Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.720

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 259/2000, do 13 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Ribas de Sil (Lugo), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de saneamento e abastecemento de auga e afirmado na estrada.

O Concello de Ribas de Sil (Lugo), en sesión que tivo lugar o día 3 de marzo de 2000, aprobou o proxecto de saneamento e abastecemento de auga e afirmado na estrada e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

O concello remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data en entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 13 de setembro de 2000.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente expropiación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable con data 15 de setembro de 2000.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, por

que segundo sinala o concello trátase de dotar dos servicios básicos de abastecemento de auga potable e saneamento a 15 vivendas unifamiliares habitadas, que actualmente carecen dos referidos servicios, e de non executarse estas dentro dos prazos sinalados no Plan P.C.O.S.M. do ano 2000, no que están incluídas as obras, perderíase a subvención supoñendo un quebranto económico para o concello pola escaseza dos seus orzamentos, co conseguinte prexuízo para os veciños afectados.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de outubro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Ribas de Sil para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de saneamento e abastecemento de auga e afirmado na estrada.

Santiago de Compostela, trece de outubro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais