669 2.154

