Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o 2002 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas sobre a reforma da Seguridade Social, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:
1. Obxectivos.
Achegamento ás liñas de orientación das recentes reformas das prestacións da Seguridade Social.
Análise das novas posibilidades de anticipación da idade de xubilación, flexibilización desta e mellora da pensión.
Estudio do perfeccionamento da acción protectora no eido das prestacións de morte e supervivencia.
Desenvolvemento lexislativo e regulamentario dos subsidios de incapacidade temporal, maternidade e risco durante o embarazo e das prestacións de desemprego.
Descrición da normativa sobre Seguridade Social complementaria e plans e fondos de pensións.
2. Contido.
Trataranse estes temas:
-Orientacións do acordo para a mellora e o desenvolvemento do sistema de protección social de abril de 2001.
-As modificacións na protección por incapacidade temporal, maternidade e risco durante o embarazo.
-A mellora das prestacións de morte e supervivencia.
-As reformas en materia de desemprego.
-A modificación da Lei de plans e fondos de pensións.
-O novo réxime da xubilación e os seus efectos na incapacidade permanente.
3. Destinatarios.
Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.
4. Desenvolvemento.
-Horario: mañá e tarde.
-Lugar e datas: as xornadas convocadas desenvolveranse no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, (praza Camilo José Cela, s/n, da citada cidade) os días 21 e 22 de febreiro de 2002.
5. Inscrición.
-Prazo: remata o martes, día 19 de febreiro de 2002.
-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.
-Número de prazas: limitado á capacidade do local.
-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.
Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día 20 de febreiro, de 8.30 a 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.
6. Modificacións.
A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.
7. Certificación de asistencia.
Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2002.
Domingo Bello Janeiro
Director da Escola Galega de Administración Pública
SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME
E DA MULLER