Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.719

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 258/2000, do 13 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto E.P.-7804 de ampliación e mellora do trazado do p.k. 0,00 ó 2,40 Val do Dubra-Santiago de Compostela (programa de actuación da rede provincial de estradas) (Plan 2000 Estradas) 1ª fase de 1999.

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 27 de novembro de 1998, aprobou o proxecto de E.P.-7804 ampliación e mellora do trazado p.k. 0,00 ó 2,40 Val do Dubra-Santiago de Compostela (programa de actuación da rede provincial de estradas) (Plan 2000 Estradas) 1ª fase de 1999 e, na sesión do 2 de marzo de 1999, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15 de setembro de 2000.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente expropiación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable con data 30 de abril de 1999.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque existen razóns que fan necesaria a urxente execución das citadas obras, tal como o pavimento das estradas, o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico, circulación de vehículos pesados e puntos negros e evitar deste xeito o risco de accidentes.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Gali

cia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de outubro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial da Coruña para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de E.P.-7804 ampliación e mellora do trazado p.k. 0,00 ó 2,40 de Val do Dubra-Santiago de Compostela (programa de actuación da rede provincial de estradas) (Plan 2000 Estradas) 1ª fase de 1999.

Santiago de Compostela, trece de outubro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais