Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 10 de outubro de 2000 Páx. 13.894

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 27 de setembro de 2000 pola que se modifica a do 26 de xullo de 2000, pola que se establecen medidas de apoio a agrupacións e entidades para a mellora da eficacia dos sistemas productivos agrarios.

A incorporación de fondos finalistas procedentes doutras administracións públicas determinan a necesidade de modifica-las contías de determinados conceptos orzamentarios.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3, en relación co artigo 33.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 15 na súa letra b), da Orde do 26 de xullo de 2000, pola que se establecen medidas de apoio a agrupacións e entidades para a mellora da eficacia dos sistemas productivos agrarios, de xeito que queda redactado como segue:

b) 09.03.613-A.771.0 «Agrupacións de defensa sanitaria»: 62.427.606 pesetas.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria