Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.485

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de febreiro de 2001 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes ás accións do programa de promoción xeral da investigación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de decembro de 1998 aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001).

O plan está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais. Dentro dos programas xerais figura o programa de promoción xeral da investigación que ten como obxectivo alimenta-la base que sosterá o sistema ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia, fundamentalmente a través da investigación básica e a formación de investigadores. O financiamento e a xestión deste programa están encomendados á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvememento.

En consecuencia e co fin de pór en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas, esta orde procede a convocar diversas accións, todas elas correspondentes ó Programa de Promoción Xeral de Investigación. A convocatoria está dedicada á investigación básica e básica orientada e comprende accións de formación de científicos

e tecnólogos, accións de apoio á formación, consolidación e mellora dos grupos de investigación, dotación de infraestructuras e outras accións.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Convócanse en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva as bolsas e axudas que a continuación se indican, como instrumentos ordinarios do programa de promoción xeral da investigación e apróbanse as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos á presente orde:

1. Axudas para a realización de actividades por parte de grupos de investigación (anexo I).

2. Axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria (anexo II). Cofinanciadas con fondos Feder MAC.

3. Bolsas para persoal auxiliar de investigación (técnicos especialistas de FP-2. Anexo III). Cofinanciadas con FSE.

4. Bolsas de predoutoramento (2ª prórroga e novas adxudicacións. Anexo IV). Cofinanciadas con FSE.

5. Bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma (anexo V). Cofinanciadas con FSE.

6. Axudas para organización de congresos científicos que se celebren en Galicia (anexo VI).

7. Subvencións a publicacións periódicas (anexo VII).

Artigo 2º

Para a concesión das axudas convocadas nos diferentes anexos desta orde destinaranse os créditos que a seguir se indican para cada caso, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coas seguintes anualidades:

AnexoAcciónPartida orzamentariaAnualidades (ptas.)

Ano 2001Ano 2002Ano 2003Ano 2004

Anexo IActividades por parte de grupos de investigación04.07.432A.740.0410 millóns450 millóns100 millóns50 millóns

Anexo IIInfraestructura04.07.432A.740.0700 millóns000

04.07.432A.781.020 millóns00

Anexo III, IV e VBolsas FP-2 estadías e bolsas de predoutoramento04.07.43A.480.0160 millóns300 millóns00

Anexo VIOrganización de congresos04.07.432A.440.012 millóns3 millóns0

Anexo VIIPublicacións periódicas04.07.432A.740.012 millóns00

04.07.432A.781.02 millóns00

Sen embargo, tódalas cantidades antes citadas poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma esta

blecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 4º

O prazo máximo para resolve-las solicitudes presentadas ó amparo desta convocatoria pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento será de 6 meses, contados desde a publicación desta orde no DOG. De non mediar resolución expresa no dito prazo, as solicitudes deberán entenderse desestimadas.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que se deriven desta convocatoria, que poñen fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

De non estima-la presentación deste recurso, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 5º

Os beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro do disposto nesta orde quedan obrigados a facilitar toda información que lles sexa requirida pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. Así mesmo, os beneficiarios deberán proceder ó reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Artigo 6º

As resolucións de concesión de axudas dictadas ó abeiro da presente orde poderán modificarse no caso de alteración das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

ANEXO I

Axudas para a realización de actividades por parte de grupos de investigación

De acordo co establecido no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, dentro da investigación básica encádranse as seguintes áreas: ciencias experimentais e matemáticas, ciencias tecnolóxicas e informática, medicina e ciencias da saúde, ciencias sociais e humanidades. Dentro da investigación orientada encádranse as seguintes áreas: ciencias do mar, ciencias agropecuarias, ambiente, biotecnoloxía, investigación sanitaria, socioeconomía de Galicia, patrimonio cultural galego e materiais.

As normas que regulan as accións convocadas neste anexo I teñen os seguintes obxectivos:

-Posibilita-la creación ordenada de novos grupos de investigación.

-Promove-la formación de grupos coherentes de maior masa crítica.

-Estimula-la calidade dos grupos e a súa competitividade.

-Promove-la formación de grupos de excelencia.

-Promove-la realización de mellores proxectos, evitando a atomización.

-Fomenta-la cooperación entre grupos.

Para os efectos desta convocatoria defínense os seguintes conceptos:

a) Grupo de investigación: conxunto estable de persoas que, baixo a dirección continuada dunha delas, realiza coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de liñas, afíns ou complementarias.

b) Equipo de investigación: membros dun grupo de investigación, que baixo a dirección dun deles realizan ou solicitan un proxecto de investigación.

c) Proxecto de investigación coordinado: proxecto de investigación no que participan equipos de investigación que pertencen a grupos de investigación distintos que achegan coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación con ese proxecto.

d) Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral estable ou outras figuras equivalentes.

e) Persoal con vinculación: persoal con relación laboral ou contractual non estable, bolseiros de predoutoramento ou análogos. Non se considerará como vinculación dispor dunha bolsa de terceiro ciclo ou análoga excepto naqueles supostos en que así o indiquen as correspondentes bases da convocatoria. En ningún caso, para os efectos desta convocatoria, se admitirá como persoal vinculado ó organismo aquel que estea contratado ou como bolseiro con cargo a un proxecto independentemente do organismo financiador.

1. Grupos solicitantes.

Para poder participar nesta convocatoria, os investigadores deberán integrarse en grupos que se manterán, cando menos, durante o período de vixencia do proxecto financiado, agás circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación do proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; cada investigador só poderá formar parte dun grupo e cada grupo só poderá presentar unha solicitude nesta convocatoria, non computándose para estes efectos as axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Para os efectos da presente convocatoria establécense os seguintes tipos de grupos:

1.1. Grupos en formación: trátase de investigadores que presentan propostas orientadas a crear grupos de investigación para desenvolver novas liñas, non cubertas por grupos do seu contorno. Tamén poderán constituírse novos grupos arredor de liñas existentes se se alegan razóns circunstanciais de forza maior. No caso de grupos en formación, cada grupo só poderá ter un equipo. Os novos grupos deberán cumprir como mínimo as seguintes características de composición:

1.1.1. O grupo terá como mínimo tres membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

1.1.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo .

1.1.3. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo. Para este caso e só para un deles, admitirase tamén como vinculación ser bolseiro de terceiro ciclo de segundo ano.

1.2. Grupos/equipos consolidados: trátase de grupos/equipos experimentados como tales e con coherencia interna. Neste caso, cada grupo poderá ter mais dun equipo e todos eles deberán ter como mínimo as seguintes características de composición:

1.2.1. O grupo/equipo terá como mínimo tres membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

1.2.2. O investigador principal deberá ser doutor con vinculación estable ó correspondente organismo e ter alomenos un sexenio recoñecido ou ben ter unha antigüidade mínima como doutor de catro anos e acreditar nos últimos catro anos unha actividade investigadora que como mínimo responda a algún dos seguintes puntos:

a) Ter dirixida unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicados dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizados dous estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude polo vicerrector de Investigación no caso das universidades, ou polo órgano competente do correspondente organismo.

1.2.3. Outro investigador deberá ser doutor con vinculación ó correspondente organismo e dedicación a tempo completo. No caso de que a súa dedicación non sexa a tempo completo deberá ser substituído por dous investigadores coas mesmas características pero con dedicación a tempo parcial.

Este/s investigador/es e o investigador principal deberán posuír experiencia investigadora afín ou complementaria.

1.2.4. Os restantes membros (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo.

1.2.5. No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria, o tamaño mínimo deste incrementarase incorporando, como mínimo, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total, catro membros).

1.3. Grupos/equipos de excelencia: trátase de grupos/equipos consolidados que cumpren unhas condicións mínimas en canto á súa composición e uns criterios preestablecidos de calidade.

1.3.1. Carácterísticas mínimas de composición:

a) O grupo/equipo terá como mínimo cinco membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

b) No grupo/equipo deberán figurar un mínimo de tres doutores:

b.1. O investigador principal deberá ser doutor con vinculación estable ó correspondente organismo e deberá ter alomenos dous sexenios recoñecidos ou ben ter unha antigüidade mínima como doutor de oito anos e acreditar actividade investigadora nos últimos catro anos que, como mínimo, responda a algún dos seguintes puntos:

a) Ter dirixida unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicados dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizados dous estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude polo vicerrector de Investigación no caso das universidades ou polo órgano competente do correspondente organismo.

b.2. Outro dos investigadores deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de seis anos e tamén con vinculación estable ó organismo.

b.3. Un terceiro doutor con vinculación e dedicación a tempo completo.

c) Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser, alomenos, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó organismo.

d) No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo deste incrementarase incorporando, alomenos, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total, seis membros).

1.3.2. Criterios de calidade:

Para que o grupo/equipo poida ser considerado de excelencia, o conxunto dos seus membros deberá reunir alomenos catro dos seguintes criterios de calidade:

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Cinco teses de doutoramento dirixidas e lidas.

c) Doce publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos obtidos en convocatorias competitivas de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia dun comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de seis proxectos financiados por empresas dun importe superior a dous millóns de pesetas cada un deles.

1.4. Incorporación doutros membros ó grupo/equipo.

Para calquera das modalidades de grupos definidas anteriormente, o tamaño mínimo característico do equipo poderase incrementar, obviamente, por incorporación ó proxecto doutros investigadores que serán considerados para os efectos de avalia-la viabilidade do proxecto e de determina-lo importe da subvención concedida, se cumpren as condicións requeridas ó membro menos cualificado de tódolos que forman o equipo base; no caso de que estes investigadores pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, terán que acredita-la autorización do seu organismo para participar no proxecto. Como colaboradores no proxecto solicitado poderán figurar outros titulados superiores que non serán computados na súa valoración. Tamén poderán incorporarse asesores científicos e especialistas, pertencentes a outros grupos, para accións específicas, logo de autorización do director do grupo, que serán considerados para os efectos da avaliación científico-técnica do proxecto.

2. Axudas ás que poden opta-los grupos e limitacións que afectan os seus membros.

2.1. Grupos en formación.

2.1.1.Axudas.

Os grupos en formación poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria por só unha delas.

a) Axudas para a formación do grupo.

Trátase dunha axuda destinada á realización de actividades encamiñadas á formación do grupo e, polo tanto, é unha axuda que só poderá ser solicitada previamente á obtención dun proxecto de investigación por parte deste. A contía máxima desta axuda ascende a un millón de pesetas por ano, para un período de dous anos e só se poderá conceder por unha soa vez.

b) Axuda para a realización dun proxecto de investigación.

Os grupos en formación poderán solicitar por unha soa vez un proxecto de investigación desta modalidade; o importe máximo deste será de tres millóns de pesetas para un período de dous anos. A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no número 4 destas bases, agás o punto 4.1. Persoal, e o concepto de material inventariable non poderá supera-lo importe de 750.000 pesetas. No caso de o grupo xustificar na súa solicitude a necesidade de utilizar infraestructura dispoñible noutro grupo xuntando documento polo que se autorice o seu uso, poderá concedérselle unha axuda adicional total non superior a 250.000 pesetas destinada a compensa-lo dito grupo.

2.1.2. Limitacións.

a) Non poderán formar parte destes grupos aqueles investigadores que fosen investigadores principais de grupos que desfrutaran de dous proxectos da modalidade A (equipos de iniciación á investigación) ou dalgún proxecto da modalidade B de convocatorias anteriores da Xunta de Galicia ou proxectos equivalentes doutros organismos, agás circunstancias excepcionais que deberán ser debidamente acreditadas na correspondente solicitude.

b) Non poderán participar na presente convocatoria aqueles investigadores que sexan investigadores principais de grupos/equipos que teñan vixente algún proxecto da modalidade A ou B de convocatorias anteriores.

c) Non poderán formar parte dos equipos solicitantes aqueles investigadores que formen parte de grupos/equipos que teñan vixente algún proxecto do programa de promoción xeral da investigación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, concedido no ano 2000.

d) Os grupos en formación e, polo tanto, os seus membros, que obteñan subvención nesta convocatoria, mentres desfruten dela non poderán solicitar outros proxectos noutra convocatoria independentemente de cál sexa o organismo convocante.

2.2. Grupos/equipos consolidados.

2.2.1.Axudas.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar dous tipos de axudas debendo optar nesta convocatoria por só unha delas:

a) Incentivos.

Os grupos/equipos consolidados ós que se lles comunicara con posterioridade ó 1 de marzo de 2000 e ata a data de peche desta convocatoria a concesión dun proxecto do Plan Nacional ou do Programa Marco Europeo poderán solicitar, en lugar de proxecto de investigación, por cada un dos proxectos obtidos e vixentes, unha axuda destinada a reforza-la capacidade competitiva do grupo. O importe máximo desta axuda será de catro millóns no caso de proxectos do plan nacional e de seis millóns no caso do Programa Marco e só se poderá conceder unha vez por cada proxecto.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de quince millóns de pesetas para un período de tres anos, que se computará a partir da adxudicación das axudas. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e as esixencias da investigación formulada, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no número 4 das presentes bases, excluído o concepto de persoal.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase un mínimo de dous investigadores, a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá cumpri-los requisitos esixidos para os investigadores principais dos grupos consolidados. Un deles será o coordinador do proxecto.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo.

Excepcionalmente, poderán solicitarse subproxectos que non acaden as condicións antes citadas, sempre que o organismo responsable certifique que nesa área de investigación, dentro do propio organismo, non é posible reuni-lo número e características mínimas esixidas para o subproxecto, pero neste caso o outro subproxecto deberá reuni-las condicións requiridas ós grupos consolidados.

2.2.2. Limitacións.

Os investigadores doutores con vinculación estable ó correspondente organismo que figuren no proxecto poderán participar asemade noutros proxectos de

investigación coas seguintes limitacións, computando o proxecto solicitado:

a) Se teñen unha antigüidade como doutores de catorce ou máis anos, poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e en dous se é a tempo parcial.

b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos, poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e en dous se é a tempo parcial.

c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos, poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e nun se é a tempo parcial.

Os restantes membros do grupo/equipo non incluídos nalgún dos tres puntos anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Ningún grupo/equipo consolidado, e polo tanto cada un dos seus membros poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Promoción Xeral da Investigación do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do Programa de Promoción Xeral da Investigación con ata dous doutros dous programas do plan, sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria, exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do plan nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2002, os proxectos concedidos con fondos Feder ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.3. Grupos/equipos de excelencia.

2.3.1. Axudas.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria por só unha delas:

a) Incentivos.

Trátase do mesmo tipo de axudas descritas no punto 2.2.1 a) para os grupos/equipos consolidados e coas mesmas características e limitacións, agás que neste caso poderán ascender ata un máximo de cinco millóns para proxectos do plan nacional e sete millóns para proxectos do Programa Marco.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de vinte millóns de pesetas para un período de tres anos, que se computará a partir da adxudicación das axudas. Dentro deste límite, o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e esixencias da investigación formulada, da calidade

do proxecto, da calidade e do tamaño do grupo e da duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no número 4 das presentes bases, incluíndo o concepto de persoal.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados, sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase que os seus membros cumpran as condicións establecidas para os grupos de excelencia, podendo prescindirse dun dos investigadores que se indican no punto 1.3.1.

Excepcionalmente, poderán solicitarse subproxectos que non acaden as condicións antes citadas, sempre que o organismo responsable certifique que nesa área de investigación, dentro do propio organismo, non é posible reuni-lo número e características mínimas esixidas para o subproxecto, pero neste caso o outro subproxecto deberá reuni-las condicións requiridas ós grupos de excelencia.

2.3.2. Limitacións.

Os investigadores doutores con vinculación estable ó correspondente organismo que figuren no proxecto, poderán participar asemade noutros proxectos de investigación coas mesmas limitacións cás descritas para os grupos consolidados no punto 2.2.2.

Ningún grupo/equipo de excelencia e, polo tanto, cada un dos seus membros poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Promoción Xeral da Investigación do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do Programa de Promoción Xeral da Investigación con ata dous doutros dous programas do plan, sempre que cumpra as limitacións específicas descritas con anterioridade.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do plan nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2002, os proxectos concedidos con fondos Feder ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.4. Outras axudas: axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Ademais das axudas descritas con anterioridade, co fin de promove-la competitividade no V Programa Marco, os grupos/equipos consolidados e os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar axudas encamiñadas a cubri-los gastos que supón a elaboración dun proxecto europeo. O importe máximo destas axudas será de 300.000 pesetas referidas a algúns dos conceptos específicos recollidos nos puntos 4.4 e 4.5 das presentes bases, sempre referidos ós gastos de elaboración do correspondente proxecto.

Estas axudas son compatibles coas axudas descritas nos puntos 2.2 e 2.3.

3. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo investigador principal do proxecto, que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma. Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, terán que acredita-la autorización do seu organismo para participar no proxecto (estes investigadores non computarán para os efectos da composición mínima requirida a cada tipo de grupo/equipo solicitante).

O modelo oficial de solicitude número PXI-1 (do que a cara externa se publica como anexo X á presente orde), está ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid).

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. No caso de o director do grupo non participar na composición do equipo investigador que solicita o proxecto, requirirase o seu visto e prace á correspondente solicitude.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma e, para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de marzo de 2001.

4. Conceptos subvencionables.

En xeral, as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que de seguido se relacionan, aínda que cada tipo de grupo deberá ter en conta as limitacións que lle son específicas:

4.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación rea

lizarase consonte os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Poderá solicitarse persoal nos seguintes casos:

-Proxectos de investigación de grupos/equipos de excelencia (punto 2.3.1 b) das presentes bases). O importe máximo por este concepto será de 6.600.000 de pesetas para proxectos de 3 anos de duración, 4.400.000 pesetas para proxectos de 2 anos de duración e 2.200.000 pesetas para proxectos de 1 ano de duración.

-Incentivos de grupos/equipos consolidados ou de grupos/equipos de excelencia (puntos 2.2.1 a) e 2.3.1 a) das presentes bases). Poderase imputar a este concepto ata o importe total da subvención permitida, descontados os custos indirectos.

4.2. Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificado. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ó que pertence o investigador responsable do proxecto.

4.3. Material funxible debidamente xustificado.

4.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

4.5. Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

4.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

5. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta, requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que, de non facelo, considerase que desistiu da súa solicitude procedéndose, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e, no caso de o grupo/equipo de investigación resultante non cumpri-los requisitos mínimos esixidos á súa categoría (grupo en formación, grupo/equipo consolidado ou de excelencia), a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

Cando a temática do proxecto o aconselle, logo de informe do xestor do programa e audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá determina-lo trasvase de solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria a outras convocatorias do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

6. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes de proxectos de investigación presentadas será realizada por expertos externos. Efectuada a valoración, a Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, procederá a selecciona-los beneficiarios das axudas e elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Para a selección dos beneficiarios e a cuantificación das axudas de proxectos de investigación teranse en conta, entre outros criterios, os seguintes:

a) A valoración realizada por expertos externos como referencia fundamental.

b) A valoración dos resultados obtidos, polos investigadores que forman o equipo, en proxectos financiados pola Xunta de Galicia en anteriores convocatorias.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

d) Para o axuste económico e cando sexa necesario como complemento do criterio a) terase en conta a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do equipo e a natureza e esixencia da investigación que se vai realizar.

e) A comisión poderá adoptar criterios relativos á distribución das axudas entre proxectos de investigación básica e básica orientada.

Non se considerarán como prioritarias as solicitudes correspondentes a aqueles grupos de investigación que resulten ser beneficiarios dalgunha das axudas de infraestructura de investigación que se convocan no anexo II da presente orde.

Para a selección dos beneficiarios e o establecemento da contía das axudas para a formación de novos grupos, os incentivos de grupos consolidados e de excelencia así como para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (puntos 2.1.1 a), 2.2.1 a), 2.3.1 a) e 2.4 respectivamente), terase en conta fundamentalmente a calidade do grupo e as actividades que se pretenden realizar coa axuda solicitada. No caso dos incentivos, tamén se terá en conta o importe e duración do proxecto que dá lugar á solicitude do incentivo.

7. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto. Ademais, no caso das axudas recollidas no punto 2.4, requirirase documento acreditativo de ter presentada solicitude ó V Programa Marco.

Para efectua-lo derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

8. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto de acordo coas valoración feitas polos expertos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá utiliza-los procedementos que considere necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivara unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos do proxecto.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento remitirá ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no desenvolvemento deste, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito informe, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Este informe final será avaliado polo xestor do programa que, logo das as comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá a certificación acreditativa do cumprimento do proxecto. Así mesmo, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvmento poderá convoca-lo investigador principal, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

9. Difusión de resultados

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, no momento de os facer públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e deberán enviar a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

10. Incidencias.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia do proxecto financiado, agás circunstancias excepcio

nais acaecidas con posterioridade á aprobación do proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases da presente convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas, de conformidade co disposto no artigo 78.5º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

ANEXO II

Axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria

A finalidade destas axudas é mellora-lo equipamento científico dos centros de investigación e a adquisición de fondos bibliográficos ou documentais.

As peticións deberanse referir necesariamente a algún dos puntos seguintes:

a) Adquisición e instalación de instrumentación científica en xeral (material inventariable), imprescindible para o desenvolvemento das investigacións en curso ou, de se-lo caso, de material complementario de equipamento científico xa existente.

b) Adquisición de fondos e material bibliográfico ou documental para investigación.

1. Solicitudes.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma e, para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

1.1. Instrumentación científica.

Establécense dúas modalidades de solicitudes:

Modalidade A: solicitudes presentadas institucionalmente polas universidades do sistema universitario de Galicia relativas ós seus servicios xerais ou institutos de investigación, así como solicitudes presentadas polos servicios de apoio ó sistema de investigación e desenvolvemento de Galicia.

Modalidade B: solicitudes de grupos de investigación consolidados ou de excelencia (ver puntos 1.2 e 1.3, respectivamente, do anexo I) pertencentes a centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma.

Modalidade A.

As axudas, no modelo oficial PXI-2 (do que a cara externa se publica como anexo XI á presente orde), está ó dispor, de forma íntegra, dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid. Poderán ser solicitadas, unicamente, polas universidades de Galicia e polos responsables dos servicios de apoio ó sistema de investigación e desenvolvemento de Galicia.

As solicitudes deberanse referir a servicios xerais ou institutos de investigación e xuntaráselle-la seguinte documentación:

a) Material solicitado e descrición pormenorizada deste (folletos descritivos), con indicación do servicio xeral ou instituto de investigación ó que se destinará e factura pro forma do dito material.

b) Relación do material de que dispón o servicio xeral ou instituto de investigación correspondente con indicación de: data de adquisición, entidade financiadora e custo.

c) Relación do persoal destinado de forma permanente no servicio xeral ou no instituto de investigación.

d) Fotocopia do libro de usuarios do servicio durante o ano 2000 ou memoria de actividades do instituto de investigación, se é o caso.

e) Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

No caso de se tratar de peticións para a creación dun novo servicio, os documentos b) e d) substituiranse por unha memoria na que se xustifique, de forma detallada, a súa necesidade e unha previsión dos grupos de investigación que puidesen utilizalo.

Cada universidade ou servicio de apoio ó sistema de investigación e desenvolvemento de Galicia presentará unha única solicitude, que poderá referirse a un ou a varios servicios xerais ou institutos de investigación, entendéndose que a documentación sinalada no parágrafo anterior se refire de forma individual a cada petición.

A contía global da solicitude non poderá ser superior a 100 millóns de pesetas e ningún dos instrumentos solicitados será de contía inferior a 6 millóns.

Modalidade B.

As axudas, no modelo oficial PXI-3 (do que a cara externa se publica como anexo XII á presente orde) está ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid). Poderán ser solicitadas polos grupos de investigación consolidados ou de excelencia (ver puntos 1.2 e 1.3 do anexo I) pertecentes a centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma (máximo 4 grupos). Non poderán participar na composición dos grupos solicitantes aqueles investigadores que asinaron, en calidade de responsables dalgún dos grupos peticionarios, solicitudes de instrumentación científica que foron financiadas na convocatoria do ano 1999 ou que formen parte de grupos que recibiron infraestructura na convocatoria do ano 2000.

A contía da solicitude deberá ser dun mínimo de seis millóns de pesetas (enténdese esta relativa a un único instrumento), e non poderá supera-los quince millóns de pesetas. Non obstante e de forma excepcional, en cada organismo público poderá admitirse unha solicitude de importe superior para o que se requirirá acompañar un informe favorable expedido polo órgano correspondente.

Os impresos de solicitude deberán incluí-la seguinte documentación:

a) Descrición detallada do material que se solicita.

b) Xustificación pormenorizada da necesidade do dito material respecto da investigación que realiza cada un dos grupos solicitantes (unha xustificación por cada un dos grupos solicitantes).

c) Relación e composición do/dos grupo/s de investigación que usarán ordinariamente o material solicitado (máximo 4 grupos). Os investigadores que se integran nun grupo, no caso de que este resulte beneficiario dunha axuda desta modalidade, quedan obrigados a manterse no dito grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), cando menos ata xaneiro do ano 2003 (período que se considera necesario para a posta en funcionamento e obtención de resultados coa infraestructura financiada), salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación da correspondente axuda e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Cada grupo poderá participar soamente nunha solicitude das que se presenten a esta modalidade de axuda. Xuntarase fotocopia do NIF de cada un dos membros de cada grupo.

d) Relación das publicacións máis salientables relacionadas coa liña do equipo solicitado, dos 3 últimos anos, de cada un dos grupos solicitantes. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela na que figuren os datos significativos desta (autor/es, título, editorial, revista, etc.) e fotocopia da última páxina da publicación.

e) Tres orzamentos de instrumentos ou equipos equivalentes mediante as correspondentes facturas pro forma. Os orzamentos deberán estar desagregados en función dos diferentes módulos que constitúen o equipo.

f) Financiamento de cada un dos grupos solicitantes nos últimos cinco anos (96-00). Acreditarase mediante copia das comunicacións de concesión das correspondentes axudas.

g) De se-lo caso, certificación expedida polo organismo competente relativa ó cofinanciamento externo ó solicitante, que se achega para a adquisición do material solicitado.

h) Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal (rector no caso das universidades).

1.2. Fondos bibliográficos ou documentais para investigación.

As axudas, no modelo oficial PXI-2 (do que a cara externa se publica como anexo XI á presente orde), están ó dispor dos interesados de forma íntegra nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid. Poderán ser solicitadas por organismos con sede na comunidade autónoma e con finalidade investigadora legal ou estatutaria, tendo en conta o seguinte:

a) Cada institución só poderá presentar unha solicitude e a contía global desta non poderá ser superior a 16 millóns de pesetas. Tendo en conta a posta en marcha do sistema de publicacións electrónicas no Sistema Universitario de Galicia, as universidades poderán presentar unicamente peticións de fondos bibliográficos para investigación relativos a áreas non científico-técnicas e por un importe máximo de 10 millóns de pesetas.

b) Os fondos solicitados non poderán ser de contía inferior a 5.000 pesetas por unidade.

c) A solicitude, sexa única ou resultado da suma de varias peticións parciais, deberá indica-la relación de fondos solicitados e o lugar onde serán situados e acompañarase de:

-Factura pro forma detallada dos fondos solicitados. As facturas pro forma deberán referirse unicamente ós fondos solicitados.

-Aval, se é o caso, da correspondente comisión de biblioteca.

-Certificación da correspondente institución na que conste que os fondos solicitados están destinados á investigación.

-Certificación da correspondente institución na que conste que os fondos solicitados non supoñen duplicidade dentro desta, se ben poderán ser admitidas excepcións sempre que sexan debidamente xustificadas.

Declaración do conxunto de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

d) Os fondos solicitados deberán ter un carácter netamente orientado á investigación e poderán incluír subscricións a publicacións periódicas. Daráselles preferencia ás peticións de subscricións a publicacións periódicas en soporte informático e ás bases de datos relacionais coordinadas entre as universidades de Galicia. Neste caso o financiamento destas non implicará nunca compromiso de mantelo en anos sucesivos, e este, en todo caso, deberá ser por conta da correspondente institución.

2. Formalización das solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

O prazo de presentación das solicitudes remata o día 1 de marzo de 2001.

3. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta, requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que, de o non facer, considerarase que desistiu da súa solicitude, procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, para os efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e no caso de que a solicitude resultante non cumpra os requisitos mínimos da convocatoria, será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

4. Resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión poderá solicitar calquera informe de expertos, establecendo os contactos necesarios que conduzan a unha acertada distribución dos fondos dedicados a esta convocatoria. A avaliación das solicitudes será realizada atendendo:

a) Ó informe emitido polos expertos, se este foi solicitado.

b) Ó cofinanciamento, externo ó solicitante, que se achega para a adquisición do material solicitado.

c) Á adecuación das solicitudes ós obxectivos e accións do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

d) A que a súa adquisición non supoña duplicidade inxustificada con relación ós medios xa existentes no centro onde se instalará o equipo.

No caso de solicitudes de instrumentación científica da modalidade B, ademais dos criterios anteriores, teranse en conta os seguintes:

e) Calidade e tamaño de cada un dos grupos solicitantes; valóranse as publicacións efectuadas nos 3 últimos anos polos integrantes de cada grupo solicitante.

f) En función das solicitudes recibidas, a comisión poderá adoptar criterios relativos á distribución dos fondos dispoñibles entre grupos consolidados e de excelencia.

g) O número de grupos solicitantes en relación coa xustificación realizada da necesidade. Valorarase positivamente o compromiso de facilita-la utilización de infraestructuras por parte dos grupos en formación.

h) Terase en conta o grao de utilización polos grupos solicitantes das infraestructuras financiadas pola Xunta de Galicia en anteriores convocatorias. Un grao de utilización por debaixo do 60% poderá orixina-la perda da prioridade da petición tramitada.

i) Poderaselles dar prioridade a aquelas solicitudes que poidan encadrarse nos programas prioritarios do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, ata un máximo do 15% das axudas concedidas nesta modalidade B de infraestructura.

5. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o centro solicitante ou o equipo investigador, de acordo coa normativa vixente, requiríndose:

5.1. Factura acreditativa da adquisición do material financiado.

5.2. Declaración complementaria, realizada polo beneficiario, do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo material das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

5.3. Para as axudas concedidas superiores a 10.000.000 de pesetas esixirase xustificación documental na que conste de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada.

6. Obrigas.

Os beneficiarios das axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria estarán obrigados a:

6.1. Xustificar antes do 30 de setembro de 2001, mediante a correspondente factura, a adquisición do material financiado. Así mesmo, cando pola concesión doutras subvencións quedara cuberto o impor

te parcial ou total do gasto que supón o material, estarán obrigados a devolve-lo resto ou o total, respectivamente, da axuda concedida.

6.2. Facer constar nas memorias anuais que se redacten, así como nos traballos realizados co material subvencionado, o patrocinio da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.

6.3. Os investigadores beneficiarios das axudas de infraestructura da modalidade B quedan obrigados a manterse no grupo no que participaron (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), cando menos ata xaneiro do ano 2003 (período que se considera necesario para a posta en funcionamente e obtención de resultados coa infraestructura financiada), agás circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación da correspondente axuda e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7. Seguimento.

7.1. Os beneficiarios das axudas deberán responder ós requirimentos, realizados desde a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento directamente ou a través do xestor do programa, destinados a coñece-lo grao de utilización e rendibilidade dos equipos adquiridos. Para estes efectos, antes de que transcorra un ano desde a adquisición do equipo enviaráselles ós investigadores responsables unha enquisa na que analizarán estes aspectos e que quedarán obrigados a responder no prazo máximo dun mes.

7.2. Os beneficiarios de infraestructuras facilitarán xustificantes do grao de utilización da instrumentación adquirida (traballos de investigación nos que figure a utilización da devandita instrumentación, etc.), cando llelo demande a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7.3. Para os efectos de xustificación do grao de utilización do equipamento e en concordancia co establecido no punto 4.g), terase en conta a utilización debidamente documentada por outros grupos e en particular polos grupos en formación.

O incumprimento destas obrigas ou a infrautilización dos equipos poderá dar lugar á reclamación das axudas concedidas conforme o disposto no artigo 78.5º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa e a perda de prioridade para futuras solicitudes.

8. Outras normas da convocatoria.

O material adquirido mediante esta convocatoria será propiedade da universidade ou do centro de investigación correspondente e deberá ser incluído no inventario xeral deste, facendo constar nel, en canto á súa adquisición, Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. Secretaría

Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Xunta de Galicia, ano 2001. Os grupos adxudicatarios son usufructuarios do material financiado pero non propietarios deste; no caso de non o empregasen ó 100% deberán permitírlle-la súa utilización a outros grupos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

ANEXO III

Bolsas para persoal auxiliar de investigación

(técnicos especialistas de FP-2)

De acordo cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, estas axudas teñen por finalidade:

1. Prestar apoio ó desenvolvemento dos programas de investigación dos departamentos e institutos das universidades de Galicia ou dos centros públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma, facilitándolle-la posibilidade de colaboración de técnicos especialistas de FP-2.

2. Completa-la formación do persoal investigador no estamento de persoal auxiliar, garantindo a oportunidade de participar en experiencias e programas específicos de investigación.

De todo este proceso non só se desprende unha axuda directa ás universidades e ós demais centros de investigación radicados en Galicia senón que se está a contribuír ó desenvolvemento da productividade en Galicia na mesma medida en que o persoal seleccionado nesta convocatoria adquire un tipo de experiencia que é de probada utilidade para a súa inserción posterior na vida activa e empresarial.

A. Convocatoria do concurso para a selección dos centros habilitados.

1. Solicitantes.

Poderán optar a estas axudas os grupos de investigación consolidados ou de excelencia dos departamentos, institutos e dos centros públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma, sempre que teñan proxectos ou contratos de investigación vixentes financiados con fondos internacionais, estatais ou de entidades públicas ou privadas da comunidade Autónoma.

2. Formalización de solicitudes.

As solicitudes no modelo PXI-4 (do que a cara externa se publica como anexo XIII á presente orde) e á disposición dos centros interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, nos vicerrectorados de Lugo, Ourense, Ferrol e Pontevedra, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no

rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación

e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1983, do 17 de novembro).

Nelas indicarase:

2.1. Composición do grupo.

2.2. Especialidade requirida ós titulados que estean dispostos a incorporar ás tarefas do centro. A relación de especialidades que poden ser tomadas en consideración figuran no anexo VIII desta convocatoria.

2.3. Plan de traballo que lle sería asignado ó técnico especialista, facendo especial mención das accións específicas de formación que se vaian a levar a cabo (técnicas concretas nas que se vai adquirir experiencia e, se é posible e de interese para o traballo nese centro, seminarios e cursos de perfeccionamento, na súa especialización, que hai que seguir durante o período de desfrute da bolsa).

2.4. Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polos servicios de contabilidade do correspondente organismo, na que conste o financiamento vixente de que dispón o grupo, ó que se fixo referencia no punto 1. En relación co financiamento vixente deberán terse en conta as seguintes normas:

1. Non se terá en conta aquel financiamento alegado que non estea convenientemente xustificado.

2. Enténdese como financiamento vixente a totalidade da subvención correspondente a proxectos ou contratos de investigación que rematen con posterioridade á data de peche da presente convocatoria. Non obstante, cando se trate de proxectos coordinados considerarase como financiamento do grupo a que corresponde o subproxecto que este realiza.

3. Só se computarán certificacións do financiamento expedidas segundo o modelo oficial debidamente cuberto.

4. No caso de que un mesmo proxecto/contrato financiado sexa alegado por distintos grupos de investigación, o seu importe total será repartido a partes iguais entre os ditos grupos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 1 de marzo de 2001.

3. Tramitación.

Dos servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Inves

tigación e Desenvolvemento, no centro de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, nos vicerrectorados dos campus de Ferrol, Lugo e Ourense, nos da Delegación en Galicia do CSIC, nos do Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid. Esta lista estará exposta desde o 16 ó 26 de abril de 2001, podendo os interesados, durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase ó arquivo conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

4. Selección de centros habilitados.

A selección de centros habilitados será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A selección de centros habilitados realizarase ordenando os centros solicitantes por orde decrecente do financiamento total calculado de acordo coa fórmula seguinte:

A + 3B/4 + C/5 onde :

A) Refírese a recursos procedentes de organismos internacionais.

B) Refírese a recursos procedentes de fondos estatais.

C) Refírese a recursos procedentes de entidades públicas ou privadas da Comunidade Autónoma.

Terase en conta, ademais, a adecuación das liñas de investigación do/s grupo/s solicitante/s coa especialidade requirida ó bolseiro.

Serán considerados centros titulares aqueles que acaden unha orde de prioridade acorde co número de bolsas de nova adxudicación que poidan concederse; non obstante, a comisión de selección, excepcionalmente, poderá ter en conta proxectos que sendo de grande relevancia pola súa natureza, requiran menor financiamento. Os restantes centros habilitados figurarán ordenados nunha lista adicional de centros suplentes, por orde decrecente de prioridade, para os efectos de cubrir posibles renuncias de bolseiros que non poidan cubrirse con suplentes ou prazas declaradas desertas no propio concurso dos bolseiros.

En todo caso, non serán prioritarias as solicitudes correspondentes a aqueles grupos ós que lles foi adscrito un bolseiro de nova adxudicación no curso 2000/2001 e que solicitan a correspondente prórroga.

5. Adscrición de bolseiros.

A adscrición de bolseiros ós centros habilitados realizarase de acordo co procedemento establecido no punto B.6 das presentes bases.

B. Convocatoria do concurso para a selección de novos bolseiros.

1. Requisitos dos solicitantes.

Poderán optar ás bolsas convocadas os titulados de formación profesional de segundo grao (ou de estudios equivalentes) que cursaron os seus estudios nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma sempre que remataran os correspondentes estudios no ano 1996 ou en data posterior e que teñan como especialidade algunha das que figuren na resolución dictada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento con ocasión da resolución da letra A deste anexo III, sempre que en anteriores convocatorias non desfrutasen dunha destas bolsas ou outras homologadas, durante un período de máis dun ano.

2. Contía das bolsas.

-O importe das bolsas incluirá unha axuda de 1.020.000 pesetas anuais, que se destinará ó pagamento dunha bolsa de 85.000 pesetas mensuais brutas ó candidato seleccionado.

-Seguro combinado de accidentes que a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento deberá subscribir en beneficio do bolseiro polo período de duración da bolsa, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria cás bolsas.

Estas bolsas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

3. Formalización de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial PXI-5 (do que a cara externa se publica como anexo XIV á presente orde) están ó dispor dos interesados de forma íntegra nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, nos vicerrectorados dos campus de Ferrol, Lugo e Ourense, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e, para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional de Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

A elas xuntaráselles:

-Currículum vitae do solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados, incluíndo certificado de estudios que especifique as cualificacións obtidas durante os cursos do segundo grao de formación profesional (ou estudios equivalentes), en orixinal ou fotocopia compulsada. Non serán computados aqueles méritos alegados que non estean convenientemente xustificados.

-Declaración xurada do solicitante na que conste non ter desfrutado destas bolsas ou outras homologadas, durante un período superior a un ano, así como declaración de tódalas bolsas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes.

-Fotocopia compulsada do correspondente título ou, no seu defecto, documento acreditativo de pagamento das taxas correspondentes para a súa expedición.

-Na instancia de solicitude os candidatos indicarán, por orde de preferencia, os códigos dos centros ós que desexan optar no caso de obtención de bolsa; os bolseiros poderán optar a todos aqueles centros titulares que figuren na lista de suplentes e ofrezan prazas dentro da súa especialidade.

-Os solicitantes poderán consultar nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento as actividades que se deberán realizar nos diferentes centros habilitados ou suplentes tendo en conta o sinalado por eles no documento ó que se refire o punto A.2.3.

4. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes establecerase na resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento pola que se aprobe a relación de centros habilitados.

5. Tramitación.

Os servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que tódalas solicitudes reúnan os requisitos establecidos na presente orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no centro de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, nos vicerrectorados dos campus de Ferrol, Lugo e Ourense, nos da Delegación en Galicia do CSIC, nos do Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid. O prazo de exposición das listas establecerase na resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento pola que se aprobe a relación de centros habilitados, podendo os interesados, durante o

mesmo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo

sen que se emenden as causas de exclusión, procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

6. Valoración, resolución do concurso e adscrición dos bolseiros ós centros habilitados.

A valoración das solicitudes presentadas, de acordo cos méritos alegados polos aspirantes, será efectuada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro.

Criterios de valoración:

-Expediente académico, ata 4 puntos. Para efectos de cálculo da nota media non se computarán aquelas materias que consten no expediente do alumno como validadas.

-En caso de empate valoraranse outros méritos alegados e documentados polos solicitantes xunto coa súa solicitude.

A Comisión de Selección de Investigación ordenará os candidatos por puntuación decrecente dentro de cada rama/especialidade e elevará á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento unha proposta de resolución, onde constarán os bolseiros propostos e os centros ós que se adscriben, así como unha lista dos candidatos suplentes ordenados por orde de maior a menor puntuación dentro de cada rama e especialidade coa relación de prazas ás que optan.

Para a adscrición dos bolseiros a comisión terá en conta as seguintes normas:

1. Os candidatos iranse adscribindo, por especialidades, segundo a orde de prelación na que figuren ordenados de acordo coa puntuación acadada por cada un deles. Para cada candidato só se considerarán aqueles centros ós que optase na súa solicitude.

2. No caso de que ningún solicitante opte á praza ofertada por algún dos centros habilitados esta praza considerarase vacante e cubrirase coa praza do centro suplente correspondente que figure na lista.

3. Aqueles bolseiros que non acaden bolsa no proceso de adscrición serán incorporados á lista de suplentes da súa especialidade ordenados segundo a súa puntuación.

4. A comisión poderá acordar unha puntuación mínima por debaixo da que non se pode obter bolsa nin figurar na lista de suplentes.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento publicará no DOG a resolución coa relación de bolseiros cos centros ós que quedarán adscritos así como os bolseiros que permanecen na lista de suplentes, indicando os centros ós que optan.

Aqueles bolseiros que sendo adscritos inicialmente a un centro renuncien á bolsa adxudicada, entenderase que desisten da súa solicitude e non terán dereito a optar a ningún outro centro.

7. Formalización da adscrición.

A adscrición proposta producirá efectos desde o momento en que as partes interesadas asinen un documento de aceptación no que se especifique o tipo e mailas condicións da tarefa encomendada ó bolseiro e o compromiso de levala a cabo nos termos establecidos, e que o bolseiro remita declaración xurada na que conste que non realiza ningún traballo remunerado nin desfruta doutra bolsa.

A negativa inxustificada, a xuízo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, a formaliza-lo documento de aceptación dará lugar á exclusión do centro habilitado ou á cancelación da bolsa, segundo os casos.

8. Dedicación.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas. O desfrute da bolsa será incompatible con calquera clase de traballo remunerado ou co desfrute doutra bolsa.

9.Pagamento.

As bolsas aboaranse por trimestres adiantados, quedando pendente o pagamento do último trimestre ata que o bolseiro presente o informe final que resuma a actividade realizada por el durante todo o período de desfrute da bolsa, co visto e prace do responsable do bolseiro.

10. Seguimento.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá solicitar información, tanto do bolseiro como do centro habilitado ó que figura adscrito, sobre o desenvolvemento das actividades daquel. Tendo en conta que as bolsas teñen un carácter formativo a actividade encomendada ó bolseiro debe responder a esta funcionalidade. No caso de que o centro habilitado utilice o bolseiro para actividades diferentes das propostas no punto 2.3 da letra A e no documento de aceptación o que se fixo referencia no punto 7 desta letra B, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá proceder a revoga-la habilitación concedida ó centro. Ó remate do período de desfrute da bolsa, o bolseiro terá dereito a que o director do centro habilitado lle expida un informe detallado sobre a actividade que desenvolveu e o grao de aproveitamento obtido.

11. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación desta convocatoria.

No caso de que durante o período de desfrute da bolsa se producise algunha circunstancia que motivase a interrupción da colaboración do bolseiro, informarase inmediatamente a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para a adopción das medidas oportunas. Neste caso, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá, se é o caso, e tendo en conta os remanentes orzamentarios, propoñe-la adxudicación da bolsa a aquel candidato da mesma especialidade que figure en

mellor posición na lista de suplentes e teña solicitado o dito centro. No caso de que non houbese suplentes da mesma especialidade que solicitasen o centro no que se produce a vacante ou de que a resolución do concurso de bolseiros determinara que quedaran sen cubrir prazas dalgún dos centros previstos inicialmente, estas prazas quedarán vacantes e procederase a adxudicar bolseiro a aqueles centros que figuran habilitados na lista de centros suplentes, segundo a orde de prioridade pola que están ordenados, tendo en conta a especialidade para a que foron habilitados.

No caso de maternidade poderá concederse, logo de petición, unha interrupción de ata un máximo de 4 meses, reducíndose a contía da bolsa, no dito período a un 75%.

O bolseiro queda obrigado ó reintegro total ou parcial da axuda concedida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Ós adxudicatarios destas bolsas de nova adxudicación renovaránselles estas automaticamente por un período máximo de 12 meses, logo de presentación do plan de traballo segundo o sinalado no punto 2.3 da letra A, e dun informe favorable do titor, no que se farán consta-las razóns xustificativas da prórroga, así como a relación detallada das actividades realizadas polo bolseiro ata ese momento e dunha declaración de tódalas bolsas, solicitadas ou concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades. A dita documentación deberá presentarse antes do 3 de xuño de 2002. O importe destas prórrogas equipárase ó importe das bolsas de nova adxudicación.

ANEXO IV

Bolsas de predoutoramento

A finalidade principal desta convocatoria, como instrumento ordinario do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, é o apoio á formación en investigación básica (incluída a orientada), daqueles titulados superiores universitarios, que estean a realizar unha tese de doutoramento nun centro de investigación radicado na Comunidade Autónoma galega.

Estas bolsas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Bases da convocatoria

A. Bolsas de nova adxudicación.

1. Requisitos dos solicitantes.

Para optar a unha destas bolsas serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado, de enxeñeiro ou de arquitecto por unha escola técnica superior, incluído o proxecto se o houbese.

c) Ter rematados os estudios correspondentes ós dous cursos académicos do programa de doutoramento, ó que está adscrito o solicitante, con posterioridade a xaneiro de 1999 ou estar matriculado no segundo ano dos estudios de terceiro ciclo no presente curso académico 2000/2001.

d) Ter admitido, por un departamento dunha universidade do Sistema Universitario de Galicia, o proxecto de tese, segundo o artigo 7 do Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios universitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios de posgrao, antes do 1 de outubro de 2001.

e) Non ter desfrutado destas bolsas ou outras homologadas a elas en anteriores convocatorias.

2. Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

2.1. Unha asignación mensual bruta de 140.000 pesetas. Esta cantidade poderá incrementarse para o ano 2002 nunha liña tendente á homologación con bolsas estatais, no caso de existir crédito adecuado e suficiente.

2.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria cás bolsas. O seguro de asistencia médica será extensible, de se-lo caso, ó conxuxe e fillos do beneficiario cando estes carezan de Seguridade Social.

3. Período de desfrute.

3.1. A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre outubro de 2001 e setembro do ano 2002.

3.2. Ós adxudicatarios destas bolsas de nova adxudicación prorrogaráselles automaticamente por un período de 12 meses, logo da presentación, antes do 3 de xuño do ano 2002, da seguinte documentación:

-Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o período transcorrido do curso 2001/2002. Deberá ir asinada polo bolseiro e co visto e prace polo director/es do proxecto de investigación.

-Informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do/s director/es no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación foron adecuadas.

-Memoria realizada polo bolseiro acerca do estado actual do traballo e plan de traballo durante a prórroga, co visto e prace do director/es.

-Informe favorable do director/es da tese de doutoramento no que se faga consta-las razóns que xustifican a prórroga.

-Declaración do solicitante de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das administracións públicas competentes.

O importe mensual das prórrogas equipárase ó das bolsas de nova adxudicación que se convoquen para o ano 2002/2003.

3.3. En función da dispoñibilidade orzamentaria poderase solicitar unha segunda prórroga de seis meses, de acordo coas bases que se aproben nunha convocatoria específica.

4. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial PXI-7 (do que a cara externa se publica como anexo XV á presente orde) están ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, nos vicerrectorados dos campus de Ferrol, Lugo e Santiago de Compostela, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid), e presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

4.1. Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante.

No caso de estudios validados, deberá presentarse, así mesmo, certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico, deberán xuntar ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados na data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

A certificación incluirá, se é o caso, a cualificación correspondente á tese de licenciatura e indicará expresamente que se obtivo o grao pola modalidade de tese de licenciatura e o título dela.

4.2. Proxecto do traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor, avalado polo seu/s director/es (orixinal ou copia compulsada). No proxecto farase mención específica dos obxectivos, dos contidos básicos do traballo e das estratexias específicas de análise e indagación que se van utilizar.

4.3. Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo secretario do correspondente departamento universitario, no que conste a admisión do proxecto por parte do consello de departamento. No caso de que o interesado aínda non dispoña deste documento, presentará o compromiso de entregalo tan pronto como se produza a súa aprobación. En todo caso, o dito documento deberá presentarse antes do 1 de outubro do ano 2001.

4.4. Certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada na que conste a superación do primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo así como as cualificacións correspondentes, indicando o real decreto polo que se están realizando os estudios de doutoramento.

4.5. Declaración xurada do solicitante na que conste que cumpre o requisito establecido no punto 1.e).

4.6. Declaración do solicitante de tódas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 15 de marzo de 2001.

5. Tramitación.

Os servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no Centro de Información Admistrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, nos dos vicerrectorados dos campus de Ferrol, Lugo e Ourense, nos da Delegación en Galicia do CSIC, nos do Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid. Esta lista estará exposta desde o 15 ó 25 de maio de 2001 e os interesados poderán durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de

Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

6. Selección de candidatos.

6.1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro.

6.2. Criterios xerais de selección.

A selección de bolseiros farase fundamentalmente en función dos méritos acreditados nos puntos 4.1 e 4.4; en relación con este último, para os solicitantes que realizaron os ditos estudios conforme o esta

blecido no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, valoraranse tódolos créditos realizados no primeiro ano de estudios de terceiro ciclo ata un máximo de 16 créditos. Para os solicitantes que realizaron os estudios do primeiro ano de terceiro ciclo conforme o establecido no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, o número de créditos que se valorarán será de 20 de acordo co mencionado real decreto.

De acordo co establecido no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento, as solicitudes recibidas agruparanse en 5 áreas:

-Ciencias experimentais e matemáticas.

-Ciencias tecnolóxicas e informática.

-Medicina e ciencias da saúde.

-Ciencias sociais.

-Humanidades.

A adscrición das diferentes carreiras académicas a estas áreas aparece recollida no anexo IX da presente orde.

7. Resolución do concurso.

A Comisión de Selección de Investigación elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva e elaborará unha lista de suplentes para posibles renuncias. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

8. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2 da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá conceder, só en casos excepcionais, interrupcións no desfrute da bolsa por pedimento razoada do interesado, logo de informe do seu director de tese.

As interrupcións non poderán ser nunca superiores a 6 meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións e non darán lugar, en ningún caso, á posibilidade de recupera-lo período interrompido.

Así mesmo, no caso de maternidade poderá concederse, logo de petición, unha interrupción de ata un máximo de 4 meses, reducíndose a contía da bolsa, no dito período, a un 75%.

No momento en que algún dos beneficiarios destas bolsas realice a lectura da súa tese de doutoramento, deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; se o escrito vén acompañado dun informe do director da tese no que se dá conta de que o doutorando participa noutras tarefas de investigación do grupo, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, poderá autoriza-la continuación do desfrute da bolsa ata o remate do período para o que se lle concedeu.

9. Aceptación da bolsa e pagamento.

9.1.A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases. Antes de inicia-los pagamentos, os bolseiros deberán acreditar teren obtido un mínimo de 32 créditos nos estudios de terceiro ciclo, e terán que presentar unha declaración xurada na que conste que non realizan traballo remunerado nin disfrutan doutro tipo de bolsa.

9.2. O pagamento destas bolsas realizarase por trimestres adiantados, quedando pendente o pagamento do derradeiro trimestre ata que o bolseiro presente o informe final que resuma a totalidade do traballo realizado co visto e prace do director do traballo.

10. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Antes de finaliza-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, deberán remitir á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un informe do traballo realizado ata o momento. Para poderen percibi-lo último trimestre deberán remiti-lo informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 80 horas durante o curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias non superiores neste caso a 10 horas, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal deste.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se lles autorice.

O bolseiro está obrigado a notificar á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese, deberá

notificalo igualmente á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

B. Segunda prórroga das bolsas de predoutoramento.

1. Aqueles beneficiarios dunha bolsa de predoutoramento de nova adxudicación durante o curso 1999/2000 (resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 30 de xullo de 1999, DOG do 26 de agosto) e que durante o curso 2000/2001 desfrutan da prórroga correspondente (resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 28 de xullo de 2000, DOG do 24 de agosto), poderán solicitar unha nova prórroga, como máximo de 6 meses para o curso académico 2001/2002, sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

2. As solicitudes, no modelo oficial PXI-9 (do que a cara externa se publica como anexo XVI á presente orde) están ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid), e presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

2.1. Memoria, máximo 3 folios, do estado actual do proxecto de tese. Presentarase co visto e prace do director do proxecto de investigación.

2.2. Relación de comunicacións a congresos e publicacións referentes ó tema da tese realizadas durante o período de desfrute da bolsa. Documentaranse mediante fotocopia das correspondentes publicacións.

2.3. Certificación (en papel oficial e/ou co selo do correspondente centro/departamento) do director/es da tese na que conste que esta non está rematada e que se encontra en estado avanzado de execución.

2.4. Declaración de tódalas solicitudes de bolsas efectuadas ou concedidas para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de maio de 2001.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de I+D procederán á revisión das solicitudes presentadas comprobando se é correcta a documentación achegada. En caso contrario, requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días, advertíndoo de que, de non facelo, se procederá conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

3. A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, en función dos méritos acreditados no punto 2.2 das presentes bases. A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

4. Ás solicitudes de 2ª prórroga seralles de aplicación o sinalado nos puntos 2 e 8 da letra A.

5. Aceptación da bolsa e pagamento.

5.1 A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases. Así mesmo, o bolseiro presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa.

5.2. O pagamento destas bolsas realizarase en dous pagamentos trimestrais; o primeiro unha vez aceptada a bolsa e o segundo trimestre despois de que o bolseiro presente o informe final que resuma a totalidade da actividade realizada co visto e prace do director do traballo.

6. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Para poder percibi-lo segundo trimestre da bolsa deberán remiti-lo informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se procede, copia dos traballos publicados. No informe deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 40 horas durante o período da prórroga á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias non superiores, neste caso, a 10 horas, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal deste.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se lles autorice.

Os bolseiros procederán ó reintegro total ou parcial da axuda percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

ANEXO V

Bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma

Estas axudas teñen como finalidade favorece-la actualización de coñecementos e a adquisición de

novas técnicas por parte do profesorado universitario e do persoal investigador da Comunidade Autónoma.

Estas bolsas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Bases da convocatoria

1. Características.

Estas bolsas cobren estadías de ata 9 meses de duración no caso de doutores, e de 3 meses nos restantes casos e concédense para adquirir coñecementos dunha técnica de investigación, dunha técnica de organización, para coñecemento dunha institución investigadora ou de datos de interese para un traballo de investigación que xa está en marcha. Así mesmo, estas bolsas concédense para realizar unha investigación nun centro estranxeiro ou nun centro español situado fóra da Comunidade Autónoma.

Estas bolsas son imcompatibles coa percepción de calquera outra concedida para a mesma estadía.

2. Requisitos dos solicitantes.

2.1. Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

2.2. Pertencer a algunha das seguintes categorías:

a) Profesores numerarios, interinos ou contratados que pertenzan a algunha das tres universidades da Comunidade Autónoma.

b) Investigadores de cadro de persoal que pertenzan a algún centro público de investigación radicado na Comunidade Autónoma.

c) Doutores que non obtiveran bolsa doutro organismo para realizar unha estadía fóra da Comunidade Autónoma e que estean vinculados a centros públicos de investigación situados en Galicia.

d) Bolseiros de predoutoramento da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e bolseiros que teñan acadada a suficiencia investigadora (prevista no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios univesitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios de posgrao) e estean adscritos a centros públicos de investigación situados en Galicia, sempre que a bolsa que desfrutan non estipule na propia convocatoria a posibilidade de dotación adicional para estadía fóra da Comunidade Autónoma.

3. Contía das bolsas.

O importe da bolsa comprenderá:

3.1. Unha axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes, durante o período de desfrute.

3.2. Unha asignación mensual que estará comprendida entre 90.000 e 200.000 pesetas brutas segundo as circunstancias do lugar, a experiencia profesional do solicitante e as particularidades do plan de traballo que se vai desenvolver.

3.3. As taxas de laboratorio, se é o caso, aboaranse só se a Comisión de Selección de Investigación o considera oportuno e aparecen, se é o caso, convenientemente xustificadas na solicitude.

4. Período de desfrute.

A estadía para a que se solicita a axuda deberá realizarse integramente no ano 2001.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial PXI-10 (do que a cara externa se publica como anexo XVII á presente orde) está ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes, coa documentación á que se fai referencia na base 6, remata o día 1 de marzo de 2001.

6. Formalización de solicitudes.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

6.1. Documento acreditativo de pertenza a algunha das categorías do punto 2.2. No caso de persoal interino ou contratado o dito documento deberá estar vixente na data de peche da convocatoria. Naqueles casos nos que a categoría do solicitante non leve implícita a condición de doutor, esta, de se-lo caso, deberá acreditarse. Os solicitantes ós que se refire o punto 2.2.c), ademais de acreditaren a condición de doutor, deberán presentar unha declaración xurada na que conste que non obtiveron bolsa doutro organismo para realizar unha estadía fóra da Comunidade Autónoma despois da lectura da súa tese de doutoramento.

6.2. Os solicitantes incluídos nos puntos 2.2.a), 2.2.b) e 2.2.c) entregarán unha relación das 5 publicacións máis salientables, dos 3 últimos anos. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela na que figuren os datos salientables dela (autor/es, título, editorial, revista, etc.). No caso dos solicitantes do punto 2.2.c) das publicacións achegadas deberá deducirse a súa vinculación co director do grupo de investigación que expide a certificación á que se refire o punto 7.4. Os solicitantes incluídos no punto 2.2.d) entregarán especificamente certificación académica da licenciatura e dos estudios de terceiro ciclo.

6.3. Plan de traballo no que se faga consta-lo calendario e programa das actividades que se van realizar. No caso de bolseiros de investigación, presentarase co visto e prace do director que asume a supervisión da actividade investigadora do solicitante.

6.4. Autorización para realiza-la estadía acreditada mediante:

-Certificación expedida polo secretario do departamento, no caso de solicitantes vinculados á universidade, facendo referencia ó correspondente acordo do consello de departamento.

-Certificación expedida polo director do centro de investigación, no caso de solicitantes vinculados a outros centros de investigación.

-Certificación expedida polo director do grupo de investigación ó que pertence o solicitante, no caso de solicitantes ós que se refire o punto 2.2.c).

6.5. Aceptación do centro onde se vai desenvolve-lo traballo.

6.6.Declaración das solicitudes efectuadas ou concedidas, para a mesma estadía polas distintas administracións públicas.

7. Tramitación.

Os servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no centro de información administrativa da Consellería de Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións pronvinciais, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos dos vicerrectorados dos campus de Ferrol, Lugo e Ourense, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid. Esta lista estará exposta desde o 26 de marzo ó 6 de abril de 2001, podendo os interesados, durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de

Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

8. Criterios de selección.

A avaliación das solicitudes farase conforme os seguintes criterios:

8.1. Méritos ós que se refire o punto 6.2.

8.2. Plan de traballo e o seu interese, segundo o establecido no punto 6.3.

8.3. A Comisión poderá darlles prioridade:

-A aquelas solicitudes que supoñan a realización dun traballo de investigación que se encadre nos programas prioritarios do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, sen supera-lo 20% do orzamento destinado a esta acción.

-A estadías fóra de Europa de duración superior a 1 mes.

-A estadías fóra de España e Portugal de duración superior a 15 días.

-Ás persoas que non resultaron beneficiarias dunha destas bolsas polas resolucións da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 28 de maio de 1999 (DOG do 8 de xuño), e do 11 de maio de 2000 (DOG do 24 de maio).

9. Resolución do concurso.

A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva e elaborará unha lista de suplentes para posibles renuncias. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

10. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da acción.

Os beneficiarios das bolsas están obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento a data de incorporación ó centro de destino e, unha vez incorporados, deberán encontrarse, en todo momento, en condicións de xustifica-lo seu labor asiduo no devandito centro. Calquera interrupción ou aprazamento do período de desfrute, dentro do prazo sinalado no punto 5 das presentes bases, deberá ser previamente autorizado pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Non se admitirán cambios nos centros de destino salvo circunstancias excepcionais que así o aconsellen, logo de informe favorable, en todo caso, dos dous centros afectados.

Tódolos bolseiros, para percibiren o 20% final da bolsa, deberán presentar un informe final do traballo realizado, que deberá incluí-la copia dos traballos eventualmente publicados e mailo informe do director do centro de destino sobre o traballo realizado, con indicación expresa do tempo de permanencia no centro. No caso dos bolseiros de investigación incluídos no punto 2.2.d), o informe final presentarase co visto e prace do director do traballo.

O incumprimento de calquera dos compromisos contraídos polo beneficiario poderá dar lugar, se é o caso, á supresión da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas.

En calquera momento, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá reclamar do centro receptor un informe sobre o labor realizado polo bolseiro.

11. Aceptación da bolsa e pagamento.

11.1. A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se compromete a cumprir todas e cada unha das condicións recollidas nas presentes bases; así mesmo, entregarase declaración xurada na que conste que non dispón doutra bolsa para o mesmo fin.

11.2. Para aquelas bolsas que non superan o importe de un millón de pesetas, pagarase no momento

de concesión un anticipo do 80% do importe total da axuda, aplicando este anticipo inicialmente ó concepto de axuda institucional e, no caso de que o seu importe non acade a dita porcentaxe, a cantidade restante aplicarase ó importe mensual da bolsa. O 20% restante aboarase unha vez xustificada a realización da estadía.

Para aquelas bolsas que superen o importe de un millón de pesetas pagarase no momento da concesión un anticipo do 10%, aplicado conforme se explica no parágrafo anterior. Poderanse realizar igualmente pagamentos parciais, logo de xustificación de actividade realizada ata acadar un máximo do 80% do total da axuda concedida; o 20% restante aboarase unha vez xustificada a realización da totalidade da estadía.

12. Publicación dos resultados obtidos.

Os resultados obtidos con ocasión do desfrute da bolsa serán propiedade dos seus autores, que, no caso de facelos públicos, deberán facer consta-la axuda recibida da Xunta de Galicia e terán que enviarlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar da publicación na que se recolla.

13. Incidencias.

As renuncias que se produzan poderán ser substituídas pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento de acordo coa lista de reserva, se a houbese.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que puideran xurdir na aplicación da presente convocatoria.

ANEXO VI

Axudas para organización de congresos que se vaian celebrar en Galicia

Teñen como finalidade axuda-los órganos individuais ou colectivos das universidades da Comunidade Autónoma e os centros de investigación radicados nesta, a sufraga-los gastos de organización de reunións de carácter científico e tecnolóxico, con estructura de relatorios e comunicacións, que fosen seleccionados trala apertura dun proceso aberto, entre o colectivo de interesados, para o envío de traballos e que teñan lugar na nosa Comunidade Autónoma e contribúan a difundi-los coñecementos e os avances da investigación.

Bases da convocatoria

1. Solicitantes e finalidade.

As axudas serán solicitadas para unha reunión científica específica, que se celebrará en Galicia, polo responsable do comité organizador desta, que terá que ser necesariamente un órgano individual ou colectivo dunha universidade da Comunidade Autónoma ou dun centro público de investigación radicado na nosa comunidade. Só se financiarán actividades con estructura de relatorios e comunicacións que fosen seleccionados trala apertura dun proceso

aberto entre o colectivo de interesados para o envío de traballos.

2. Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial PXI-11 (do que a cara externa se publica como anexo XVIII á presente orde) está ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes deberán ir acompañadas, inescusablemente, da seguinte documentación:

-Certificación do organismo, institución ou sociedade correspondente no que conste expresamente o acordo de organiza-la actividade científica e a designación do comité organizador.

-Orzamento detallado de ingresos e gastos, segundo o modelo oficial.

-Programa provisional no que conste a relación prevista de conferenciantes invitados, e as actividades que se van realizar.

-Declaración escrita do solicitante na que conste o compromiso de que en toda a documentacion de difusión do congreso (circular/es, programa, actas etc...) figurará a colaboración da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

-A composición do comité científico.

-Boletín de inscrición.

-Circular/es do congreso.

-Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo congreso das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Outros documentos que consideren oportunos.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e, para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño e Decreto 173/1982, do 17 de novembro) e presentaranse a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 1 de marzo de 2001.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de I+D procederán á revisión das solicitudes presentadas comprobando se é correcta a documentación achegada. En caso contrario requirirase o soli-

citante para que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días, advertíndoo de que, de o non facer, se procederá conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

3. Axudas.

3.1. Contía.

As axudas consistirán nunha subvención que en ningún caso excederá das cantidades, en pesetas, que a continuación se indican, segundo o seu carácter:

Internacional: 800.000 pesetas.

Nacional: 400.000 pesetas.

Local: 200.000 pesetas.

Para os efectos desta convocatoria enténdese que:

-Son congresos internacionais aqueles organizados por organismos, institucións ou sociedades recoñecidas de carácter internacional.

-Terán carácter nacional os organizados por organismos, institucións ou sociedades de carácter nacional.

Os departamentos universitarios, centros universitarios e centros de investigación radicados na nosa Comunidade Autónoma poderán solicita-la organización de congresos de carácter propio do seu ámbito territorial directamente; tamén poderán solicita-la organización de congresos de carácter nacional ou internacional, se forman parte ou delega neles, unha institución científica que teña recoñecido o carácter nacional ou internacional.

3.2. Utilización.

-As subvencións só se destinarán a financia-los gastos relacionados con algunha das seguintes actividades:

a) Difusión dos programas de reunión.

b) Custos de participación dos relatores e conferenciantes.

c) Edición das actas.

En ningún caso se financiarán actividades realizadas con anterioridade á data de publicación da presente orde no DOG ou que se vaian realizar con posterioridade ó 30 de abril do ano 2002, tomando, para estes efectos, como referencia, a data de inicio da reunión. Aquelas actividades que teñan lugar no ano 2002 serán financiadas con cargo ós orzamentos do ano 2002. En ningún caso poderá financiarse a mesma actividade con cargo a dúas convocatorias consecutivas desta consellería.

4. Comisión de selección e resolución do concurso.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

5. Obrigas dos beneficiarios.

No caso de concesión da axuda, a entidade organizadora fará constar en toda a información e documentación a colaboración prestada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Así mesmo, deberálle remitir a esta o programa definitivo e unha memoria das actividades realizadas.

6. Libramento da axuda.

As subvencións faranse efectivas ós beneficiarios mediante libramento ó organismo con personalidade xurídica propia e de acordo coa normativa vixente; previamente ó pagamento, os beneficiarios deberán ter presentado o programa definitivo.

Será condición necesaria para o pagamento da axuda que no programa definitivo conste a colaboración da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Excepcionalmente, poderán eximirse desta obriga aquelas actividades que teñan lugar antes da resolución das axudas.

Así mesmo, antes do pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

7. Incidencias.

Calquera modificación que se vaia realizar nas actividades subvencionadas deberá ser comunicada á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Os adxudicatarios destas axudas procederán ó reintegro total ou parcial da axuda concedida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Estas axudas son compatibles coa percepción doutras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade sempre que a suma das axudas concedidas non superen o orzamento total correspondente á axuda solicitada.

Non observar calquera destas bases suporá a perda das cantidades percibidas como subvención.

ANEXO VII

Subvencións a publicacións periódicas

Estas axudas teñen como finalidade potenciar na nosa Comunidade Autónoma a edición de publicacións periódicas de carácter científico, que sexan de interese para esta comunidade.

Os adxudicatarios destas axudas procederan ó reintegro total ou parcial da axuda concedida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Estas axudas son compatibles coa percepción doutras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade sempre que a suma das axudas concedidas non superen o orzamento total correspondente á axuda solicitada.

Bases da convocatoria

1. Solicitantes.

As axudas poderán ser solicitadas polas universidades galegas, organismos e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia e institucións sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan entre os seus fins a realización de actividades de investigación científica ou tecnolóxica.

As axudas poderán solicitarse para aquelas publicacións periódicas que reúnan os seguintes requisitos:

1.1. No caso das universidades galegas, deberán ser publicacións editadas por algún dos servicios ou dependencias destas, competentes para tal efecto, ou ben coeditadas entre algún deles e outras institucións. Esta competencia deberá acreditarse mediante certificado do rector da universidade.

1.2. Estar en posesión do correspondente ISSN.

1.3. Dispor de comité de redacción.

1.4. Dispor de sistema de avaliación, mediante censores, para a selección dos traballos que serán obxecto de publicación.

1.5. Admiti-la publicación de artigos nas linguas propias dos países ós que pertencen as institucións que participan na súa edición; no caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

2. Presentación e tramitación das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial PXI-12 (do que a cara externa se publica como anexo XIX á presente orde) está ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

-Un exemplar da publicación para a que se solicita a axuda ou o proxecto da citada publicación.

-Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo órgano competente da universidade correspondente, na que conste o cumprimento do establecido no punto 1.1.

-Avance do ingreso previsto por venda directa de exemplares ou subscricións, especificando o sistema de distribución empregado, co fin de que a Comisión

de Selección de Investigación poida estima-la tendencia ó autofinanciamento.

-No caso de publicacións de centros e organismos públicos de investigación, distintos das universidades, e entidades sen fins de lucro enviarase, así mesmo, o orzamento de edición realizado pola imprenta correspondente.

-Declaración de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin, polas distintas administracións públicas.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia co visto e prace do seu representante legal.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30 de marzo de 2001.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de I+D procederán á revisión das solicitudes presentadas comprobando se é correcta a documentación achegada. En caso contrario requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días, advertíndoo de que, de o non facer, se procederá conforme ó establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

3. Selección e resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A Comisión rexeitará tódalas solicitudes encamiñadas á dotación de equipamento (material informático, mobiliarios, maquinaria, etc...) o pagamento de persoal das revistas.

4. Libramento da axuda.

As subvencións faranse efectivas mediante libramento ós beneficiarios a través do organismo, universidade ou asociación sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia na que aqueles estean integrados. Previamente ó pagamento, e en todo caso antes do 30 de setembro de 2001, os beneficiarios deberán remitir á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións, nas que deberá consta-la colaboración da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que lles poderá solicitar ós beneficiarios a presentación dunha memoria na que se detalle o investimento da subvención concedida.

No caso de demostrarse a inadecuación do gasto ou o incumprimento dalgunha das bases da convocatoria, procederase á reclamación das cantidades xa pagadas e poderanse propo-las accións legais que puideran corresponder, de acordo coa lexislación vixente.

Os beneficiarios quedan obrigados a facer constar nas correspondentes publicacións a colaboración

prestada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Así mesmo, antes do derradeiro pagamento, os beneficiarios están obrigados a presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

ANEXO VIII

Ramas, especialidades, módulos e ciclos superiores que poden ser solicitados polos centros na convocatoria de bolsas para especialistas de FP-2, no ano 2001

A) Ramas e especialidades correspondentes ó plan anterior á reforma de ensino secundario:

RamaEspecialidade

-Administrativa e comercial:-Contabilidade-Informática de empresa-Informática de xestión-Secretariado bilingüe e comercial-Secretariado executivo multilingüe

-Agraria:-Admón. e xestión de empresas agrarias-Explotacións agropecuarias-Mecanización agraria-Viticultura e enotecnia

-Artes gráficas:-Impresión-Reproducción fotomecánica

-Automoción:-Mecánica e electricidade do automóbil

-Construccións e obras:-Fontanería

-Delineación:-Delineación en edificios e obras-Delineación industrial

-Electricidade e electrónica:-Electrónica de comunicacións-Electrónica industrial-Equipos de informática-Instalacións frigoríficas e climatización-Instalacións e liñas eléctricas-Mantemento electromecánico-Máquinas eléctricas

-Madeira:-Deseño e fabricación de mo-

bles-Ebanistería

-Marítimo-pesqueira:-Cultivos mariños-Electricidade naval-Mecánica naval-Pesca marítima

-Metal:-Automatismo, pneumáticos e oleohidráulicos

-Moda e confección:-Confección industrial de pezas de roupa exteriores

-Perruquería e estética:-Estética-Perruquería

-Química:-Análise e procesos básicos

-Sanitaria:-Anatomía patolóxica-Coidador de diminuídos psíquicos-Dietética e nutrición-Hixienista dental-Laboratorio-Protésico dental-Radiodiagnóstico

-Servicios socioculturais:-Xardíns de infancia

B) Módulos profesionais (M3) impartidos en Galicia durante os cursos académicos 1994-95/95-96 e 96-97:

RamaMódulos

-Administrativa e comercial:-Administración de empresas-Comercio exterior-Secretariado executivo multilingüe

-Agraria:-Aproveitamentos forestais e conservación da natureza-Hortofructicultura

-Electricidade e electrónica:-Mantemento en instalacións e servicios-Sistemas automáticos e programables

-Imaxe e son:-Mantemento e operación técnica de equipos de radio e TV-Operacións de imaxe e son-Realización, producción e operacións de programas audiovisuais

-Metal:-Fabricación mecánica

-Sanitaria:-Activid. físicas e animación deportiva

-Servicios socioculturais:-Educador infantil

C) Réxime de ensinanzas especializadas que se imparten nas escolas de artes e oficios artísticos:

RamasEspecialidades

-Artes aplicadas da escultura:-Artes aplicadas da escultura-Artes aplicadas á madeira

-Artes aplicadas á indumentaria:-Estilismo da indumentaria

-Cerámica artística-Cerámica artística

-Deseño gráfico:-Gráfica publicitaria-Ilustración-Fotografia artística

-Deseño de interiores:-Proxectos e dirección de obras de decoración-Arquitectura efémera

D) Ciclos formativos das ensinanzas de FP-2, grao superior:

Familias profesionaisEspecialidade

-Actividades agrarias:-Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos
-Actividades físicas e deportivas:-Animación de actividades físicas e deportivas
-Activades marítimo-pesqueiras-Producción acuícola-Supervisión e control de máquinas e inst. do buque-Navegación, pesca e transporte marítimo
-Administración:-Administración e finanzas-Secretariado
-Artes Gráficas-Deseño e producción editorial
-Comercio e marcadotecnia:-Comercio internacional-Xestión comercial e marcadotecnia
-Comunicación, imaxe e son:-Imaxe-Producción de audiovisuais, radio e espectáculo-Realización de audioviais e espectáculos-Son

Familias profesionaisEspecialidade

-Edificación e obra civil:-Desenvolvemento de proxectos urbanísticos

e operacións topográficas -Desenvolvemento e aplicación de proxectos

de construcción-Realización e plans de obras

-Electricidade e electrónica:-Desenvolvemento de productos electrónicos-Instalacións electrotécnicas-Sistemas de regulación e control automáticos-Sistemas. de telecomunicacións e informáticos
-Fabricación mecánica:-Producción por mecanizado
-Hostalería e turismo:-Axencias de viaxes-Información e comercialización turísticas-Restauración
-Industrias alimentarias-Industria alimentaria
-Informática:-Admón. de sistemas informáticos-Desenvolvemento de aplicacións informáticas
-Madeira e mobles-Producción de madeira e moble
-Mantemento de vehículos

autopropulsados:

-Automoción
-Mantemento de servicios

á producción:

-Desenvolvemento de proxectos de instalacións de fluídos, térmicas e de manutención -Mantenemento de equipo industrial-Mantenemento e montaxe de instalacións de edificios

e proceso

-Química:-Análise e control-Química ambiental (14 h)
-Sanidade:-Dietética

-Documentación sanitaria (14 h)-Hixiene bucodental (14 h) privada-Anatomía patolóxica e citolóxica (privada)-Saúde ambiental-Imaxe para o diagnóstico-Laboratorio de diagnóstico clínico-Prótese dental

-Servicios socioculturais e á comunidade:-Educación infantil-Animación sociocultural-Interpretación da lengua de signos

ANEXO IX

Ciencias experimentais e matemáticas:

-Licenciado en bioloxía.

-Licenciado en bioquímica.

-Licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos (só de 2º ciclo).

-Licenciado en ciencias ambientais.

-Licenciado en ciencias do mar.

-Licenciado en ciencias e técnicas estatísticas (só de 2º ciclo).

-Licenciado en física.

-Licenciado en matemáticas.

-Licenciado en química.

-Licenciado en xeoloxía.

Ciencias tecnolóxicas e informática:

-Arquitecto.

-Enxeñeiro aeronáutico.

-Enxeñeiro agrónomo.

-Enxeñeiro de camiños, canais e portos.

-Enxeñeiro en electrónica (só de 2º ciclo).

-Enxeñeiro industrial.

-Enxeñeiro de materiais (só de 2º ciclo)

-Enxeñeiro en informática.

-Enxeñeiro de minas.

-Enxeñeiro de montes.

-Enxeñeiro naval e oceánico.

-Enxeñeiro en organización industrial (só 2º ciclo).

-Enxeñeiro en automática e electrónica industrial (só 2º ciclo).

-Enxeñeiro químico.

-Enxeñeiro en telecomunicación.

-Enxeñeiro en xeodesia e cartografía (só de 2º ciclo).

-Licenciado en máquinas navais (só de 2º ciclo).

-Licenciado en náutica e transporte marítimo (só de 2º ciclo).

-Licenciado en radioelectrónica naval (só de 2º ciclo).

Medicina e ciencias da saúde:

-Licenciado en farmacia.

-Licenciado en medicina.

-Licenciado en odontoloxía.

-Licenciado en veterinaria.

Ciencias sociais:

-Licenciado en administración e dirección de empresas.

-Licenciado en ciencias actuariais e financeiras (só de 2º ciclo).

-Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

-Licenciado en ciencias políticas e da administración.

-Licenciado en comunicación audiovisual.

-Licenciado en dereito.

-Licenciado en documentación (só de 2º ciclo)

-Licenciado en economía.

-Licenciado en investigación e técnicas de mercado (só de 2º ciclo).

-Licenciado en pedagoxía.

-Licenciado en psicopedagoxía (só de 2º ciclo).

-Licenciado en psicoloxía.

-Licenciado en publicidade e relacións públicas.

-Licenciado en socioloxía.

-Licenciado en xornalismo.

Humanidades.

-Licenciado en antropoloxía social e cultural (só de 2º ciclo).

-Licenciado en belas artes.

-Licenciado en filoloxía alemana.

-Licenciado en filoloxía árabe.

-Licenciado en filoloxía catalana.

-Licenciado en filoloxía clásica.

-Licenciado en filoloxía eslava.

-Licenciado en filoloxía francesa.

-Licenciado en filoloxía galega.

-Licenciado en filoloxía hebrea.

-Licenciado en filoloxía hispánica.

-Licenciado en filoloxía inglesa.

-Licenciado en filoloxía italiana.

-Licenciado en filoloxía portuguesa.

-Licenciado en filoloxía románica.

-Licenciado en filoloxía vasca.

-Licenciado en filosofía.

-Licenciado en xeografía.

-Licenciado en historia.

-Licenciado en historia da arte.

-Licenciado en historia e ciencia da música.

-Licenciado en humanidades.

-Licenciado en teoría da literatura e literatura comparada (só de 2º ciclo).

-Licenciado en lingüística (só de 2º ciclo).

-Licenciado en traducción e interpretación.