Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.284

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2002 pola que se se convocan dous cursos de segundo nivel de plans de autoprotección.

Dentro do programa de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2002, conforme as funcións que ten encomendadas pola Lei 4/1992, do 9 de abril de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización de 2 cursos de 2º nivel sobre plans de autoprotección, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Dota-lo persoal voluntario de protección civil que asiste ós cursos dunha formación teórico-práctica que lle facilite a realización de métodos de prevención e planificación necesarios no desenvolvemento das tarefas que teña encomendadas.

Segunda.-Destinatarios.

-Responsables das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Persoal técnico da protección civil local.

Terceira.-Desenvolvemento.

1. Prazas: o número de prazas ofertadas por cada curso é de 27.

2. Duración e data: o primeiro curso terá lugar o día 3, 4, 9, 10 e 11 de abril, cunha duración de 35 horas lectivas.

O segundo curso terá lugar o día 14, 15, 20, 21 e 22 de maio, cunha duración de 35 horas lectivas.

O horario será o seguinte:

-Mañás: das 9.30 ás 14 horas.

-Tardes: das 16 ás 20 horas.

3. Lugar: o curso realizarase na sede da Academia Galega de Seguridade no concello da Estrada.

Cuarta.-Solicitudes e prazo de inscrición.

1. A inscrición dos participantes é totalmente gratuíta.

2. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

3. O prazo para a presentación será de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. Nas peticións do voluntariado as instancias deberán vir asinadas polo presidente da agrupación e seladas, e no caso de haber máis dunha solicitude da mesma agrupación, relacionadas en orde prioritaria. Isto será requisito indispensable para ser admitido no curso.

5. As instancias deberán enviarse por correo, fax, etc. á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinta.-Contido.

O contido dos cursos de 2º nivel sobre plans de autoprotección versará sobre:

Lexislación. Plans territoriais, especiais e específicos. Plans de autoprotección. Avaliación do risco e métodos de análise. Medios de protección. Plan de evacuación. Implantación e mantemento dos plans. Diferentes plans de autoprotección.

Sexta.-Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase con quince días de antelación á celebración do curso, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Sétima.-Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade en tódalas actividades do curso. A falta de asistencia, mesmo cando sexa xustificada, a máis dun 10% das horas lectivas programadas determinará a cualificación de non apto no curso.

Oitava.-Certificado de aproveitamento.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada e superen

as correspondentes probas de coñecementos e a realización dun traballo escrito.

Novena.-Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás

necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 17 de xaneiro de 2002.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade