De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu Regulamento do 23 de decembro.
O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 2091-0388-90-3110001181 da Caixa de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación, conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto) e unha vez producida a firmeza desta resolución-firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Pontevedra, 3 de setembro de 2001.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-I-01/33.
Denunciado: Luis Lusa Ríos.
Último enderezo coñecido: Ventín de Arriba, 55, 36847 Fornelos de Montes.
Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.
Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da LIF.
Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da LIF.
Sanción: 50.000 pesetas.
Expediente: PO-I-01/57.
Denunciado: Alfredo Iglesias-Metalvigo.
Último enderezo coñecido: subida ó Rebullón, 36 inte., 36416 Tameiga-Mos.
Feito denunciado: vertedura de residuos que poden provocar ou avivar un incendio forestal.
Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da LIF.
Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da LIF.
Sanción: 25.000 pesetas.

