Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 1 de xuño de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona resolución de recursos de reposición, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Arroyave Valle, Joaquín Domingo e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de recursos de reposición, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 1 de xuño de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Arroyave Valle, Joaquín Domingo

DNI: non consta

Aragón, 10-1º

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Comunicación resolución de recurso. Expte. 191/1995.

González González, Elisa

DNI: non consta

Eduardo Iglesias, 10-3º A

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Comunicación resolución de recurso. Expte. 17935/1996.

Louzao Suárez, Josefina

DNI: 76.850.172

Anduriña, 5-1º B

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 26382/1998. RR.: 319/2000.

Recambios Disfer, S.L.

CIF: B36813186

Estr. de Camposancos, 66

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Vehículos.

Expte. 2374/2000. RR.: VH-61/2000