Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.273

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente incoado por infracción da Lei de pesca fluvial P-210/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4? da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectualo voluntariamente, os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 1 de marzo de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-210/2000.

Denunciado: Alfonso Rodríguez González.

DNI: 34.921.059-K.

Enderezo: r/ López de Vallado, nº 5-3º F. Oviedo. Asturias.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana sen estar en posesión da preceptiva licencia da CC.AA de Galicia. Feitos constatados o día 8-7-2000, ás 12.10 h no río Miño-encoro de Belesar. Friamonde. Taboada. Lugo.

Precepto sancionador: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade desde que a resolución sexa firme por un período dun ano.