O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 29 de setembro de 2000 adopotou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:
Declarar municipio turístico galego o concello de Miño, pertencente á provincia da Coruña, de acordo co disposto no artigo 8 do Decreto 239/1998, do 30 de xullo, polo que se regula a declaración de municipio turístico galego.
En cumprimento do disposto no citado artigo, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ó concello correspondente.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2000.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social
e Turismo

