A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.
2. Estos prezos entenderanse con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2001.
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO I
-Bases para a Mellora Continua da Calidade dos Servicios de Saúde: 1.100 pesetas (6,61 euros).
-Bases para la Mejora Continua de la Calidad de los Servicios de Salud: 1.100 pesetas (6,61 euros).